Produtos
Anterior
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 me...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Outras novas

  • Abalar xa conta cunha versión accesible

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 25 de Xaneiro de 2012
    • Valoración 3.67
    • Lecturas 338

    Captura do equipo AbalarA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo, dende hai tempo, diversas actuacións en colaboración coa ONCE e Tadeg@ para mellorar a accesibilidade do equipamento distribuído aos centros, buscando unha resposta educativa válida que contemple a diversidade e respecte as necesidades de todo o alumnado. Ademais está a contar tamén coa colaboración de AGASOL, para o desenvolvemento de solucións baseadas en software libre.

    Como froito destas colaboracións, a Consellería vén de anunciar que xa está a disposición dos centros Abalar unha versión accesible para o equipamento distribuído entre o alumnado, deseñada para atender as necesidades específicas daquelas persoas con diversidade funcional.

    ABALAR accesible

    A maqueta Abalar accesible, igualmente que todo o software que se está a despregar no equipamento Abalar, está tamén integramente baseada en Software Libre.

    [Ler máis]
  • CENATIC presentou os resultados das enquisas de SFA na Administración pública e no Sector TIC

    Publicado por Mancomún
    Luns, 16 de Xaneiro de 2012
    • Valoración -
    • Lecturas 126

    Logotipo de CENATICO venres pasado, o Observatorio nacional do software de fontes abertas de CENATIC, presentou os principais resultados do Panel de Indicadores sobre Software Libre en España, no marco da Conferencia Internacional do Software Libre 2012 celebrada en Granada.

    O Panel de Indicadores é un proxecto do Observatorio de CENATIC cuxos datos se obteñen seguindo recomendacións e estándares europeos, e por tanto, supón o primeiro achegamento estatístico ao ecosistema económico do software libre aplicando estes estándares metodolóxicos, e coa colaboración do Instituto Nacional de Estatística (INE).

    Os resultados presentados en Granada corresponden a dúas enquisas elaboradas en dous ámbitos ben diferenciados: a Administración Xeral do Estado e o sector TIC.

    [Ler máis]
  • CloudPYME, proxecto para o achegamento de software libre CAD e CAE ás pemes galegas e do Norte de Portugal

    Publicado por Mancomún
    Martes, 20 de Decembro de 2011
    • Valoración 1.29
    • Lecturas 458

    Segundo información publicada polo CESGA, as pemes manufactureiras de Galicia e norte de Portugal terán acceso á capacidade de supercomputación grazas ao proxecto CloudPYME.

    Imaxe gráfica do proxecto CloudPyme Esta iniciativa liderada polo CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP permitirá ás pemes dos sectores metalúrxicos e metalomecánicos mellorar a súa competitividade internacional coa inclusión nos seus procesos de software libre CAD, CAE e simulación. O obxectivo do proxecto é deseñar, crear e probar unha infraestrutura sustentable de asistencia ás pemes do sector manufactureiro do sur de Galicia e norte de Portugal, para impulsar a innovación a través do uso de tecnoloxías avanzadas de deseño, enxeñaría e simulación por computador.

    CloudPYME axudará ás empresas galegas e do Norte de Portugal a ter acceso a ferramentas que realmente poidan impulsar a innovación nos seus procesos e produtos. O fin último do proxecto é dotar ás empresas do coñecemento; facilitarlles o acceso a ferramentas de simulación sen custo de licenza que lles permitan mellorar os seus produtos con maior eficiencia e eficacia, a menor custo e nun tempo reducido; e proporcionarlles unha plataforma de soporte para a súa utilización.

    [Ler máis]
  • Estudo da valoración do software libre na sociedade no ano 2011

    Publicado por Mancomún
    Luns, 19 de Decembro de 2011
    • Valoración 2.67
    • Lecturas 243

    Portada do Informe de Valoración do sofware libre na sociedade do 2011PortalProgramas vén de publicar, un ano máis, o Informe de Valoración do software libre 2011. Para a súa elaboración enquisou a máis de 2.100 usuarios procedentes de 17 países de fala hispana para coñecer a súa opinión respecto do software libre. O informe mostra o grao de información, uso e confianza que os usuarios teñen no software libre e na ideoloxía que este promove.

    Este ano, ademais, contou como novidade coa colaboración dun grupo de expertos que tratan temas de actualidade sobre software libre. É unha gran oportunidade para coñecer máis a fondo este mundo e visualizar o software libre desde outros puntos de vista da man de expertos no sector.

    Segundo recolle o resume deste informe publicado por PortalProgramas a pasada semana, as principais conclusións tiradas do estudo son as seguintes:

    [Ler máis]
  • III Xornadas de software libre e GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Luns, 21 de Novembro de 2011
    • Valoración 1.89
    • Lecturas 316

    Cartel das III Xornadas de SwL e GNU/LinuxA OSL da UDC organiza para os vindeiros días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro de 2011 de 17:00 a 20:00 horas as III Xornadas de Software Libre e GNU/Linux dirixidas fundamentalmente aos alumnos noveis da Facultade de Informática ou doutras carreiras técnicas. As xornadas terán lugar na Aula 0.Master na planta baixa da Facultade de Informática situada no Campus de Elviña.

    O obxectivo das xornadas é ofrecer aos asistentes un enfoque xeral e práctico sobre o software libre, centrándose especialmente nos sistemas GNU/Linux (instalación, configuración e administración) e en aplicativos informáticos libres e multiplataforma. Están destinadas ao público xeral, sen moita experiencia no tema.

    Os asistentes recibirán o primeiro día unha introdución aos sistemas GNU/Linux en xeral, adicando os seguintes días a aprender dun xeito práctico a instalar Ubuntu no seu computador así como a obter e instalar calquera dos miles de aplicativos dispoñibles para o novo sistema. O programa completo é o seguinte:

    [Ler máis]
  • Xornadas técnicas de Software Libre na UDC

    Publicado por Mancomún
    Luns, 14 de Novembro de 2011
    • Valoración 2.33
    • Lecturas 431

    Cartel das Xornadas Técnicas de Software LibreA OSL da UDC organiza para os vindeiros días 21 a 25 de novembro de 16:30 a 20:30 unhas Xornadas Técnicas de Software Libre dirixidas fundamentalmente ao alumnado da Facultade de Informática das distintas titulacións así como outras carreiras técnicas.

    O obxectivo das xornadas é formar aos asistentes nunha serie de ferramentas libres moi presentes na actualidade, ofrecendo formación especializada de cada unha delas ao mesmo tempo que difundir o coñecemento e o uso do software libre. As ferramentas coas cales se traballará nestas xornadas serán Python, Django, Android, GStreamer, LXC, Erlang, Haskell, Asterisk e LaTeX.

    As xornadas terán lugar na Aula Libre da UDC, sita no Edificio Servizos Centrais de Investigación Andar -3 Campus de Elviña

    [Ler máis]
  • II MiniNo DevConf en Vigo

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 2 de Novembro de 2011
    • Valoración 1.9
    • Lecturas 295

    MiniNo DevConfO equipo de coordinación do desenvolvemento de GALPon MiniNo convoca a II MiniNo DevConf para o vindeiro día 5 de novembro en Vigo. O obxectivo desta reunión de desenvolvedores e colaboradores do proxecto MiniNo é analizar a proposta de obxectivos definida para a próxima versión 2.0 da distro GALPon MiniNo.

    GALPon MiniNo é unha distribución GNU/Linux que en palabras dos seus desenvolvedores: “non pretende ser unha solución ultra rápida para equipos de última xeración, senón que busca ser razoablemente útil en computadores moi antigos e con baixos recursos”. Aínda que as actuais versións de MiniNo cobren este obxectivo, o equipo de desenvolvemento quere poñerse mans á obra cunha nova versión na que afinar certos aspectos para facela máis sinxela, usable e fácil de manter.

    [Ler máis]
  • Curso de sistemas de clonación Clonezilla para os TEI da USC

    Publicado por Mancomún
    Martes, 25 de Outubro de 2011
    • Valoración 2
    • Lecturas 208

    Máis de 30 técnicos da USC estanse formando no uso de sistemas de clonación con Clonezilla para mellorar a súa capacitación á hora de realizar as implantacións de arranque dual que a Oficina de Software Libre da USC está a dirixir en coordinación coa Área TIC da USC.

    Asistentes ao curso de Clonezilla , edición Santiago

    O plan de actuación da OSL para o fomento e difusión do software libre na comunidade universitaria ten como elemento vertebrador a distribución Ubuntu-USC. A través desta distribución, adaptada ás necesidades dos distintos colectivos da USC, a OSL está a crear os alicerces para acadar un despregue efectivo e real do software libre na USC.Nunha primeira fase do plan de implantación a medio prazo, estanse acometendo implantacións de arranque dual nas aulas de informática dos distintos centros, en estreita colaboración coa Área TIC da USC.

    Un paso sen dúbida imprescindible para o éxito deste proceso é a adecuada formación aos técnicos informáticos da Área TIC para que adquiran os coñecementos necesarios tanto para xestionar e ofrecer asistencia á distribución de GNU/Linux como para realizar as implantacións de arranque dual.

    [Ler máis]
  • Novo éxito de valoración dos cursos de verán da OSL da USC

    Publicado por Mancomún
    Luns, 24 de Outubro de 2011
    • Valoración 2.58
    • Lecturas 231

    Logotipo da OSL da USCDende a OSL da USC achégannos os datos de valoración do último dos seus cursos da Universidade de Verán que como colofón da súa acción formativa estival ten tamén unha valoración extraordinaria.

    O curso de Deseño e autoedición con Software Libre: logotipos, revistas e retoque fotográfico tivo moi boa acollida de público pois do total de 50 prazas dispoñibles matriculáronse 48 persoas, das que finalmente só puideron asistir 43 con regularidade.

    De igual xeito que aconteceu co curso Aprende traducindo, destaca a alta participación feminina neste curso acadando un 50% de mulleres entre o alumnado. En canto á procedencia dos asistentes maioritariamente eran estudantes da USC residentes no contorno de Santiago de Compostela.

    [Ler máis]
  • Xornadas de empresa e software libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 14 de Outubro de 2011
    • Valoración 2.44
    • Lecturas 299

    Cartel das Xornadas de empresa e Software LibreA OSL da UDC organiza para os vindeiros días 8 e 9 de novembro unhas Xornadas de Empresa e Software Libre en colaboración con Agasol, Igalia, Corunet, Icarto, Imatia, Quobis, Tagen Ata e Redegal. As xornadas terán lugar na aula de grados da Facultade de Informática da UDC.

    Estas xornadas están especialmente dirixidas aos futuros profesionais das TIC da nosa comunidade, aínda que están abertas á participación do público en xeral. O obxectivo das xornadas é amosar aos asistentes que o software libre é unha aposta de calidade á hora de afrontar un proxecto empresarial.

    A través das presentacións a cargo de AGASOL, como Asociación de Empresas de Software Libre de Galicia e dos casos de éxito de 7 empresas galegas que incorporan o software libre no seu modelo de negocio, os asistentes poderán obter información de primeira man de como o software libre permite xerar emprego cualificado e de calidade nas empresas galegas, como contribúe á internacionalización e convencelos de que é unha excelente opción para os novos emprendedores e un importante elemento de diferenciación para as empresas xa establecidas.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas