-
18 Ars Technica vén de publicar un interesante debate sobre os motivos polos que Mozilla seguirá usando Gecko a pesar da popularidade de WebKit.
WebKit é un motor de renderizado de HTML de código aberto, desenvolvido por Apple a partir do código do proxecto KTHML, e que é recoñecido por ser sumamente livián, ter unha base de código extensa e limpa, cumprir estritamente cos estándares e usar pouca memoria para o seu funcionamento. Gecko, por outra parte, apunta a ser moito máis ca un motor HTML. Ademais de renderizar HTML, ofrece un marco para o desenvolvemento de interfaces de usuario baseadas en XML (XUL), incorpora un modelo de compoñentes multiplataforma (XPCOM) que lle permite ser completamente modular e fornece de servizos para soportar extensións no navegador (unha das características máis valiosas de Firefox).
[Ler máis]
-
34
Google Chrome non para de dar que falar e, aínda que xa presentou diversas vulnerabilidades e só é empregado -polo de agora- por un un por cento dos internautas, o navegador anunció que nas vindeiras semanas lanzará ao mercado unha versión para os sistemas operativos Linux e Mac.
No seu portal para os usuarios Mac, a empresa de Mountain View afirma que debido ás numerosas peticións dos usuarios da rede, pronto haberá un anuncio das novas versións. De feito, o Google habilitou un par de páxinas onde, co rexistro do contacto electrónico, os interesados poderán ser informados a cerca de novas, actualizacións e a data para a descarga en Mac e en Linux.
Estas novas versións, segundo explica a autora do artigo do blog, estarán tamén baseadas en tecnoloxía de código aberto para que outros desenvolvedores poidan participar na súa mellora.
[Ler máis]
-
8 A tradución ao galego de KeepassX, a aplicación homóloga para Linux deste xestor de contrasinais, atópase dispoñible na Forxa de Mancomún

Atópase dispoñible para a súa descarga unha nova revisión de Keepass, neste caso a versión 1.13.
Keepass é un programa baseado en código aberto que permite almacenar os nosos contrasinais encriptados e ordenalo por categorías e grupos que non precisan instalación. Deste xeito a aplicación pode ser gardada nunha chave USB que nos permita levalo connosco a onde queiramos e de xeito seguro, posto que incluso para abrir o programa é preciso crear unha clave mestra (o cal o programa garda cifrado ou aparte, mesmo noutro dispositivo esterno).
[Ler máis]
-
36 A distribución de Linux pretende ofrecer unha virtualización completa en servidores e sobremesa provistos de Software Libre
Red Hat vén de adquirir Qumranet, una compra que axudará á compañía líder mundial de solucións de código aberto a transformar o mercado de virtualización e a impulsar unha tecnoloxía de virtualización e solucións de xestión completas en todo os sistemas.
A adquisición comprende solucións de virtualización compostas pola plataforma KVM (Kernerl Virtual Machine) e SolidIce. Ademais, o equipo de profesionais de Qumranet, que desenvolve, proba e dá soporte ás solucións da empresa, e os líderes do proxecto KVM da comunidade open source uniranse a Red Hat.
[Ler máis]
-
48 Este conxunto de ferramentas estratéxicas está baseado en estándares abertos e foi deseñado para un total de 18 sectores empresariais
IBM anunciou novas ferramentas e servizos de software baseados en estándares abertos que axudarán aos clientes a utilizar a informaciónempresarial como activo estratéxico nos seus negocios. Trátase dunha oferta completa para xestionar a información empresarial, que funciona especificamente para 18 sectores económicos clave.
As compañías sempre tiveron dificultades para extraer conclusións de valor da súa información, xa que esta tradicionalmente estivo estreitamente asociada ás aplicacións para as que se crearon. Por iso IBM presentou ferramentas de software aberto, modelos de datos, deseños e servizos de consultoría sectoriais que permiten establecer unha estratexia corporativa para usar a información máis eficazmente, de tal forma que permita incrementar o rendemento do negocio.
-
14
Elastix, segundo os seus creadores, é unha distribución GNU/Linuxque integra baixo unha única interface as mellores ferramentas dispoñibles para montar unha centralita (PBX) baseada en Asterisk. Os obxectivos desta distribución son a fiabilidade, a modularidade así como a usabilidade.
Entre as súas características atopamos o soporte para videollamadas, reenvío de faxes recibidos ao correo electrónico, configuración gŕáfica dos parámetros de rede, interface para facturación...Na súa web teñen dispoñibles numerosas capturas de pantalla.
Acaban de publicar a versión estable 1.2, na que ademais de actualizar as aplicacións incluídas, ás últimas versións, corrixen numerosos erros e engaden novas funcionalidades.
[Ler máis]
-
23
A empresa coreana GPH presentou a súa Wiz, unha nova consola de xogos portátil baseada na súa propia distribución de Linux, GP2X, e un procesador Arm9 de 533 MHz, 64 Mb de RAM, 1 Gb de memoria flash NAND.
A consola dispón, ademais, dunha ranura para un cartón SD e un conector USB 2.0. Inclúe tamén unha pantalla de 320x240 (QVGA) e unha batería de Ion-Litio que promete até 5 horas de diversión.
Pero quizais o máis atractivo da Wiz, ademais dos xogos escritos especialmente para ela por desenvolvedores independentes, é a súa capacidade para correr polo menos 130 emuladores doutras consolas clásicas como as Atari 2600, NES, Super NES, Sega Genesis, N64 e Neo Geo, ademais obviamente de todos os seus correspondentes xogos.
1
25 Os desenvolvedores de Django, un dos framework libres máis famosos baseado en [[Python]], veñen de anunciar recentemente a liberación da versión estable 1.0.
Segundo se explica no blog do proxecto, este logro debeuse en gran medida á comunidade de usuarios e desenvolvedores do proxecto e destacan o grande esforzo realizado con estatísticas como 4.000 commits e 2.000 bugs correxidos dende a última versión estable.
A nova versión pode conseguirse nas páxinas de descarga do proxecto. Asemade están dispoñibles as notas de lanzamento da mesma.
-
10
Co lanzamento de Chrome aínda facendo eco en todos os medios, a xente de Mozilla tiña que contrarrestar dalgún xeito o incrible bo recibimento que está tendo este navegador de Google. Para isto os desenvolvedores de Firefox veñen de informar máis detalladamente das cualidades que terá a nova versión 3.1, a cal supostamente será lanzada a finais de ano.
Entre estas características, Mozilla quixo destacar a rapidez coa que funcionará o Firefox 3.1 coma unha das principais vantaxes fronte o resto de navegadores.
Aínda que actualmente, Crome corre baixo V8, un motor JavaScript open source que, segundo explica Google, é o máis rápido que se pode ver na web, Firefox 3,1 utilizará TraceMonkey.
TraceMonkey é un novo motor, do que xa deramos conta en Mancomún e que segundo o programador Brendan Eich, eclipsará calquera esforzo que a xente de Chrome poida realizar.
[Ler máis]
-
3 O proxecto Cherokee, un servidor web con licenza GPL2, creado polo madrileño Álvaro López Ortega, vén de anunciar, nas súas listas de desenvolvemento, un concurso patrocinado pola empresa Accenture.
A través deste concurso premiarase a mellor contribución recibida para o proxecto. O premio será un ultraportátil Asus EeePC.
Para entrar no concurso a contribución deberá ser enviada a contest at cherokee-project.com antes das 23:59 do 30 de Outubro de 2008 e aceptada polo proxecto. Esta contribución pode ser código, documentación, deseño gráfico ou publicidade sobre o proxecto Cherokee. O gañador anunciarase o 1 de Novembro.
Fonte: Listas de Cherokee