Fomentar a consolidación dun tecido TIC endóxeno capaz de dar resposta ás demandas tecnolóxicas da cidadanía, das institucións e dos distintos sectores produtivos de Galicia.
Pular a implantación efectiva dos recursos e servizos característicos da sociedade da información e do coñecemento mediante a integración dos elementos identitarios da cultura galega, con especial atención á propia lingua.
Fortalecer a comunidade galega e internacional do software libre mediante a difusión, o patrocinio e a participación nas iniciativas, actividades e actos de maior relevancia.