A Xunta de Galicia, da man da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (Fundación), poñen a disposición de toda a comunidade galega o portal Mancomún.
Este portal web pretende servir como portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre e de fontes abertas (FLOSS) que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. con dous obxectivos principais:
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) asume as competencias da Xunta de Galicia en materia de promoción, desenvolvemento e difusión da sociedade da información e do coñecemento a través dunha estratexia integradora e próxima á cidadanía. Entre os seus obxectivos está o impulso á implantación do FLOSS e o uso de estándares abertos na nosa comunidade, establecendo mecanismos que faciliten compartir e reutilizar o software.
Dentro deste ámbito a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia xestiona e coordina as iniciativas públicas relacionadas co fomento e a promoción do FLOSS, de acordo coas estratexias marcadas pola SXMIT.