3.67
43
O Observatorio galego de Software Libre acaba de publicar o resumo sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre, correspondente ao período maio-xullo, feito pola Universidade de Santiago. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre publicado en maio.
O documento, que está baixo licenza Creative Commons, resume a situación do Software Libre no ámbito da observación tecnolóxica nos últimos tres meses, tanto a nivel estatal como internacional. O Observatorio publicará os seguintes resumos trimestralmente.
2.4
55 Xa se coñecen cales serán os premios para os gañadores do I Concurso universitario de Software Libre. Serán catro premios de 1000 euros para os proxectos gañadores en cada unha das 4 categorías e catro premios de 400 euros para os finalistas.
1
56 O "Ministerio de Industria, Turismo y Comercio " porá en marcha o "Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las Tecnologías de la Información y Comunicación basadas en fuentes abiertas" (CENATIC).
O CENATIC terá a súa sede en Almendralejo, e ten como obxectivo o de promover o coñecemento das tecnoloxías baseadas en Software Libre...
[Ler máis]
2.33
47 O Venres 28 a Junta de Extremadura anunciou publicamente na súa web o que xa viña sendo publicado durante toda a semana en diversos medios na Internet: a súa migración cara a suites ofimáticas libres que soporten nativamente o formato estándar OpenDocument.
1.5
61
[[Google]] lanza o seu propio servizo de aloxamento de Software Libre . Este novo servizo do xigante Google foi presentado na OSCON'06 (O'Reilly Open Source Convention) por Greg Stein, enxeñeiro de Google e o presidente da Apache Foundation .
Este servizo permite a creación dun proxecto en menos dun minuto. Destácase o uso de Subversion, as licenzas permitidas na alta dun novo proxecto e o sistema de notificación e control de erros.
3
57 Google vén de se unir á ODF Alliance.
Google, propietaria do procesador online writely xa ofrece soporte ao formato odf. A recente folla de cálculo online, lanzada por Google hai un par de meses, aínda non da soporte a este formato, pero logo desta unión á alianza, semella que Google vai apostar polo estándar odf.
[Ler máis]
-
44
As autoridades de Gronigen, cidade Holandesa, decidiron non renovar o seu contrato con Microsoft para o uso da suite ofimática MS Office. En troques, van optar polo uso de OpenOffice coma suite ofimática xa que esta permite traballar co formato 'OpenDocument', o que lle está facendo gañar moito peso no seu uso nas administracións públicas debido á súa natureza OpenSource e ao uso de estándares.
3
67 Os luns e mércores do mes de agosto, ao serán, celebraranse a partires das 21:15 unha serie de relatorios-conferencia no Salón de Actos da Casa de Cultura de [[Rianxo]].
Son relatorios básicos, dirixidos ao público en xeral; é dicir, non fai falla ter coñecemento algún, e que axudarán a entender un pouco en que consiste o Software Libre, coñecer alternativas aos programas máis usados...
[Ler máis]
2.5
68 O pasado 19 de xullo o coordinador da Rede de Cooperación Internacional polo Software Libre, Marcelo Branco, reuniuse con Tricas Lamana, responsable do proxecto PISTA-local. A xuntanza tivo como resultado a apertura dunha colaboración permanente entre os dous proxectos. Participaron tamén na reunión, que aconteceu na sede do Concello de Lleida, o Sr. Josep Clotet, Xerente do Institut Municipal d'Informàtica (IMI) do Concello de Lleida e Andreu Ibàñez da asociación Hispalinux.
1.25
71 O paquete ofimático OpenOffice.org ten a posibilidade de engadir novas funcións a través de extensións, ao estilo do navegador [[Firefox]]. Aínda que todavía non hai moitas, unha delas, moi interesante, é a da [[Wikipedia]]. Esta extensión integra unha pequena barra de ferramentas para facer buscas en diferentes enciclopedias, entre elas a galipedia, mentres se está a editar un texto.