-
14 A continuación presentamos unha serie de portais web que permiten buscar dentro do código fonte de aplicacións ou proxectos de Software Libre tales como WordPress, phpBB, [[mediaWiki]], etc ...
O portal inclúe os proxectos máis populares de Software Libre, e por cada proxecto nos detallan as tecnoloxías coas que traballan, o número de programadores cos que están desenvolvendo, as linguaxes nos que foron programados, a frecuencia de actualización. Tamén dispón de acceso por tags, así como blogs e noticias relacionadas...
-
215 As vantaxes de empregar estándares abertos fan posible a existencia de gran variedade de proxectos no eido do Software Libre. A continuación amósase unha listaxe de complementos para OpenOffice:
Loook – procurador de arquivos OpenOffice.org
OpenOffice Indexer - indexador de arquivos OpenOffice
OOSearch - procurador de arquivos OpenOffice.org
GestorXML - DMS para xestión de arquivos en formato aberto
JooTemplateFiller - librería para xerar informes
OpenOffice.org Tools (OOo Tools) - ferramentas adicionais
Seguide lendo para ter información de cada complemento.
-
16
GnuAccounting é un software baixo licenza GPL para xerar e administrar facturas, albaráns, recibos e notas de créditos. O aplicativo usa Openoffice para deseñar modelos (templates) para facturas, e emprega MySQL ou OpenOffice Base para almacear os datos nun servidor central ou no computador cliente.
[Ler máis]
-
29 Gramps (acrónimo de Genealogical Research and Analysis Management Programming System) é un programa de análise xenealóxico desenvolvido para GNOME. Permite a xestión de datos sobre os nosos antergos e a realización de árbores familiares e informes. Está dispoñible en Linux, BSD, Solaris e Windows en fase de probas.
[Ler máis]
-
13 A Open Design Community é un grupo de deseñadores libres que ofrecen modelos (templates) de deseño libres para quen as queira aproveitar. O seu obxectivo é crear unha comunidade onde os usuarios podan compartir os seus deseños e modelos, debatir sobre eles e promover os seus servizos.
[Ler máis]
-
16
O Consorcio da World Wide Web publicou oito novos estándares da familia XML para a extracción de datos, a transformación de documentos e a computación empresarial dende servizos Web a bases de datos. Máis de 1.000 comentarios de desenvolvedores axudaron a garantir a flexibilidade e aplicabilidade desta serie de tecnoloxías. XSLT transforma o etiquetado e o formato de documentos. XML Query pode realizar procuras, consultas e conexións entre coleccións de documentos. As expresións XPath, o XSLT 2 e o XQuery funcionan con documentos XML, bases de datos XML, bases de datos relacionais, motores de procura e de obxectos.
[Ler máis]
-
12
OoDocGal é un proxecto vivo e en continua transformación de documentación e formación para facilitar o ensino do Software Libre e a iniciación no mundo da informática. Artellado coma un [[wiki]] contén materiais didácticos sobre os primeiros pasos perante un computador e ofimática a través de OpenOffice.org. Foi desenvolvido grazas ao activismo da asociación CompostelaWireless e conta co apoio de Mancomun.org e DPInformática.
2
12
A fusión de open source development labs e o free standards group reforza a presenza de linux no mercado. A partires do 2 de Febreiro previa aprobación da fusión polos membros de ditas fundacións, pasarán a denominarse Linux foundation.
[Ler máis]
-
199
O número 6 da RevistaSL co título "Más sabe el diablo por BSD que por diablo" fai fincapé nos distintos sabores de BSD (Berkeley Software Distribution, Distribución de Software Berkeley). Este sistema operativo deriva do sistema Unix, desenvolvido por AT&T na década dos 70's e modificado a partires das doazóns realizadas pola Universidade de California en Berkeley. Fóra do tema central da revista neste número atópanse artigos sobor: XGL, AIXGL, Compiz & Beryl, desenvolvemento de aplicacións Web con LAMP, proxecto Tor, ...
A última publicación da revista Essentia Libre ten como tema central o traballo do proxecto OLPC Colombia, ademais conta co apoio do "Foro Académico de Objetos Virtuales de Aprendizaje". Unha entrevista a Alvaro López Ortega de Sun Microsystems quen conta as novedades de Java (OpenJDK).
-
14
Linux gaña presenza no eido multimedia con dous novos produtos: Rosegarden e UbuntuStudio. O primeiro trátase dun editor de son dirixido a músicos amateurs e pequenos estudos de gravación que permite a composición e edición musical, unha ferramenta moi similar á aplicación propietaria Cubase. Pola súa banda UbuntuStudio é un interesante achegamento de Ubuntu a unha contorna multimedia.