-
35
Segundo unha enquisa elaborada por Saugatuck Research entre directores de TI, vicepresidentes e responsables dos departamentos de sistemas de información, case a metade das empresas utilizará aplicacións Linux para operacións de misión crítica dentro de cinco anos.
A enquisa emprega datos de 133 empresas de todo o mundo. A predición é bastante arriscada, posto que a finais do 2007, só o 18 por cento das empresas estarán utilizando Linux para os seus negocios máis sensibles...
-
41
Klaus Knopper anunciou a publicación de Knoppix 5.1.0 en live CD e DVD.Novidades:
[Ler máis]
-
35
Neo1973 é un teléfono móvil baseado en GNU/Linux de altas prestacións. A empresa taiwanesa First International Computer (FIC) é a fabricante deste teléfono que dalgún xeito segue a liña de Nokia coas súas PDA con GNU/Linux.
Todo o seu software é modificable, adaptable, etc., contendo un núcleo de sistema Linux 2.6, librerías GTK+, sistema gráfico X Window e Matchbox etc.
Posúe 128 MB de memoria, receptor GPS, radio en catro bandas, pantalla táctil VGA e non require o permiso de ningún operador para comezar a funcionar como teléfono, porque é GSM libre; só require a incorporación da tarxeta SIM...
-
35
Acaba de crearse a lista galega de localización de Debian de libre suscrición e arquivo público co propósito de afortalar o soporte da distribución no noso idioma e promover a consollidación da comunidade Debian galega. Podedes informarvos da creación desta lista neste enlace e na lista de internacionalización de Debian. Podedes subscribirvos a través desta web.
-
35
As Ciberirmandades da Fala veñen de engadir un novo traballo de tradución á súa lista. Trátase do Mod Anti Bot Question para o sistema de foros phpBB. Actualmente están en marcha, xunto co anterior, o sistema de foros phpBB3, e o xestor de contidos Joomla! 1.5.
1
50 Mañá ás 9:35 da mañá dentro do programa Bos Días da TVG emitirase en directo unha entrevista con Roberto Brenlla, membro de AGNIX e xerente de Tegnix, sobre o Software Libre. Segundo informa Brenlla no seu blog, en principio o espazo ía ser un debate centrado no lanzamento de Windows Vista pero, finalmente centrarase no Software Libre. Para velo co VLC podedes ir a Ficheiro => Abrir Fluxo de Rede. No casilleiro HTTP/HTTPS/FTP/MMS poñede o enderezo mms://85.91.64.23/Television.
Actualizado (01-02-07):
Podes descargar o vídeo da entrevista na seguinte ligazón:
Vídeo Bos Días TVG (33MB)
-
69 Os defensores do Software Libre predín grandes cousas para este ano. O Software Libre no 2006 pegou forte. O navegador web Firefox gañou cota de mercado na contra do Internet Explorer de Microsoft con máis de 200 millóns de descargas. OpenOffice.org foi empregado por máis de 200 millóns de persoas.
-
65 O Centro sociocultural e xuvenil do Ensanche (Santiago) é un espazo especializado nas novas tecnoloxías, dotado de equipos e programas informáticos dirixidos especialmente á mocidade. Promove a formación básica de mozas e mozos fomentando o emprego das ferramentas dispoñibles de software libre. Utilizando a súa potencialidade, o departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago organiza unha serie de cursos de formación. Entre eles un de informática básica, de introdución á internet, de deseño gráfico e retoque fotográfico con software libre (o gimp) ou de deseño de páxinas web.
[Ler máis]
2.67
39
Galicia aspira a estender a súa zoa xeográfica ao ciberespacio. A fórmula é lograr un barrio virtual en Internet cun dominio propio que identifique á comunidade. A Asociación PuntoGal, apoiada por 39 institucións, decidiu que era hora de comerse o mundo. Para o ano 2007, a organización ten coma fin desenvolver unha campaña de información así como de recollida de apoios a súa causa na propia comunidade, Madrid e América. Todo será válido para conseguir cos galegos poidamos dispoñer de páxinas web rematadas en ".gal" en lugar do ".es", ".net" ou ".org" actuais. En Cataluña, xa teñen o seu ".cat".
3
39
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Innovación e Industria enviarán a todos os centros educativos de Galicia un CD-ROM co OpenOffice.org en galego, xunto co seu corrector lingüístico. A iniciativa é a primeira dunha serie de accións que se esperan concretar no ano 2007 e que abranguen, entre outras, a formación para o profesorado no paquete ofimático e soporte técnico.