No wiki de Mancomún existe unha sección especial adicada á recompilación de ferramentas lingüísticas relacionadas coa informática e a lingua galega.
Máis recentemente, Mancomún acaba de distribuír a mediados de marzo de 2009 e por medio da comunidade de galeguización (G11n) unha versión avanzada do Manual de localización de software (v.0.9c) que contén tanto unha recollida de información útil para o tradutor, tanto sobre as ferramentas de TAC (tradución asistida por computador) como unha serie de anexos lexicográficos que supoñen, en conxunto a maior concreción sobre estratexias, criterio e vocabulario do ámbito informatico en lingua galega ata a data.