-
7 A Universidade de Yale comezou a publicar algúns dos seus cursos na plataforma do consorcio OpenCourseWare, plataforma que engloba xa a máis de 160 universidades de todo o mundo, as cales decidiron abrir as portas das súas clases a calquera con unha conexión a internet e o desexo de aprender.
O MIT foi o pioneiro ao poñer desde 2002 na páxina http://ocw.mit.edu parte do contido das súas aulas. A Universidade de Yale, en vez de ofrecer tantos cursos como o MIT, concentrouse en ofrecer un pequeno número deles, pero con grabacións en vídeo de alta calidade e son en MP3.
3
18 Unidistro é un proxecto que comezou sendo común a varias universidades españolas e que ten como obxectivo simplificar o proceso de personalización de distribucións baseadas en Ubuntu (proximamente tamén Debian). Finalmente o desenvolvemento levouno case por completo a Universidad de La Laguna.
Actualmente Unidistro forma parte dos proxectos de Ubuntu en Launchpad, e está sendo usado para xerar os CD de probas da próxima versión de Kubuntu (https://wiki.kubuntu.org/KubuntuHardyKde4).
Pois ben, aproveitando este fito, os seus desenvolvedores presentaron o proxecto no "I Encuentro Nacional de Desarrolladores de Software Libre", celebrado o pasado 15 de decembro dentro do X Congreso Nacional de Usuarios de Linux de España...
[Ler máis]
2.5
81
O próximo xoves 17 de xaneiro de 2008 terán lugar as eleccións para a próxima xunta directiva de GPUL. O proceso terá lugar en base ao regulamento electoral de GPUL. A partir deste anuncio haberá un período de 2 semanas para a presentación de candidaturas e dúas semanas máis para a campaña electoral.
As datas máis relevantes deste proceso son:
-
8 Lemos na web de Agnix que a empresa de servizos en internet Yahoo! apoiará á Fundación Apache converténdose en Platinum Sponsor . Deste xeito comprométese a, entre outras obrigas, a achegar 100.000 dólares ao ano. Yahoo! é un usuario moi activo dalgúns proxectos de Apache como o seu servidor web, do motor de procuras Lucene e do seu framework Java para clústers Hadoop.
Outras grandes compañías de servizos a través de internet como Google tamén colaboran de xeito importante con proxectos abertos como por exemplo MySql ao ser tamén grandes usuarios dos mesmos.
[Ler máis]
4
93 CG Madness é un xogo de habilidade inspirado en clásicos como Marble Madness ou Neverball. Neste tipo de xogos hai que de dirixir unha bóla ao longo dun circuíto ata a casa final, tratando de evitar en todo momento que a bóla caia ao baleiro ou se destrúa. Ten licenza [[GPL]] e está dispoñible para varias plataformas.
Publicouse a versión 1.2 de CG Madness, na que se vai vendo o traballo de mellora de detalles que lle faltaba á versión 1.0. Agora os niveis teñen un aspecto visual máis agradable, ten un menú onde se pode configurar varias opcións e escoller o nivel no que se quere xogar. Tamén se engadiu un sistema de puntuacións no que se pode rexistrar os mellores tempos para cada nivel, e grazas ao cal se compite con outro usuario por facelo no menor tempo posible.
-
8 Acaba de saír a versión 0.3 de Correo, un programa de xestión do correo electrónico para Mac OS X que se basea no Mozilla Thunderbird. Trátase dunha iniciativa similar a Camino, un navegador web baseado en Mozilla Firefox para o sistema operativo propietario de Apple.
Correo evita XUL en favor da interface nativa Cocoa buscando integrarse máis coas características de Mac OS X como, por exemplo, a súa axenda de direccións. A versión 0.3 do programa foi lanzado a primeiros deste mes e o seu desenvolvedor ten un blogue sobre a súa evolución.
[Ler máis]
-
23 Canonical Ltd., a empresa que está detrás de Ubuntu, anunciou esta semana o lanzamento da versión 1.0 de Bazaar. Un gran fito para calquera proxecto polo grao de madurez que implica. Esta nova versión incorpora miles de contribucións, ducias de novos colaboradores, centos de erros corrixidos. Un sistema flexible, poderosamente simple e moi doado de usar.
Bazaar é un sistema de control de versións que permite que múltiples desenvolvedores distribuídos poidan contribuír en proxectos software de xeito independente pero de forma controlada. En palabras de Mark Shuttleworth, "está deseñado para equipos globais de desenvolvedores que traballan colaborativamente".
[Ler máis]
-
25 Intel liberou o código fonte do seu proxecto Open-FCoE. O proxecto de Fibre Channel sobre Ethernet para o sistema operativo Linux.
Fibre Channel é unha tecnoloxía de rede a velocidade de gigabit empregada fundamentalmente en redes de almacenamento. O desenvolvemento do proxecto Open-FCoE significará que os centros de datos poderán diminuír os custos e o mantemento, grazas a redución da cantidade de equipos e cableado de Fibre Channel, ao mesmo tempo que goza dos seus beneficios e prestacións.
O FcoE conta co apoio de grandes da industria como Cisco, IBM, Intel ou Sun Microsystems...
[Ler máis]
-
13 As Direccións Xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e a de Ordenación e Innovación Educativa veñen de resolver os seus Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información concedendo os premios a:
Ambas direccións xerais queren, con estes premios de importante dotación económica e divididos en varias modalidades, promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, impulsar o coñecemento do Software Libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.
-
11 Segundo o sitio TechIQ, hai unha serie de empresas que están destinadas a triunfar no seu negocio o ano que vén, todas elas teñen un denominador común, o Software Libre: