Produtos
Anterior
  • DVD PEME

    Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas d...

    Máis información
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 me...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Manual de identidade corporativa

Desenvólvese neste Manual as normas básicas que  rexerán a correcta utilización dos elementos gráficos  (símbolo e logotipo) representativos de Mancomún.

Este manual constitúe a guía básica para a aplicación  da identidade corporativa de Mancomún e  para o uso correcto dos seus signos visuais, que en ningún caso poderán sufrir modificación ningunha non autorizada por  escrito por Mancomún.

Descargas da imaxe corporativa

Imaxe corporativa en positivo e en formato horizontal
Descarga: [PNG]  [SVG]

Imaxe corporativa en positivo e en formato vertical
Descarga: [PNG]  [SVG]

Aplicación artística da imaxe corporativa
Descarga: [PNG]  [SVG]

Aplicación en círculo da imaxe corporativa
Descarga: [PNG]  [SVG]

Elementos de identidade

Os elementos da identidade corporativa de Mancomún son:

  • Símbolo corporativo: o símbolo corporativo débese utilizar sempre acompañado do logotipo, agás nos casos expresamente especificados no Manual.



  • Logotipo: tipografía corporativa. Para o logotipo “Mancomún” utilízase unha tipografía creada ex profeso: galcomún.
    O logotipo débese utilizar sempre acompañado do símbolo corporativo, agás nos casos expresamente especificados neste manual.



Conxunto de identidade

O símbolo corporativo e o logotipo constitúen o conxunto básico da identidade corporativa de Mancomún.

Na versión en cor, o símbolo e o logotipo corporativo empregarase coas seguintes cores: PANTONE 193 C e PANTONE PROCESS BLACK C.

Na versión en branco e negro, o símbolo e o logotipo corporativo será negro ao 100%, agás no til do “u” que irá ao 50%.

Nunha tinta directa, o símbolo e o logotipo corporativo empregaranse en tinta negra ou vermella.

Cando o fondo sexa da mesma cor do símbolo ou do logotipo corporativo, a cor negra cambiarase por branca.

O logotipo empregará como tipografía complementaria: Liberation Sans.

Usos incorrectos

Co fin de manter sempre unha imaxe coherente e sólida, quedan recollidos no manual algúns exemplos deformacións que nunca serán permitidos.

O símbolo e o logotipo, en calquera das dúas versións, terán que ampliarse ou reducirse proporcionalmente e nunca condensado nin verticalmente nin horizontalmente. Tampouco serán permitidas, cando se imprima en fondo escuro, perfilados do símbolo ou o logotipo, nin encadralos nun fondo claro.

 

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas