RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • CARTOMOD, a primeira ferramenta andaluza de edición cartográfica por web baseada en software libr

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 16 de Maio de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 20

    A Axencia Andaluza da Enerxía, en colaboración coa Dirección Xeral de Innovación e Administracións Públicas, dependente da Consellería de Innovación, Ciencia e Empresa, desenvolveu unha solución baseada en estándares abertos e en software libre que permite a edición cartográfica de liñas e de polígonos a través do web, empregando a referida ferramenta baseada no estándar WFS/T. Así, a axencia facilítalles aos usuarios a forma de realizar, actualizar e manter a cartografía base que se emprega no Inventario de Instalacións Enerxéticas Municipais (INVIEM),

    [Ler máis]
  • Solicitude por unha Europa libre de patentes de software

    Publicado por Mancomún
    Martes, 15 de Maio de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 13

    Esta solicitude, dirixida ao Parlamento Europeo e apoiada pola Alianza Eurolinux, ten como finalidade advertir as Autoridades Europeas dos perigros das patentes de software, sobre todo canto a innovación e competencia.

     

    Fonte:

    href="http://meneame.net/story/peticion-europa-libre-patentes-software"

    [Ler máis]
  • RedHat require a Microsoft estándares abertos

    Publicado por Mancomún
    Martes, 15 de Maio de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 12

    Aínda hai grandes empresas que seguen mantendo sobre os seus principios básicos aqueles que lles fixeron seguir o camiño correcto e que lles fixeron chegar lonxe ata o día de hoxe. RedHat é un bo exemplo xa que, no acordo entre ela e Microsoft, quere deixar claro que sempre hai que traballar sobre código aberto.

     

    Ata tal punto chegou Paul Cormier, vicepresidente executivo de RedHat, que declarou que non se asinará nada con Microsoft a non ser que se comprometa a traballar con API abertos. Así de claros son e así de xustos, por así dicilo. E é que, segundo a sua filosofía, traballar en API pechados non é interoperabilidade, que é o que procurar ambas as empresas con este contrato.

     

    Moi valente foi RedHat que, ao manter os seus principios, hoxe en día segue sendo o espírito máis puro do software libre.

     

    Fonte:

     

    [Ler máis]
  • O OpenOffice.org 2.2 en galego xa está dispoñible no portal de Mancomun.org

    Publicado por Mancomún
    Martes, 15 de Maio de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 27

    OpenOffice.orgXa podes descargar OpenOffice.org 2.2 totalmente en galego desde o portal de Mancomun.org. Está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS (tanto para Power PC coma para Intel) na sección de descargas. Se o preferides tamén podedes descargar a imaxe ISO do CD que contén OpenOffice.org para todas as plataformas ou as versións anteriores de OpenOffice.org desde a 2.0.

     

     A 2.2, a diferencia das versións anteriores, non ten incorporado por defecto o corrector polo que teredes que descargar o ficheiro gl_ES-pack.zip desde o portal de Mancomun.org. Despois poderase agregar o dicionario na opción Ficheiro>Asistentes>Instalar novos dicionarios. O  novo dicionario incorpora melloras implementadas polo equipo de Mancomun.org.

    [Ler máis]
  • Libremeeting 2007

    Publicado por Mancomún
    Martes, 15 de Maio de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 24

    O xoves e o venres pasados tiveron lugar as primeiras xornadas Libremeeting nunha residencia universitaria da serra madrileña. Organizáronse diversos obradoiros e conferencias que se centraban na reflexión arredor do concepto libre nos diferentes ámbitos, desde a programación á arte. A asistencia reduciuse a un terzo da xente preinscrita. Contouse coa presenza de Richard Stallman e de Susan George, presidenta do Observatorio da Mundialización, filósofa e analista política (tamén vicepresidenta de ATTAC Francia).

    [Ler máis]
  • O goberno de Berlín en contra da completa migración ao Open Source

    Publicado por Mancomún
    Martes, 15 de Maio de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 11

    O goberno da cidade de Berlín rexeitou o 3 de maio o plan do Partido dos Verdes para migrar todos os ordenadores a Software Libre. O voceiro do partido, Olaf Reimann, dixo «A cidade perdeu a oportunidade para cambiar a sua área de tecnoloxías da información e fuxir da dependencia de sempre». A maioría dos lexisladores de Berlín queren continuar a actual mistura de software libre e software propietario.

    [Ler máis]
  • Axudas plans sectoriais PEME I+D

    Publicado por Mancomún
    Martes, 15 de Maio de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 176

    Convocatoria de subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.

    [Ler máis]
  • A Forxa supera o millón de visitas.

    Publicado por Mancomún
    Venres, 11 de Maio de 2007
    • Valoración 3
    • Lecturas 27

    A forxa de mancomun.org superou o millón de visitas esta semana. É o momento de reflexionar sobre o seu estado actual. Podemos destacar que actualmente ten un total de corenta e un proxectos rexistrados e noventa e un usuarios rexistrados. Entre os proxectos máis activos esta semana están gl_be_templates cunha actividade dun 100%, que é unha extensión de Typo3 que proporciona un método para realizar modelos en backend, ao facilitar a independencia da lóxica de aplicación e a presentación de datos. 

     

    [Ler máis]
  • Iniciativa para a creación dunha asociación de empresas de Software Libre galegas

    Publicado por Mancomún
    Venres, 11 de Maio de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 14

    Desde o blog de Javier Vázquez da empresa Igalia dáse a coñecer unha iniciativa para crear unha asociación de empresas de Software Libre galega que se integraría nunha plataforma estatal. A xuntanza informativa está prevista para o mércores 23 de maio a partires das 17:30, na sala de reunións da ETSE (Escola Técnica Superior de Enxeñería), no campus sur da Universidade de Santiago de Compostela.

    [Ler máis]
  • Publicados os informes trimestrais do Observatorio de Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 11 de Maio de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 13

    O Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais feito pola Universidade da Coruña e o informe da evolución da situación da tecnoloxía do Software Libre feito pola Universidade de Santiago, correspondentes ao período febreiro-abril.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas