2.5
42 Unha recente proposta na asemblea do estado de Nova Iorque propón o emprego do estándar ODF para os documentos xerados, intercambiados e preservados pola administración estatal. Deste xeito a administración melloraría en accesibilidade, capacidade de elección, interoperabilidade e independenza do provedor. Outros estados coma Texas, Conética, Florida, Minessota, Oregón e Massachusetts veñen de realizar propostas similares.
3.67
46 A través dun estudo da IDC, revélase que, grazas ao crecemento sen fin do código aberto e dos investimentos crecentes por parte de inversores e das empresas, se está a acadar que o Software Libre cobre moito valor e agárdase que, para o 2011, estea a xerar uns 6.000 millóns de dólares ao ano. Con isto demóstrase, unha vez máis, que os programas libres teñen unha calidade cando menos igual ao software privativo...
2.5
21 A Universidade de Estremadura ofrece un novo mestrado en software. O
período de preinscrición está aberto até o vindeiro 15 de xuño.
O programa docente ofrece dous itinerarios de 600 horas lectivas:
administración de sistemas abertos e desenvolvemento de software.
Existe, ao mesmo tempo, un curso máis curto de 220 horas de especialista en
ferramentas libres para a educación.
O mestrado impartirase principalmente na Escola Politécnica en Cáceres con
algúns cursos no Centro Universitario de Mérida.
Un dos atractivos principais deste mestrado é o seu baixo custo grazas ao
apoio financeiro que fai a Xunta de Estremadura: tan só 1.800? para
os itinerarios de desenvolvemento e administración e 700? para o curso
de especialista.
Fonte:
[Ler máis]
3.4
20 As bibliotecas públicas estremeñas estarán conectadas entre si cunha aplicación de xestión libre, na que se está a traballar na actualidade e que se prevé que estea en funcionamento o vindeiro ano.
Isto permitirá aforrar miles de euros anuais á Junta de Extremadura, segundo o anuncio feito hoxe en rolda de prensa polo director xeral de Promoción Cultural da Consejería de Cultura, o director de xestión da Asociación de Universidades Populares de Extremadura (Aupex) e a directora do Plan de Alfabetización Tecnológica.
[Ler máis]
3
20 Microsoft declara nun comunicado que a compañía estadounidense e a provedora de Linux Xandros acadaron un acordo de colaboración moi amplo que se basea nunha serie de compromisos tecnolóxicos, mercantís e de propiedade intelectual que crean unha vía de unión entre a comunidade usuaria de código aberto e o software privativo.
Baixo os termos do acordo, Xandros ofrecerá tecnoloxía de servidores de Microsoft e desenvolverá ferramentas de software compatibles cos sistemas de Microsoft...
3
17 BMW está a empregar Novell SuSE Linux Enterprise Server (SLED) e virtualizacións Xen nos seus centros de datos.
Segundo as declaracións do director de Solucións de Plataformas Abertas e vicepresidente de Novell, «A integración asegura que todas as pezas da solución traballarán ben en conxunto, igual que no caso do código aberto, xa que elimina os "bloqueos dos vendedores" e mellora a elección dos consumidores».
Despois dalgunhas probas no seu centro de investigación de EE UU e Alemaña, o grupo decidiu despregar un centro de datos virtual e empregar para iso SLED e Xen en Intel x86 dual-core. Segundo parece, engadirá unha flexibilidade maior ao ciclo de vida dos servidores...
[Ler máis]
-
12 O First National Bank de Suráfrica estivo a avaliar GNU/Linux; como resultado, Novell Suráfrica anunciou que chegou a un acordo co First National Bank surafricano para estandarizar os 12.000 equipos de escritorio do banco.
O cambio destes equipos a GNU/Linux é o máis significativo en África canto ao uso de tecnoloxías libres. Un responsáble de Novell declarou que a habilidade da súa empresa de ofrecer un sistema completo que sexa capaz de dar soporte despois da implantación da solución é a longo prazo e que estabelecer unha relación de confianza co FNB foi a chave para chegar a este acordo.
[Ler máis]
-
9 A Terceira Conferencia Internacional sobre os Sistemas de Código Aberto terá lugar do 11 ao 14 de xuño de 2007 en Limerick (Irlanda):
Desde á súa páxina web pode lerse:
«Desde a última década, o fenómeno do código aberto tivo un impacto global no modo en que as organizacións e as persoas individuais crean, distribúen, adquiren e usan software e servizos baseados en software. O software de código aberto enfrontouse ao saber popular e convencional da enxeñaría do software e das comunidades que fan negocios con software. O software de código aberto é un fenómeno complexo que require un coñecemento interdisciplinario sobre a súa dinámica na enxeñaría, na técnica, na economía, etc»...
-
13 Representan un 52,2% do total de individuos que coñecen este sistema operativo, seguidos das poboacións de entre 5.001 a 10.000 residentes, co 49%. Isto é o que recolle unha enquisa sobre equipamento e uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nos fogares desta autonomía, elaborado polo Observatorio Extremeño de la Sociedad de la Información. Da enquisa tamén se extraen outros datos interesantes, como que o 81,9% das conexións na rexión son liñas ADSL situando a Estremadura á cabeza da nación; tamén que existe unha cuarta parte de usuarios da rexión que non dispoñen de Internet na casa e se conectan desde centros públicos, e outros datos interesantes sobre a telefonía móbil...
-
16
O IDABC (Interoperable Delivery of European eGovernment Services to public Administrations, Businesses and Citizens) ten unha listaxe de software libre que poden empregar os gobernos para cubrir moitas das áreas da administración.
Neste caso, cómpre salientarmos as alternativas libres que existen canto á xestión de hospitais e canto aos temas que se relacionan coa saúde, cos programas como o GNUMed, Care2x, DHIS, Res Medicinae, Debian-Med e World VistA HER.
[Ler máis]