Produtos
Anterior
  • DVD PEME

    Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas d...

    Máis información
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Typo3

    Typo3 é un aplicativo libre de portal e xestión de contidos (CMS) con licenza GPL. Un sistema de xestión de contidos para a web permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
  • Araos

    AraOS é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesida...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Galinux

Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego.

Que é Galinux?

Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego.

Non son precisos coñecementos técnicos especiais para poder beneficiarse das vantaxes básicas de Galinux, pois inclúe automaticamente os programas informáticos máis empregados: para navegar pola Internet, acceder ao correo electrónico, escoitar música, escribir documentos de texto, facer gráficas e cálculos, ver vídeos ou películas, compartir ficheiros, conversar por mensaxería instantánea e moito máis.

Co Galinux disporá dun contorno de escritorio fiábel, seguro e sempre actualizado, xa que ao estar baseado na popular distribución nomeada Ubuntu poderá recibir periodicamente as actualizacións gratuítas que son distribuídas para manter o seu equipo ao día. E para resolver as cuestións máis frecuentes, non o dubide: pregunte na Rede a calquera dos milleiros de persoas que tamén empregan Ubuntu.

Obxectivo

En resumen, Galinux é un sistema operativo baseado en Ubuntu e adaptado para ter en galego as aplicacións ofimáticas de uso máis estendido de xeito predeterminado e co engadido de ter un aspecto gráfico modificado coa imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

O principal obxectivo perseguido coa publicación de Galinux foi servir de ferramenta para dar a coñecer a toda a cidadanía galega que é posible dispoñer dun sistema operativo de propósito xeral libre, de calidade e en galego. Ao estar baseado en Ubuntu conta ademais cunha forte comunidade de usuarios detrás capaz de axudar a calquera novo usuario. Por suposto, en ningún momento se pretendeu convertelo no único sistema operativo galego, nin substituír ás múltiples e completas alternativas de sistemas GNU/Linux galegos existentes.

Obter Galinux:

Grazas aos esforzos de localización realizados nestes últimos anos en estreita colaboración coas comunidades de tradución de OpenOffice.org, Mozilla, GNOME, Ubuntu,... hoxe podemos sentirnos satisfeitos e afirmar que todos estes aplicativos están xa dispoñibles en galego nos seus respectivos repositorios oficiais e a nova versión Ubuntu 10.04 LTS é a distribución Ubuntu mellor e máis traducida ao galego, como informamos recentemente nunha nova no portal.

Consecuentemente, para dispoñer dun escritorio multimedia libre en galego xa non é preciso instalar paquetes adicionais coa tradución ao galego de Firefox, Thunderbird, etc, que si eran precisos cando se desenvolveron para o Galinux, sendo suficiente instalar Ubuntu 10.04 LTS.

Queremos deixar constancia unha vez máis que isto non sería posible sen o gran traballo e adicación da comunidade de voluntarios de tradución ao galego á que vos animamos a unirvos para contribuír a manter estes logros no futuro e a acadar novas metas.

Versións anteriores de Galinux

  • De todos modos, se vostede ten no seu equipo instalado Ubuntu 8.10, 9.04 ou 9.10 recomendámoslle que se actualice á nova Ubuntu 10.04 LTS que pola súa condición de “Long Term Suport” disporá de actualizacións de seguridade ata o ano 2013.

Máis información sobre Galinux

Copialo é legal?

Galinux é software libre, así que vostede é libre de copialo e reinstalalo cantas veces queira en tantos computadores como desexe de forma completamente legal e gratuíta. Tamén pode modificalo para adaptalo ás súas propias necesidades e mesmo redistribuílo no seu contorno. É software libre, así que: anímese e páseo!

Outros recursos

No manual de identidade visual atopará as pautas para a correcta utilización da imaxe gráfica do Galinux.

Tamén ten á súa disposición os logotipos de Galinux en distintos formatos.

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas