RSS enviar por correo-e Imprimir

Outras novas

  • Ferramenta para a análise dos riscos do tráfico marítimo

    Publicado por fjrial
    Xoves, 3 de Setembro de 2009
    • Valoración 1.4
    • Lecturas 282

    Safemed GIS é unha software que se usa na maioría dos países arredor do mar Mediterráneo para ofrecer a análise de riscos do tráfico marítimo e que, segundo se anuncia na páxina do OSOR (Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre), en breve será liberado baixo a licenza EUPL e o código albergarase neste mesmo repositorio nas próximas semanas.

    Usando un navegador, os usuarios autorizados poden seguir os movementos dos barcos no Mediterráneo desde o ano 2004 ata o 2007 e acceder a unha base de datos de todos os accidentes que causaron, ou case, derramamentos químicos ou de aceites rexistrados desde o ano 1977.

    A aplicación Safemed GIS foi desenvolvida usando exclusivamente ferramentas de software libre. Os desenvolvedores usaron Talend Open Studio para extraer diversos conxuntos de datos. A aplicación programouse en Python empregando o contorno de desenvolvemento rápido Django e o desenvolvemento dos mapas usando a ferramenta Mapnik. A base de datos funciona con Postgresql nun servidor executando Debian GNU/Linux. No entanto, os datos dos movementos dos barcos non son software libre, polo que o acceso á ferramenta en liña non está permitido ao público en xeral.

    A continuación podedes atopar unha captura de pantalla coas principais rutas dos barcos petrolíferos no Mediterráneo:

    [Ler máis]
  • Dispoñíbel primeira versión candidata de Haiku

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 2 de Setembro de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 274

    Logo de HaikuHaiku é un sistema operativo de código aberto (baixo a licenza MIT), actualmente en desenvolvemento, deseñado dende o principio para o escritorio. Inspirado polo sistema operativo Be (BeOS), Haiku intenta ofrecer aos usuarios de todos os niveis unha experiencia co seu computador persoal simple, aínda así potente, e sen complicacións innecesarias.

    Xa están dispoñíbeis para a descarga as imaxes da versión candidata Alpha 1 deste sistema operativo, tras oito anos de desenvolvemento dende a orixe do proxecto. Pódense descargar estas imaxes en formato .iso, como imaxes de disco para vmware, ou ben como imaxes de disco en bruto.

    Vexamos unha lista de características planeadas para futuras versións deste sistema operativo:

    Para a R1 (que será, en esencia, un sistema operativo completamente funcional e estábel, que constitúa un substituto viábel para BeOS R5)

    • Compatibilidade con codificación Media Kit
    • Xestión de paquetes
    [Ler máis]
  • Lubuntu xa é unha realidade

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 2 de Setembro de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 452

    LubuntuFai uns meses Mancomun.org informaba de que había negociación entre os responsábeis do proxecto do contorno de escritorio LXDE e Canonical para facer unha distribución lixeira baseada en LXDE. Aínda que xa existe Xubuntu como distribución lixeira, xurdiron queixas de que esta distribución non cumpría os requirimentos para executarse con equipos antigos e con moi poucos recursos. Pois finalmente o proxecto LXDE aceptou a petición de Canonical e, produto deste acordo, agora acábase de anunciar a liberación da primeira versión preliminar a Lubuntu 9.10 Beta 14.

    Esta versión deriva da versión de desenvolvemento de Ubuntu 9.10 “Karmic Koala” e a súa primeira ISO ocupa só 342 Mb . Esta ISO está baseada no traballo de David Sugar con parches de toda a comunidade e inclúe paquetes como:

    [Ler máis]
  • O IV Concurso Universitario de Software Libre admitirá proxectos doutros ámbitos de formación superior

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 2 de Setembro de 2009
    • Valoración 2.25
    • Lecturas 177

    A Forxa continúa aberta aos proxectos participantes no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con SwL

    Concurso Universitario de Software LibreO Concurso Universitario de Software Libre arrinca un ano máis, traendo nesta edición unha importante novidade de cara a ampliar o número de participantes. Así, este curso estenderase a posibilidade de inscrición aos alumnos de Bacharelato, os ciclos formativos de grao medio e superior e aos estudantes de terceiro ciclo e de másters. Esta información fíxose pública onte na que foi a presentación oficial da que xa é a cuarta edición do certame.

    Alén da gran novidade mencionada, o concurso manterá a mesma dinámica que en anos anteriores, co propósito xa reiterado de fomentar a creación e de contribuír á consolidación da comunidade de Software Libre no ámbito universitario, ampliado agora a outros ámbitos de formación.

    Está previsto que a contía dos premios tamén sufra modificacións, incrementándose segundo a tendencia que se viña producindo e superando as cifras de 9.000 e 15.000 euros da convocatoria do 2008. No entanto, isto non se confirmará ata que a organización non peche o listado de patrocinadores, actualmente aberto á espera de entidades colaboradoras.

    [Ler máis]
  • A Consellería de Educación saca a concurso a migración a software libre do seu servizo de correo

    Publicado por fjrial
    Mércores, 2 de Setembro de 2009
    • Valoración 1.2
    • Lecturas 450

    Consellería de Educación e Ordenación UniversitariaA Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia acaba de sacar a concurso o servizo de migración da súa plataforma de correo electrónico corporativo cara a unha arquitectura baseada en software libre. O anuncio foi publicado no DOG do día 1 de setembro.

    O concurso está dotado cun importe de 180.000 € con I.V.E. e na seguinte ligazón pódense atopar os pregos das condicións técnicas e das cláusulas administrativas.

    Algúns dos requirimentos desta contratación son:

    • O desenvolvemento e implantación dunha solución baseada en software libre para a plataforma de correo electrónico da consellería que deberá incluír o servizo frontal de correo, o servizo de antispam, o servizo de antivirus, o servizo de caixas de correo e o servizo de webmail.
    • A migración da plataforma actual de correo cara á nova solución de xeito que o usuario non perda ningún tipo de información asociada coa súa conta de correo electrónico
    • Integración dunha interface web accesíbel segundo o estándar WAI-AA da W3C.
    • O mecanismo de autenticación da solución deberá integrarse totalmente co sistema LDAP corporativo baseado en OpenLDAP.
    • Os mecanismos de comprobación do estado do servizo deberán integrarse co sistema de monitorización Nagios.
    [Ler máis]
  • OpenUpload, crea o teu propio servidor tipo MegaUpload ou Rapidshare

    Publicado por Mancomún
    Martes, 1 de Setembro de 2009
    • Valoración 2.71
    • Lecturas 775

    OpenUploadOpenUpload é un aplicativo libre con licenza GPL moi útil para crear un servidor que desenvolva un servizo para subir e descargar ficheiros similar aos populares Rapidshare e MegaUpload.

    Este aplicativo destaca entre outras cousas porque está desenvolvido en PHP, é extensíbel e conta cunha interface dispoñíbel en varios idiomas. Máis polo miúdo as características máis sobranceiras deste aplicativo son:

    • Xestión de permisos por grupos

    • Sistema de modelos, para unha maior personalización

    • Opcións de internacionalización

    • Compatibilidade coas bases de datos MySQL, Postgresql, Flat file

    • Compatibilidade no “backend” cos métodos de autenticación usando base de datos, LDAP, AD, etc.

    Para instalar este aplicativo simplemente hai que descargalo de sourceforge.net, descomprimilo e copiar o cartafol resultante no cartafol www do apache (ou equivalente).

    [Ler máis]
  • EyeWriter, un proxecto de software libre para debuxar cos ollos

    Publicado por Mancomún
    Martes, 1 de Setembro de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 198

    EyeWriterEyewriter é un aparello que combina hardware e software para que persoas con parálise total poidan debuxar usando unicamente os seus ollos. Esta ferramenta, desenvolvida por Graffiti Research Lab, openFrameworks e The Ebeling Group, baséase en software libre (escrito en C++) co propósito de que calquera persoa poida facer uso del con custo nulo e dun xeito doado.

    O proxecto, non entanto, atópase nun estado moi prematuro. E se ben en dez días o equipo de desenvolvedores xa tiña un primeiro prototipo viábel co que poder recibir o apoio de máis organizacións e empresas, aínda foi no mes de agosto cando comezou unha segunda fase na que pretenden publicar na rede todas as instrucións necesarias para crear a máquina e poñer a disposición de quen queira o software co cal funciona o invento. A idea a longo prazo é crear unha rede de programadores, expertos en hardware, artistas e enfermos dela para seguir traballando na creación de sistemas e softwares que permitan aos afectados pola enfermidade desenvolver o seu potencial artístico cos ollos.

    [Ler máis]
  • A comunidade de tradutores de Ubuntu ao galego promove o LoCo Team en Galicia

    Publicado por Mancomún
    Luns, 31 de Agosto de 2009
    • Valoración 1.8
    • Lecturas 608

    Felipe Gil Castiñeira, coordinador do equipo de tradución de Ubuntu ao galego, fixo un chamamento estes días entre os Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre para a participación no LoCo Team galego, que os tradutores desta distribución levan forxando desde hai meses.

    Un LoCo Team ou Comunidade Local ten como obxectivo axudar a promover, traducir, desenvolver e, en definitiva, mellorar Ubuntu, dentro da actividade dunha rexión concreta. A meirande parte dos LoCos teñen proxectos como a tradución ou a personalización de Ubuntu para as súas áreas específicas.

    Concretamente o novo equipo galego reza o seguinte entre os seus obxectivos: divulgar o GNU/Linux Ubuntu e apoiar quen o utilice, e contribuír para a creación dun GNU/Linux Ubuntu que inclúa as marcas culturais galegas (idioma, símbolos, eventos...).

    [Ler máis]
  • Publicada Slackware 13.0

    Publicado por Mancomún
    Luns, 31 de Agosto de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 245

    Logo de SlackwareDespois dun dos períodos máis intensos de desenvolvemento na historia de Slackware, a longamente agardada versión estábel 13.0 de Slackware está lista. Este lanzamento trae consigo moitos cambios importantes dende Slackware 12.2, incluíndo unha colección de paquetes para as X totalmente refeitos (xa non se necesita un ficheiro de configuración para as X na maioría dos casos), importantes actualizacións aos contornos de escritorio (KDE versión 4.2.4 e Xfce versión 4.6.1), un novo formato de paquetes (.txz) cunha mellor compresión, e outras actualizacións (ao sistema de desenvolvemento, servizos de rede, bibliotecas, e aplicativos como Firefox e Thunderbird). Cremos que estarás de acordo en que pagou a pena a espera por esta versión. Ademais, este é o primeiro lanzamento de Slackware con compatibilidade coa arquitectura de 64 bits x86_64! Parabéns a Eric Hameleers por todo o seu traballo, especialmente no port a 64 bits.

    Así comeza unha breve nota anunciando a nova versión, na sección de noticias da páxina de Slackware. O equipo que realiza esta veterana distribución, a máis antiga de cantas seguen activas hoxe en día, segue a demostrar que este non é, nin moito menos, un proxecto inactivo.

    [Ler máis]
  • Canonical unificará os administradores de paquetes de software en Ubuntu Software Store.

    Publicado por Mancomún
    Luns, 31 de Agosto de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 288

    Ubuntu Software Store O máis valorado de Ubuntu é a facilidade coa que se pode instalar software de terceiros , xa que é rápido é intuitivo. Non contentos con isto, en Ubuntu queren ir máis alá, idea pola que Canonical acaba de liberar recentemente a primeira versión da Ubuntu Software Store, antes coñecida como AppCenter.

    O obxectivo de Canonical é que a Ubuntu Software Store integre todas as necesidades cubertas polos demais administradores de paquetes de software baixo unha interface única e unificada. Que ofreza buscas tolerantes a erros, con información detallada de cada paquete, con demostracións interactivas de como usalo, coa seguridade mellorada para a instalación e a integración en Launchpad, co que se conseguiría almacenar as cualificacións e as revisións que reciba cada paquete por parte das persoas usuarias.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas