-
12
Inkscape é un editor Software Libre de gráficos vectoriais, con capacidades similares a Illustrator, Freehand, CorelDraw ou Xara X empregando o estándar SVG (Scalable Vector Graphics) do W3C. A nova versión 0.45 está dispoñible para descarga en sourceforge.
-
71 Os ordenadores dos 400 empregados e 130 oficinas de Caja de Guadalajara funcionarán dentro duns meses somentes con Software Libre. O cambio supuxo un aforro entre 900.000 e un millón de euros segundo a consultora Entel, que colaborou na transición cara GNU/Linux da caixa. O proxecto foi presentado esta mañá na terceira Conferencia Internacional de Software Libre que se está celebrando en Badajoz.
A entidade afirma ser a primeira de España en realizar esta aposta polo Software Libre...
-
13
As versións iniciais de QEMU eran de código pechado como produto propietario pero dende o 5 de febreiro está dispoñible en código aberto baixo licenza GNU GPL.
QEMU é un emulador xenérico e de código aberto que permite executar sistemas operativos e programas feitos nunha máquina (por exemplo nunha placa ARM) noutra máquina diferente (por exemplo o PC da nosa casa).
Mediante o emprego de traducións dinámicas, chega a alcanzar grandes rendementos. Cando o empregamos como virtualizador, QEMU case chega alcanzar rendementos de máquina nativa pola execución do código cliente directamente na CPU da máquina. Neste caso faise necesario o emprego do acelerador QEMU (tamén coñecido como KQEMU) xa que é o encargado de chamar ó driver host.
-
9 O auxe das Tecnoloxías da Información (TI) está xerando unha gran cantidade de novas alternativas. Debido ao dinamismo que presentan e ao seu carácter tan cambiante, non poden ser contempladas nos plans de estudio de Informática. Estes coñecementos son solicitados de maneira crecente polas PEME que procuran nas telecomunicacións o complemento aos servizos que ofrecen.
Dentro das TI merece especial interese o fenómeno Internet, respecto ao que actualmente existe unha crecente demanda de profesionais que permiten ás empresas e organizacións poder aproveitar as novas oportunidades de negocio que se están creando, e empregar este medio para aumentar a súa competitividade.
No eido do Software Libre existen ferramentas para cubrir as necesidades dos desenvolvedores web, garantindo produtos finais de maior calidade e que se axustan aos estándares.
[Ler máis]
-
17 Tras dous meses de desenvolvemento, a versión do Kernel 2.6.20 para Linux xa está dispoñible en www.kernel.org. Esta nova versión do Kernel inclúe dúas implementacións diferentes de virtualización. Por unha banda KVM, cunha completa capacidade de virtualización empregando as extensións de [[Intel]] e [[AMD]] e unha implementación de paravirtualización por diferentes hypervisors (monitores de máquina virtual).
-
10
Linux Format e Novell veñen de lanzar un orixinal reto aos usuarios de Software Libre: Que aplicación libre che gustaría ter nas túas mans? A web está aberta a propostas e a idea que reciba máis votos será desenvolvida baixo a plataforma Mono.
-
13 A continuación móstranse unha serie de programas que nos permitirán crear, editar e grabar os nosos propios DVD, con menús personalizados, animacións e música, usando unha ou varias aplicacións baseadas en Software Libre.
3
22
O Ministerio de Educación y Ciencia ofrece no seu portal para a formación do profesorado unha guía de achegamento ao Software Libre baseada na distro Ubuntu 6.06 LTS. A guía ofrece información sobre diversos aspectos do manexo de Ubuntu como a xestión de ficheiros, a contorna de traballo, administración do sistema, funcionamento das aplicacións ofimáticas e outras tarefas básicas.
-
10
Inestable, grupo de usuarios de GNU/Linux de Ordes, fai un chamamento a todos os interesados en participar nas V Xornadas de GNU/Linux de Ordes a que manden as súas propostas, traballos ou colaboracións. O evento terá lugar durante a Semana Santa nos días 5, 6 e 7 de abril. A data límite de envío é o 10 de marzo e os traballos deben ser enviados en PDF a diego@inestable.org.
-
8 Visopsys (Visual Operative System) é un sistema operativo con licenza GPL para PC que leva en desenvolvemento dende o ano 1997 e ofrece unha sinxela pero funcional interface gráfica, multitarefa baixo prioridades e memoria virtual. Visopsys non é un clon de ningún outro sistema operativo e está dispoñible tanto en live CD coma en diskette.
[Ler máis]