-
20 Adxudicáronse 1.600 millóns de euros a través do VI Programa Marco (VIPM) para o Observatorio de Calidade do Software para o Software de fonte aberta (SQO-OSS). O custo total do proxecto estímase nuns 2.470 millóns de euros.
SQO-OSS desenvolverá un conxunto de ferramentas de avaliación de software coas que se poderá analizar e comparar a calidade do código fonte e probar a súa idoneidade para o seu despregue empresarial...
2
47
O Parlamento Europeo aprobou con varias enmendas unha resolución pola que admite a trámite a proposta de adhesión dos estados membros á EPLA (European Patent Litigation Agreement). Isto implicaría que os estados membros que se adherisen á EPLA delegarían a resolución dos seus litixios nun Tribunal Europeo controlado pola Oficina Europea de Patentes (EPO).
Deste xeito as PEME terían poucas posibilidades da afrontar custosos litixios e as decisións sobre a patentabilidade do software escaparían do control democrático.
Máis información: Mesa Galega a Prol da Innovación
[Ler máis]
1
51 O conselleiro de Innovación e Industria e o reitor da UDC asinaron onte un convenio para a realización de actuacións conxuntas no eido do Software Libre e tamén un protocolo de colaboración para por en marcha un viveiro de empresas no Parque Tecnolóxico do campus coruñés... | |
1
49
A Comisión Europea vai crear un portal para o sector público do vello continente que almacene e comparta código aberto e aplicacións libres. O Repositorio Open Source Observatory and Repository (OSOR) será desenvolvido e administrado por un consorcio dirixido pola empresa Unisys.
[Ler máis]
2.4
58 A Consellería de Innovación e Industria publica no Diario Oficial de Galicia do día 13 de outubro a convocatoria do concurso para a creación dun portal de servizos e promoción do comercio exterior.
Este portal terá que ter coma software de base un sistema operativo Linux, un xestor de bases de datos PostgreSQL e un servidor web Apache, ademais doutras esixencias técnicas de carácter aberto.
O concurso está valorado en 210.000 euros e o prazo de entrega de propostas remata o día 29 de outubro.
Máis información: D.O.G. , esixencias administrativas , esixencias técnicas
[Ler máis]
2.2
55 Actualmente, o OpenOffice.org conta cun corrector ortográfico para o galego que recoñece máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.
A Consellería de Innovación e Industria vén de publicar un concurso para a elaboración dun corrector gramatical para o galego, de código aberto e adaptado ao OpenOffice.org. O texto completo da resolución está publicado no Diario Oficial de Galicia do venres 13 de outubro do 2006.
1.5
45
A Xunta de Extremadura dá un paso máis no seu pulo no Software Libre e decide incluír no temario das oposicións públicas o paquete ofimático OpenOffice.org. Esta ferramenta ten soporte 100% para o estándar Open Document Format ([[ODF]]) aprobado pola ISO con número 26300.
-
36 O labor dos voluntarios que empregaron o entrans para traducir a versión candidata ou release do OpenOffice.org 2.0.4 logrou que xa estea en galego o 100% da interface. Desde mancomun.org agradecemos de xeito especial o entusiasmo co que foi acollida esta iniciativa. Gracias a vós poderemos ter en pouco tempo a nova versión oficial do OpenOffice.org en canto sexa definitiva.
Pero aínda queda moito por facer. A localización das cadeas correspondentes ao novo contido da axuda está pendente. Cómpre lembrar que o galego é un dos poucos idiomas no mundo que dispoñen dunha axuda totalmente traducida.
Ir ao entrans .
[Ler máis]
2.33
65 Acabamos de poñer en marcha un novo servizo na web de mancomun.org ao cal se pode acceder a través da seguinte ligazón web:
http://www.mancomun.org/entrans
Con este novo servizo queremos implicar á maior cantidade de xente posible a que colabore na tradución de Software Libre, e para iso empezamos, poñendo á vosa disposición, as cadeas que quedan por traducir ao galego da próxima versión do OpenOffice. Unha vez teñamos estes ficheiros traducidos poderemos sacar a próxima versión do OpenOffice en galego gracias á vosa colaboración...
[Ler máis]
1
38 O vicepresidente da Junta de Extremadura, Ignacio Sánchez Amor, anunciou o 6 venres de Outubro xunto ao conselleiro de Cultura, Francisco Muñoz, que a Administración rexional enviará ao Goberno central un proxecto de lei para regular o dereito dos artistas a acollerse a licenzas "copyleft", nas que o autor decide o uso, transformación e difusión das súas obras fóra das normas establecidas polas entidades xestoras de dereitos de autor.
Deste xeito, ofrecerase aos autores extremeños esta alternativa pero non significa "ir en contra de ninguén", senón apostar por unha "forma de creación libre".