-
9
Onte tivo lugar no Centro de Supercomputación de Galicia unha reunión entre as asociacións de usuarios de Linux de Galicia que asinaron o convenio con Mancomun.org coa fin de repasar e coordinar as actividades que estes grupos acordaron realizar durante o próximo semestre.
-
16
A lei de accesibilidade no goberno holandés entrou en vigor o pasado ano. Esta lei obriga aos sitios webs do goberno a seguir as pautas do w3c (World Wide Web Consortium). Para levar a cabo esta medida fan unha recompilación de 125 pautas definindo as mellores prácticas para xerar sitios accesibles. Estos puntos van máis alá do especificado nas WCAG (Web Content Accessibility Guidelines 1.0) tendo en conta as novas técnicas de desenvolvemento para a web.
-
5
Seguindo as recomendacións do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI) as tres universidades galegas teñen previsto crear unha plataforma de teleformación baixo estándares abertos accesible a todos os seus estudantes e á sociedade en xeral. A implantación desta plataforma será gradual durante os próximos 3 anos.
-
37 A versión propia de Sun da linguaxe Fortran, chamada Fortress, xa ten un intérprete de código aberto.
O xefe do proxecto, Eric Allen, dixo que con isto quería impulsar esta alternativa para que fose empregada en contornas académicas e por parte de calquera interesado nesta nova linguaxe.
Fortress naceu a partires dun proxecto de supercomputación financiado polo Departamento de Defensa do Reino Unido, e está orientado ao mercado HPC (High Performance Computing).
-
39
Greg Kroah-Hartman é un coñecido desenvolvedor do kernel de Linux. O seu libro "Linux Kernel in a Nutshell" da editorial O'Reilly está dispoñible de forma gratuíta en formato PDF na propia web do autor. Nas súas propias palabras: para saber como compilar, configurar e instalar un kernel Linux personalizado para a túa máquina, le este libro...
-
49
Dentro do programa de formación para 2006/2007, o Centro Multimedia de Galicia (CMG) vai impartir cursos sobre xeración de contidos multimedia empregando Software Libre. A serie de cursos, co título “Software Libre para xerar contidos multimedia”, comeza cunha introdución amosando as vantaxes, desvantaxes e condicións do Software Libre da man de dous expertos.
[Ler máis]
2
39 Segundo informa Lucy Sherriff en The Register a Comisión Europea, como parte do 6º Programa Marco, investirá 25 millóns de euros en 4 proxectos destinados a mellorar a calidade do Software Libre. O traballo será coordinado pola consultora inglesa Sirius, expertos da industria, persoas do ámbito académico e a comunidade.
[Ler máis]
4.5
51
Ubuntu Screencasts é un proxecto para dotar a Ubuntu dunha completa documentación audiovisual. Os screencasts son gravacións de escritorio onde se resolven problemas concretos ou se levan a cabo tarefas específicas e de uso común. Os vídeos pódense descargar en vídeo, flash ou en audio.
4
38 Xa se publicou o Informe sobre o impacto económico do Software Libre na innovación e competitividade no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Europa (en inglés).
O informe foi elaborado polo Maastricht Economic and social Research and training centre on Innovation and Technology da Universidade das Nacións Unidas (UNU-MERIT), xunto coa colaboración da Universidad Rey Juan Carlos (España), University of Limerick (Ireland), Society for Public Information Spaces (France), Business Innovation Centre of Alto Adige-Südtirol (Italy).
[Ler máis]
-
53 A Universidade aposta pola educación virtual dentro dun espazo lúdico, algo senlleiro no ámbito español. A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acaba de alugar un local no mundo dixital e tridimensional en 3D www.secondlife.com co fin da aportar información a calquera persoa do mundo sobre a titulación, as materias e as saídas profesionais da carreira.
“As universidades americanas máis importantes como a de Columbia, Standford ou Harvard xa teñen construído o seu propio campus. Nós comezamos alugando unha pequena oficina dentro dun edificio de I+D onde colocamos paneis informativos e unha mesa rodeada de cadeiras para que calquera cibernauta, especialmente os nosos alumnos, poida facer consultas, asistir á proxección de vídeos e mesmo a titorías”, asegurou o decano de Informática, Enrique Barreiro.
Tres continentes e varias illas ficticias forman este mundo paralelo, no que un entra gratuitamente cun dobre tridimensional, un avatar que xesticula, se move e que pode mercar e vender múltiples produtos, algo semellante a un personaxe do videoxogo Sims, pero cunhas posibilidades ilimitadas. “É o mundo virtual que está a obter máis éxito porque inclúe a opción de xogo, de operacións comerciais e de tarefas educativas”, declarou o decano.