2.93
344 Coincidindo coa presentación do Plan de Software Libre para o ano 2013 o pasado luns 8 de abril, o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OISMGA) publicou os informes sobre o nivel de implantación do “Software Libre nas pequenas e medianas empresas de Galicia” e do “Software Libre nas empresas informáticas de Galicia” correspondentes ao ano 2012.
Un dos principais obxectivos desta análise ademais de comprobar a evolución da oferta e da demanda de solucións libres nas empresas de Galicia, é detectar cales son as necesidades das empresas neste eido a fin de aliñar as actuacións que a administración pública inclúe no Plan de acción en materia de Software Libre dirixidas ao ámbito empresarial co obxectivo de incrementar a eficiencia e produtividade do sector grazas ás TIC e particularmente ao Software Libre.
Uso do software libre nas empresas galegas
Os resultados obtidos nos estudos demostran que a tendencia no uso do software libre continúa a ser moi positiva tanto nas empresas informáticas como nas do resto de sectores produtivos.

Un 82% das empresas informáticas de Galicia utiliza solucións tecnolóxicas libres nos seus equipos. Un 73,9% das empresas do resto de sectores produtivos, de 10 a 249 empregados, que non son persoas físicas, empregan Software Libre o que supón que o grao de penetración nestas empresas alcanza xa un nivel case parello ao das empresas informáticas.
Podemos dicir de forma global que aproximadamente oito de cada dez empresas galegas empregan Software Libre nos seus equipos.
[Ler máis]
2.33
238 A Aula TIC pemes da Universidade de Santiago infórmanos da organización dun novo curso.
Nesta ocasión impartirá un curso de Xestión da planificación de recursos empresariais, para o que se empregará o aplicativo web de software libre Dolibarr ERP.
O contido do curso inclúe a instalación e posta en marcha do aplicativo, a xestión dos clientes, dos provedores e terceiros, a administración do inventario, o tratamento do proceso comercial e a xestión financeira entre outras funcionalidades.
O curso está dirixido tanto a particulares, autónomos como pemes ou público en xeral. Terá unha orientación eminentemente práctica cunha metodoloxía de formación en liña cunha titorización por grupos tanto en tempo real, nun horario predeterminado un día á semana para a resolución de dúbidas, como en diferido a través de foros cuns tempos de respostas de menos de 48 horas.
[Ler máis]
2.5
394 O catálogo ModaTIC.gal nace co obxectivo de ofrecer unha ferramenta, única ata o momento, onde as empresas do téxtil poidan atopar solucións tecnolóxicas específicas para o seu sector así como a información relativa aos diversos actores que conforman parte do ecosistema tecnolóxico en Galicia especializado no Téxtil.
Para a elaboración desta primeira edición de ModaTIC.gal tomouse como punto de partida o MapaTIC.gal, o punto de encontro virtual da oferta e a demanda tecnolóxicas de Galicia. Ademais contouse coa colaboración das diferentes asociacións tecnolóxicas galegas, Agasol, Agestic, Cluster TIC, Eganet e Ineo, así como da plataforma tecnolóxica, Vindeira e do Clúster Téxtil Moda.
Esta primeira edición inclúe 40 empresas TIC e 5 axentes de innovación que ofrecen en conxunto máis de 70 solucións e servizos tecnolóxicos.
O 25% das empresas TIC presentes neste catálogo ofrecen solucións con licenza libre, que supoñen aproximadamente o 20% das solucións totais recollidas.
[Ler máis]
1.77
393 Dende o departamento de informática do centro de estudos Athenea (academia Athenea) de Santiago de Compostela infórmannos que mañá 15 de marzo abren o prazo de inscrición para 4 cursos de formación en tecnoloxías libres, concretamente sobre GNU/Linux e desenvolvemento de aplicativos para Android.
O prezo dos cursos varía entre os 200€ e 300€ con posibilidade de pagos fraccionados. As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse nos cursos deben contactar co centro de estudos Athenea sito na Rúa Nova de Abaixo, 22. 1º, Santiago de Compostela a través do enderezo athenea @ galicia . com ou nos teléfonos 981 557 367 e 659 109 520.
Curso básico GNU/Linux. Curso de 60 horas de duración, dirixido a todo tipo de usuarios. O curso ten por obxectivo introducir aos novos usuarios no uso de sistemas GNU/Linux a través de varias distribucións (Ubuntu, OpenSuse). Comezará o 8 de abril e formaranse 2 grupos dun máximo de 15 persoas.
[Ler máis]
1.29
313 A empresa 3.14 Financial Contents busca un enxeñeiro informático para incorporación inmediata á súa plantilla.
A persoa seleccionada traballará en proxectos internacionais de e-business integrándose dentro dun equipo novo e con clara orientación á innovación. Traballará con tecnoloxías de código aberto.
Os requisitos para acceder ao posto de traballo son os seguintes:
2.3
622 A empresa Sdweb, socia de AGASOL, e ubicada en Santiago de Compostela, infórmanos que oferta un posto de traballo para incorporar un enxeñeiro técnico ou superior en Informática para realizar proxectos de desenvolvemento software. As tarefas a realizar consistirían na análise, deseño e desenvolvemento de aplicacións informáticas en diferentes tecnoloxías así como a redacción de documentación funcional e técnica.
Requírese unha persoa seria e profesional, con moitas ganas aprender, e medrar profesionalmente. Requírese titulados en Enxeñería Técnica ou Superior en Informática ou en disposición de obter o título en breve. Non é imprescindible ter rematado o proxecto de fin de carreira, ofrecéndose a posibilidade de realizar o Proxecto Fin de Carreira dentro da empresa.
Valoraranse especialmente os coñecementos demostrables en xestores de contidos (Drupal, LifeRay, OpenCMS)
[Ler máis]
2.91
431 A través da lista de guls soubemos que o Centro Social Novacaixagalicia pon en marcha en Vigo un novo programa de obradoiros dirixidos a profesionais e outras persoas con inquietudes formativas. Este programa consta dunha serie de accións formativas que preténden axudar, reforzar e cubrir as necesidades específicas e especializadas de formación a profesionais, traballadores en activo ou en busca de emprego, recén licenciados e a poboación en xeral. Segundo recolle a nota de prensa da Fundación Novacaixagalicia, os centros na Coruña e Santiago sumaranse proximamente a esta oferta formativa.
Dentro deste programa, un dos bloques está adicado á formación en novas tecnoloxías, web e redes sociais, no que o software libre ten unha forte presencia: Moodle, Linux, Drupal ...
Obradoiro Moodle para docentes. Nivel básico. Obradoiro de 10 horas de duración repartidas nos martes e xoves pola tarde, de 19:15 a 21:15 horas dende o 5 ata o 19 de febreiro.
[Ler máis]
2.23
437
Dende a asociación GALPon infórmannos que un ano máis organizan en colaboración co Vicerreitorrado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo un obradoiro sobre Introdución ao Software Libre e GNU/Linux.
O obxectivo deste obradoiro é capacitar aos participantes no uso e administración básicos de sistemas operativos e aplicativos en plataformas GNU/Linux.
O obradoiro enmárcase na programación de obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2012-2013 da Universidade de Vigo. Celebrarase do 18 de febreiro ata o 17 de marzo de 2013 cunha duración de 30 horas repartidas en horario de luns a mércores de 15:00 a 17:00 horas.
O programa do obradoiro é o seguinte:
[Ler máis]
2
846 A OSL do CIXUG vén de publicar a primeira distribución de GNU/Linux adaptada para cubrir ás necesidades das tres universidades do Sistema Universitario Galego.
Como non podía ser doutro xeito, logo da excelente experiencia de anos anteriores coa adaptación de Ubuntu á Universidade de Santiago de Compostela, e sendo fieis á filosofía e espírito do software libre, de aproveitamento, colaboración, contribución de avances a proxectos existentes, ... aproveitouse tanto o modelo e infraestrutura empregada para a Ubuntu-USC como o coñecemento e experiencia previos para o desenvolvemento desta distribución de GNU/Linux das universidades galegas evitando ter que partir de cero.
O nome escollido para a distribución das universidades galegas é SO.xug, Sistema Operativo para a xestión das universidades galegas, e baséase en Ubuntu 12.04 LTS basicamente presenta unha adaptación gráfica cunha selección de paquetes base para as tres universidades galegas, como software de uso xenérico como LibreOffice, Gimp, Firefox, Thunderbird..., software de xestión de aulas empregado nas universidades, software común empregado na formación en diferentes facultades e centros, ...
[Ler máis]
1.7
628
A Aula TIC Pemes da USC oferta un curso de formación en liña de 100 horas de duración sobre Xestión de relacións cos clientes e xestión de tendas virtuais que se impartirá a partir do 15 de xaneiro de 2013, e que xa ten o prazo de inscrición aberto.
O obxectivo do curso é capacitar ao alumnado para sacar o máximo rendemento da súa empresa a través da xestión da trazabilidade, dende o control interno dos clientes ata a administración da súa propia tenda virtual. Para isto empregaranse as ferramentas Vtiger CRM, para a xestión de relacións co cliente, e Prestashop para a xestión das tendas virtuais. Ambas ferramentas distribúense con licenza libre.
[Ler máis]