Un Grupo de Usuarios de GNU/Linux, (en inglés Linux User Group LUG) é unha asociación sen ánimo de lucro que tenta difundir o uso de GNU/Linux e do software libre no seu ámbito, así como servir de apoio para os usuarios deste tipo de software.
Habitualmente, xorden nas universidades ou centros de estudos, ou en calquera lugar no que persoas interesadas no software libre se reúnen e artellan actividades relacionadas con el, como conferencias, xornadas de difusión, cursos, etc.
Se queres achegarte ao mundo do software libre, é un bo lugar ao que podes acudir para pedir axuda ou buscar información.
Na actualidade, en Galicia somos sabedores das seguintes asociacións de usuarios de GNU/Linux e software libre:
Este directorio está aberto a novas incorporacións que aínda non teñamos detectadas.
Existen outras asociacións que aínda que non se adican en exclusividade á difusión do software libre sí o teñen entre os seus obxectivos como un punto importante dentro duns obxectivos máis xenerais de promoción das novas tecnoloxías.
Ademais, existen moitas outras asociacións de ámbito español; a máis antiga é Hispalinux.
Se formas parte doutra asociación que non apareza na lista anterior, por favor ponte en contacto con nós a través do formulario de contacto.
Finalmente cómpre mencionar outras agrupacións que completan o importante tecido asociativo existente en relación ao Software Libre en Galicia.
ASOCIACIÓNS RELACIONADAS COA INFORMÁTICA E A LINGUA:
Os indicadores estatísticos do uso do galego nos aplicativos informáticos é minoritario. O software libre ofrécenos unha excelente oportunidade para localizar software a diferentes idiomas, xa que temos acceso ao código fonte. Neste sentido, existen en Galicia diferentes agrupacións de persoas que levan xa tempo dedicadas á localización de software ao galego. Sen ánimo de excluír a ninguén citamos as seguintes:
Cabe mencionar tamén a Galego21, organización sen fins de lucro que, se ben actualmente cambiou a súa orientación, nos seus comenzos tiña como obxectivo organizar o desenvolvemento, a tradución e o espallamento de programas informáticos en galego usando Internet como medio.
Esta lista non está pechada polo que se pertences a unha agrupación destas características, por favor, contacta con nós a través do formulario de contacto.
Sindicación RSS: Novas