Produtos
Anterior
  • DVD PEME

    Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas d...

    Máis información
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Typo3

    Typo3 é un aplicativo libre de portal e xestión de contidos (CMS) con licenza GPL. Un sistema de xestión de contidos para a web permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
  • Araos

    AraOS é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesida...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Araos

AraOS é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesidades de sectores empresariais concretos como poden ser a hostalería, o comercio, a educación, a sanidade ou as aulas informáticas.

O metapaquete AraOs instala no computador, como predeterminado, o dicionario do corrector ortográfico para galego e os programas Firefox, Thunderbird e OpenOffice.org en galego. O nome AraOS procede de mesturar o nome do coñecido pingüín galego, o arao (Uria Aalgae) coas siglas OS (Operative System), de acordo coa tradición da comunidade de software libre de identificar Linux cun destes animais.

O metapaquete AraOS emprega dous paquetes:

Modificando estes paquetes, as persoas desenvolvedoras poden personalizar doadamente a imaxe gráfica do sistema operativo (logos, iconas, splash...) ou integrar aplicativos específicos para o sector ao que vai dirixido.

Deste xeito, calquera empresa ou institución pode desenvolver, a partir do AraOS, un sistema operativo funcional adaptado ás súas necesidades de uso, pero tamén á súa propia identidade corporativa. Precisamente, o Galinux é froito dun traballo de prototipado destas características.

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas