OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas.
As aplicacións que conforman o OpenOffice.org son:
Foi creado a partir do StarOffice de Sun Microsystems adquirida no ano 2009 por Oracle . Está licenciada como software libre baixo os termos da LGPL (Lesser General Public License) ou da SISSL.
DESCARGA:
OpenOffice.org 3.2.1 en galego | |||
|---|---|---|---|
| Soporte de castelán para OpenOffice 3.2.1 | Windows | GNU/Linux (RPM) | GNU/Linux (DEB) |
| OpenOffice.org 3.3.0 en galego | Windows | GNU/Linux (RPM) | GNU/Linux (DEB) |
Dende esta ligazón é posible descargar a última versión dispoñible para outros sistemas operativos ou idiomas.
Web oficial do OpenOffice.org en galego: gl.openoffice.org
Coordinación oficial da tradución ao galego do OpenOffice.org
Actualmente tamén está dispoñible LibreOffice, unha evolución de OpenOffice baseada nunha xestión de proxecto guiada pola comunidade sen requisitos de asignación de Copyright. Esta versión conta co apoio da comunidade galega de tradutores e está dispoñible integramente en Galego.