Produtos
Anterior
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 me...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

Mancomún (Def. na Galipedia, a wikipedia en galego):

Úsase o termo mancomún para referirse a unha unión de persoas, esforzos, intereses, institucións ou cousas para acadar un determinado fin común, ou atender servizos e problemas comúns.

Aínda que a acepción máis empregada é para referirse a unións de concellos ou veciños ("montes en mancomún"), tamén pode empregarse en expresións como "traballar en mancomún" co significado de traballar para conquerir unha propiedade colectiva.

RSS enviar por correo-e Imprimir

Misión e visión

Logotipo de Mancomún

O Goberno galego e a Consellaría de Innovación e Industria, con este portal dá un paso máis no cumprimento do seu acordo de Goberno do pasado mes de xullo de 2005, apostando decididamente pola implantación do software libre en Galicia con catro obxectivos principais:

  1. Facilitar o desenvolvemento industrial e innovador da PEME do sector TIC en Galicia
  2. Achegar a sociedade da información e do coñecemento á sociedade galega.
  3. Potenciar o uso de aplicativos informáticos na nosa lingua.
  4. Impulsar a utilización de estándares abertos para acadar a independencia tecnolóxica.

Neste senso, Mancomún - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre pretende ser o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre software libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.

Os eixos principais de Mancomún están baseados nun modelo de traballo colaborativo, compartido, aberto e estandarizado, público, transparente e de calidade.

MISIÓN

Fornecer recursos e servizos que promovan a implantación do software libre e dos estándares abertos para fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.

VISIÓN

Consolidar un tecido TIC endóxeno capaz de dar resposta ás necesidades tecnolóxicas da cidadanía, as empresas e as institucións de Galicia para acadar a plena independencia tecnolóxica dende unha perspectiva integradora e global.

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas