|
escrito por Frco. Javier Rial
o Mércores, 20 de Agosto do 2008 |
|
Nas últimas semanas foron diversos os programas aloxados na Forxa que recibiron actualizacións e novas versións, alén dos novos proxectos rexistrados. Algúns dos programas que recibiron actualizacións foron: |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Irene
o Mércores, 20 de Agosto do 2008 |
Os desenvolvedores de Pandora FMS fan un chamamento á comunidade tradutora de Software Libre para a colaboración na localización da súa nova versión 2,0, a piques de saír. Pandora FMS é un software de Código Aberto para monitorizar e medir todo tipo de elementos: sistemas, aplicacións ou dispositivos. Asemade esta aplicación permite saber o estado de cada elemento deses sistemas ao longo do tempo. O novo paquete de Pandora ten como unha das súas principais melloras a introdución da internacionalización/localización con gettext, que facilita en gran medida o labor dos tradutores. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Irene
o Mércores, 20 de Agosto do 2008 |
 Os desenvolvedores de KDE España fan un chamamento a toda a comunidade de usuarios e desenvolvedores amantes de KDE para a organización da Akademy-es 2008. A petición de propostas de ubicación lanzada dende a web oficial do proxecto especifica a necesidade de “axuda dun grupo/asociación que poida axudar a organizar o evento na súa Universidade/cidade/grupo de usuarios, etc”. Os interesados que poidan ter esta posibilidade deberán cumprimentar un formulario e envialo ao enderezo de Akademy-es. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Irene
o Mércores, 20 de Agosto do 2008 |
|
A Forxa continúa aberta aos proxectos participantes no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con SwL
A terceira edición do Concurso Universitario de Software Libre está xa en marcha despois de ter sido presentado, de xeito oficial, o pasado día 12 de agosto. Este certame, que comprenderá o curso 2008/2009, está orientado ao desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre, na que poden participar estudantes universitarios de primeiro e segundo ciclo do ámbito estatal español. O encontro ten como principal obxectivo fomentar a creación e contribuír á consolidación da comunidade de Software Libre no ámbito universitario. Baixo esa premisa os proxectos inscritos serán liberados a través da forja de RedIRIS e daranse a coñecer cun blog, onde os participantes contarán a súa experiencia no desenvolvemento dos proxectos. A fase de inscrición no concurso comezará o vindeiro 15 de setembro e permanecerá aberta até o 10 de outubro de 2008. A formalización da mesma realizarase a través da web do evento. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Frco. Javier Rial
o Mércores, 20 de Agosto do 2008 |
 O Centro da Rede de Dinamizacións reabre as súas portas tras unha semana de descanso, poñendo en marcha o desenvolvemento dos dous últimos obradoiros da iniciativa "Informática de verán para os/as menores do concello". Estes dous últimos obradoiros, que se desenvolverán durante esta semana e a vindeira deste mes, irán orientados ao público infantil e xuvenil de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos. O primeiro destes obradoiros: "Faite visíbel na Rede... Crea o teu propio Blogue" (con Blogger) pretende aportar aos/ás seus participantes, os coñecementos necesarios para a creación e mantemento dun espazo web, neste caso un blogue, así coma outros aspectos máis específicos coma poden ser a introdución de música, presentacións, montaxes fotográficas, contadores de visitas... a través de diferentes aplicacións que atoparemos e aprenderemos a manexar en diferentes espazos web e sempre on-line. O segundo e xa derradeiro obradoiro desta iniciativa: "E ti... como te ves?" (con Gimp), pretende aportar coñecementos e habilidades básicas de cara o escaneado e o tratamento de imaxes. Algúns dos contidos que se traballarán durante o mesmo serán: - O escaneado de imaxes.
- Recorte e escalado de imaxes.
- Os filtros de deformacións: A creación dunha caricatura.
- Cambios de cor de pelo e ollos.
- Transformar unha fotografía en debuxo bicolor (branco e negro).
|
|
Ler máis...
|
|
escrito por Irene
o Martes, 19 de Agosto do 2008 |
A Consellaría de Educación da Comunidade Valenciana, a través da Dirección Xeral de Innovación Tecnolóxica Educativa, está a ultimar os detalles da nova versión de LliureX 8.09, que, como xa anunciara Mancomún, se presentará no III Congreso Internacional de Software Libre. O encontro terá lugar en Alacante durante os días, 5, 6 e 7 do próximo mes de novembro. Co obxectivo de acadar unha calidade óptima do produto e implicar en maior medida á comunidade desenvolvedora, as autoridades valencianas comezaron xa a distribuír a nova versión de LliureX nunha versión beta. Segundo informaron fontes da Ganeralitat valenciana, o reparto realizouse entre docentes e programadores co propósito de que poidan testala e achegar as melloras que consideren oportunas. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Irene
o Martes, 19 de Agosto do 2008 |
|
Investigadores da Universidade de Santiago (USC) traballan no deseño dunha aplicación informática pioneira en España, denominada 'Forecasting' e desenvolvida con software libre, que detecta asociacións entre o contido das noticias financeiras e as variacións significativas da cotización de accións no IBEX35.
Dado a fase inicial na que se atopa o proxecto o código fonte aínda non se atopa dispoñible, mais segundo informou recentemente a USC, o prototipo xa está a xerar grandes expectativas. A ferramenta, realizada no Grupo de Sistemas Intelixentes da universidade compostelana, servirá para efectuar predicións a curto prazo sobre o movemento das accións en Bolsa e poderá adaptarse ao ámbito internacional, ampliando deste modo a súa utilidade. A iniciativa é "unha novidade total no ámbito financeiro español e senta as bases tecnolóxicas e de modelado dunha aplicación capaz de competir con éxito neste eido". |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Irene
o Martes, 19 de Agosto do 2008 |
|
China comeza a analizar os resultados dun ambicioso proxecto educativo iniciado no ano 2005 Dende que no ano 2005 o goberno chinés apostou decididamente polas comunidades desenvolvedoras de Software Libre, foron centos de miles de xoves chineses os que entraron a formar parte do mundo das tecnoloxías abertas.
Os últimos datos publicados polo ZJTIE (Instituto Tecnolóxico de Economía de Zhejiang) non poderían ser máis esclarecedores. Até un total de 100.000 chineses fórmanse anualmente no estado asiático grazas ás iniciativas educativas do goberno. Esta cifra ten derivado, segundo o estudo, nun incremento de vendas de software GNU/Linux dun 20% no ano 2007. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Frco. Javier Rial
o Martes, 19 de Agosto do 2008 |
|
A Universidad de Granada acaba de crear a súa Oficina de Software Libre, poñendo ao fronte da mesma ao profesor J. J. Merelo, o cal na súa intervención na Universidad Internacional de Andalucía declarou que "desde un punto de vista pragmático é moito mellor usar Software Libre xa que outorga unha serie de dereito ao usuario sen necesidade de comprar licencias e ademais o seu uso está rodeado dun movemento de xeración de coñecemento vivo. J.J. Merelo asegurou que o máis importante do software libre é "a liberdade, polo que non se pode impoñer aos usuarios, que teñen que chegar a utilizado por un proceso de convencemento persoal"... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Frco. Javier Rial
o Martes, 19 de Agosto do 2008 |
|
OpenOffice.org 3.0 terá unha nova ventá de inicio (splash screen) para reflectir unha imaxe máis fresca da nova versión, e quen tivo a última palabra nesta decisión foi a comunidade. Ademais do cambio da ventá de inicio, tamén hai elementos como a ventá do instalador gráfico en Windows e a ventá de "Acerca de" do menú de Axuda. A votación rematou e os resultados serán anunciados moi pronto, mentras tanto podemos ver todas as propostas (en orde de envío)... |
|
Ler máis...
|
|