RSS enviar por correo-e Imprimir

Outras novas

  • GTD-Free, Tracs, ThinkingRock, programas para aplicar o método GTD

    Publicado por fjrial
    Venres, 27 de Febreiro de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 11

    GTD®, ou “Getting Things Done ®” é un método de organización persoal baseado nun libro co mesmo nome e escrito por David Allen. Os principios do método GTD pódense consultar na Wikipedia, pero simplificando, o método axuda a facer as cousas en lugar de pensar no que teriamos que estar facendo nese mesmo intre.

     

    GTD-Free é un programa feito en Java e con licenza GPL que permite aplicar o método GTD na xestión diaria das tarefas, de maneira que se consegue unha mellora na produtividade. O programa organízase en cinco separadores: visión xeral, compilar, procesar, organizar/revisar e executar, que permitirán guiar o usuario polo fluxo de traballo. O programa posibilita tamén a instalación nunha chave USB ocupando moi pouco espazo, e desta maneira poder levar a aplicación sempre connosco.

     

    Tracks, ao igual que GTD-Free tamén é un software con licenza GPL que permite aplicar o método GTD. Unha das diferenzas principais con GTD-Free é que Tracks é un aplicativo web desenvolvido en Ruby on Rails que permite a execución do aplicativo desde calquera computador con conexión á Internet. Ademais o seu aspecto minimalista e o seu uso intuitivo facilita enormemente o traballo.

     

     

    ThinkingRock tamén é outra ferramenta en Java para GTD. A súa pantalla principal ten descrito o fluxo de traballo do sistema GTD, e premendo en cada unha das súas 4 partes: configuración, colección, procesamento e acción (organizar, revisar, facer) iremos á pantalla principal de cada unha delas...

     

    [Ler máis]
  • A OSL da USC acolle o primeiro plan piloto de migración a software libre na universidade compostelá

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 26 de Febreiro de 2009
    • Valoración 2.33
    • Lecturas 253

    O sistema operativo empregado, Ubuntu USC rc1.0 "Troia", está baseado no metapaquete AraOS, desenvolvido por Mancomún

    OSLUSCAchegar a usabilidade e todas as vantaxes do software de fontes abertas ao estudantado da universidade compostelá é o obxectivo do primeiro plan piloto de migración a software libre que a Oficina de Software Libre da USC (OSLUSC) acaba de poñer en marcha na Facultade de Ciencias da Educación. O proxecto, que constitúe un primeiro paso dentro dunha estratexia máis ambiciosa de introdución dos aplicativos libres no ámbito docente da USC, iniciouse o pasado mércores día 18 coa configuración cun sistema operativo de código aberto de 25 novos equipos informáticos do centro.

    Con este propósito o persoal técnico da OSLUSC estivo a desenvolver nos últimos meses unha personalización da distribución Ubuntu, denominada Ubuntu USC rc1.0 “Troia”, e que foi instalada en cada un dos computadores seleccionados para o proxecto.

    Esta nova personalización da popular distro de Linux está baseada no AraOS, o metapaquete que define un paradigma funcional de escritorio ofimático multimedia en galego, desenvolvido por Mancomún e promovido dende a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

    [Ler máis]
  • Open Web Messenger, software libre para a axuda en vivo

    Publicado por itouriño
    Xoves, 26 de Febreiro de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 25

    Web MessengerOpen Web Messenger é unha implementación, en código aberto, dun sistema de conversa instantánea, que permite ser integrado facilmente en calquera sitio web.

     

    Con estas característica, o aplicativo configúrase como unha ferramenta ideal para ofrecer apoio técnico e axuda en vivo aos visitantes ou aos clientes potenciais de calquera portal. Algo que a longo prazo podería traducirse nun incremento de afluencia de visitas e vendas en liña.

     

     

    Este programa funciona incluíndo na interface da web un botón -a propia ferramenta trae varios modelos predeterminados- co que se accede directamente ao sistema de conversación instantánea.

    [Ler máis]
  • Qimo, Linux para os pequechos

    Publicado por jchaves
    Xoves, 26 de Febreiro de 2009
    • Valoración 1.56
    • Lecturas 308

     

    http://mancomun.org/images/stories/eskimo.pngQimo é un sistema operativo de escritorio deseñado para nenos e nenas a partir de 3 anos. Está baseado en Ubuntu, e trae instalados varios xogos educativos.

     

    A interface de Qimo deseñouse para ser intuitiva e fácil de usar, con iconas grandes para tódolos xogos instalados. Así, ata os máis pequenos poderán seleccionar a actividade que queren sen ningún problema.

    Nesta ligazón podemos ver algunha captura de pantalla dos programas que Qimo trae instalados. Estes programas inclúen GCompris , Childsplay , eToys , entre outros aplicativos educativos.

    [Ler máis]
  • Software de copia de seguridade persoal: Areca Backup e Cobian Backup

    Publicado por fjrial
    Xoves, 26 de Febreiro de 2009
    • Valoración 2.5
    • Lecturas 104

    Areca Backup é un software para copias de seguridade persoais desenvolvido en Java e multiplataforma. O programa dispón dunha interface gráfica desde a que se pode xestionar o conxunto da aplicación ademais de dispor dun explorador de ficheiros con historial de cambios sobre os mesmos, un simulador de copia de seguridade, e mesmo un historial de todas as accións do usuario. Asemade tamén dispón dunha liña de comandos coa que se pode automatizar todas as tarefas de copia.

    Outro programa para xestión de copias de seguridade é Cobian Backup 8, que tamén é software libre, mais neste caso, só existe o aplicativo para Windows. Unha das características máis interesantes destoutro programa é que permite o envío das copias de respaldo a un servidor FTP da rede.

    No restante, ámbolos dous programas comparten a maioría das súas características sendo unha moi boa alternativa a distintos aplicativos comerciais.

    Características:

    • Capacidade de compresión das copias de seguridade.

    • Cifrado das copias de seguridade.

    • Xestión dun historial de accións.

    • Copias de seguridade completas e/ou incrementais.

    • ...

    [Ler máis]
  • Brasil contará co SwL para crear o maior sistema de virtualización de escritorio do mundo

    Publicado por Mancomún
    Luns, 23 de Febreiro de 2009
    • Valoración 3
    • Lecturas 140

    Brasil virtualización“Userful Multiplier”, unha plataforma de computación multiusuario baseada en software libre, sustentará en Brasil o maior proxecto de máquinas virtuais de escritorio mundial. A iniciativa permitirá crear un total de 356.800 postos informáticos con sistema operativo libre repartidos por máis de 5.500 escolas brasileiras, tanto de ámbito urbano como rural. Así o explicaron nun comunicado conxunto as dúas empresas seleccionadas para a implantación do proxecto, Userful e ThinNetworks. 

    Este plan promovido polo Ministerio de Educación brasileira, marca un novo rexistro pola súa dimensión, o seu baixo custo e o aforro enerxético. As dúas entidades escollidas por procedemento administrativo aberto implementarán un mega-proxecto de virtualización onde os terminais do alumnado funcionarán baixo 18.750 estacións de traballo. Estes servidores, xa repartidos polas escolas, permitirán, nunha segunda fase do proxecto, que até dez persoas poidan operar cun único computador engadindo só teclado, rato e monitor. Cada máquina terá un custo inferior a 40€ por asiento.

     

    [Ler máis]
  • Red.es e Sun Microsystems asinan un acordo para avaliar o impacto do uso de software libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 20 de Febreiro de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 96

    O uso de aplicativos de código aberto pode permitir ás PEMES aforrar custos de até un 75%

     

    A empresa Sun Microsystems estima que a utilización de software de fontes abertas xerará aforro de custos de até un 75%, así como novas vías de negocio ligadas á aŕea de servizos informáticos. Son as primeiras conclusións dos proxectos pilotos postos en marcha pola empresa pública Red.es e a firma norteamericana en virtude do acordo asinado para avaliar o uso de software de fontes abertas e os postos de traballo ecoeficientes.

    O convenio, asinado recentemente, consiste na execución de dous proxectos pilotos en Red.es. O primeiro suporá a adopción de software de código aberto por parte dun equipo de persoas da entidade pública no seu traballo diario. A idea centrarase en acadar a redución de custos, sen perder por iso ningún tipo de prestación nin de calidade. Asemade, búscase, segundo explica o informe de Sun, permitir ao sector TIC español xerar novas vías de negocio.

     

    [Ler máis]
  • Boinc: pon o teu computador a traballar para a humanidade

    Publicado por fjrial
    Venres, 20 de Febreiro de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 30

    http://boinc.berkeley.edu/logo/www_logo.gifBOINC é unha infraestrutura para [[computación distribuída]], que ten a súa orixe no proxecto SETI@home e actualmente é desenvolvida por un grupo de investigación de Berkeley, da Universidade de California. BOINC está pensada para usar o tempo de inactividade do seu computador (independentemente da plataforma) para curar enfermidades, estudar o quentamento global, e outros moitos tipos de investigación científica.

     

    A finalidade última desta infraestrutura é axudar no traballo de computación en campos como física, medicina nuclear, climatoloxía, etc... Tendo en conta que moitos dos proxectos científicos que se están levando a cabo hoxe en día requiren dunha gran potencia de cálculo, esta potencia podería ser obtida dos computadores domésticos que, libremente postos a disposición da comunidade investigadora a través de internet, realizarían os cálculos necesarios para a culminación de certas investigacións.

    BOINC utiliza os ciclos da CPU do computador que quedan libres para doalos ao proxecto que vostede elixa. Hai dispoñíbel un listado moi completo dos proxectos aos que calquera se pode unir e que inclúen distintas ramas da ciencia como a bioloxía, ciencias da terra, física, astronomía, matemáticas, etc...

    [Ler máis]
  • Publicado DragonFlyBSD 2.2

    Publicado por jchaves
    Xoves, 19 de Febreiro de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 274

     

    http://mancomun.org/images/stories/dragonfly.png

     Recentemente foi publicada unha nova versión de DragonFlyBSD, a 2.2. A gran novidade desta ocasión é o sistema de ficheiros HAMMER, desenvolvido dentro de DragonFly entre o 2007 e 2008, e que agora se considera xa estábel e listo para contornos en produción.

     

     

     As melloras introducidas nesta versión inclúen:

     

     

     

    • Unha imaxe DVD, ademais da do CD actual

     

    • A imaxe de DVD inclúe un servidor X plenamente funcional, e moitos paquetes preinstalados.
    • Dende o propio instalador pódese xa crear unha instalación cun sistema de ficheiros HAMMER

     

     

     

    A estas melloras, relativas ao formato do lanzamento, hai que engadir melloras no núcleo, na compatibilidade con hardware, no funcionamento da rede, etc.

     

    [Ler máis]
  • España cede a Reino Unido o software da plataforma de contidos dixitais educativos Agrega

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 19 de Febreiro de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 47

    • A iniciativa converte as empresas TIC españolas que traballan con SwL en referente de nivel internacional

     

    • Galiza, tamén punteira na plataformas educativas con iniciativas como Emprendizaxe, promovida pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información

     

     

    O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, asinou estes días un acordo co director de Relacións Internacionais de Ja.net -a Rede de Investigación en Educación de Reino Unido-, Steve Hogger, para a cesión ao organismo británico do código fonte e documentación da plataforma de contidos dixitais educativos Agrega. O acordo permitirá a Janet probar os desenvolvementos da plataforma española no seu propio sistema, e ademais contará co asesoramento de expertos españois. Deste xeito, ábrese unha sólida vía de colaboración entre os dous países punteiros no ámbito das TIC aplicadas á educación.

    O proxecto, que está baseado en código aberto e conta con tradución ao galego da documentación, será aloxado pola forxa de Cenatic (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en Fontes Abertas), facilitando o traballo colaborativo no desenvolvemento deste. Así, estará accesíbel e así  tanto a plataforma de Agrega coma  a documentación asociada para o seu desenvolvemento.

     

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas