O Catálogo de produtos, servizos e provedores de Software Libre en Galicia é un servizo que nace co obxectivo de achegarlle ao sector empresarial de Galicia unha ferramenta de gran utilidade tanto para coñecer que produtos e servizos de software libre son os que mellor poden resolver as súas necesidades tecnolóxicas concretas, como as empresas galegas coa capacitación e experiencia suficientes para levar a cabo a súa implantación.
Este catálogo mantén os seus datos permanentemente actualizados dende o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, ou MapaTIC.gal. Do global de produtos e provedores recollidos nel, amosaremos aquí só o subconxunto de produtos con licenza libre presentes en dito mapa, así como os provedores que ofrecen os seus servizos en torno a eles.
Por esta razón, se vostede ten unha empresa que ofrece servizos sobre calquera dos produtos aquí amosados, ou calquera outro produto de software libre, recomendámoslle que se dea de alta no MapaTIC.gal, pois dita plataforma web constitúese como punto de encontro virtual entre os diferentes actores que participan na Oferta-Demanda Tecnolóxica de Galicia, así como, unha ferramenta de referencia para o Centro Demostrador TIC de Galicia de cara a identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia alén de potenciais demandantes de tecnoloxía.