Produtos
Anterior
  • DVD PEME

    Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas d...

    Máis información
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Typo3

    Typo3 é un aplicativo libre de portal e xestión de contidos (CMS) con licenza GPL. Un sistema de xestión de contidos para a web permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
  • Araos

    AraOS é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesida...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

DVD PEME

Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas da PEME galega.

Cos programas contidos neste DVD, calquera empresa pode dispoñer de aplicativos para manexar a súa contabilidade, xestionar os seus recursos, levar a súa comunicación interna e externa para, en definitiva, integrarse nun modelo empresarial baseado no coñecemento e as TIC cun custo cero e na nosa lingua.

O DVD de ferramentas informáticas para a PEME foi repartido dende a súa creación, en novembro de 2007, entre as asociacións empresariais, cámaras de comercio e outros organismos intermedios co fin de dar a coñecer as vantaxes do software libre empresarial. O seu contido está tamén accesíbel a través de peme.mancomun.org

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas