Imaxe ISO dun CD autoarrancábel que contén os instaladores de OpenOffice.org en galego para distintas plataformas (Linux, Windows e Mac).
Neste CD poderá atopar instaladores da suite ofimática OpenOffice.org 3.1 para as seguintes plataformas:
Atopará ademais as instrucións a seguir para a súa correcta instalación, así como o pack de idioma galego para o OpenOffice.org necesario para as versións de Windows anteriores a XP.
Aínda que o corrector ortográfico de galego xa vén instalado de xeito predeterminado coas versións en galego de OpenOffice.org, tamén se inclúe a extensión do corrector para todos aqueles que o queiran empregar en OpenOffice.org noutros idiomas.
DESCARGA:
Outros recursos:
- Para descargar o código fonte do OpenOffice.org pode visitar http://gl.openoffice.org .
- Visite esta ligazón para descargar o guionizador para o idioma galego en OpenOffice.org
Sindicación RSS: Novas