-
10 A Fundación Cenatic (Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las Tecnologías de la Información y Comunicación basadas en fuentes abiertas), promovida polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, aprobou a incorporación da Junta de Andalucía e da empresa Atos Origin, como novos membros do seu padroado. Este centro tecnolóxico ten como obxectivo converterse nun catalizador do aproveitamento das vantaxes do Software Libre.
-
15
Durante os días 15 e 21 de xullo, Birmingham (Reino Unido) converterase na sede do GUADEC (Conferencia Europea de Usuarios e de Desenvolvedores de GNOME) 2007, a reunión máis importante de desenvolvedores do contorno GNOME.
Pode consultar xa o programa preliminar das conferencias. Este ano contase, entre os patrocinadores, coa presenza da empresa iGalia, que se adica ao deseño e ao mantemento de aplicacións en Software Libre e, na actualidade, está a realizar un concurso ao mellor proxecto fin de carreira baseado en Software Libre...
[Ler máis]
-
32 Durante a vindeira Olimpíada Informática Universitaria CELL + Linux, que se celebrará no mes de setembro en Santander, tamén terá lugar o Concurso ao mellor proxecto de programación en Linux/[[CELL]]. Este concurso está dotado con tres premios das seguintes contías:
O último día do evento farase unha demostración de todos os proxectos presentados...
[Ler máis]
-
37 "Puppy Linux" é unha distribución lixeira, do tipo "Live", que se pode iniciar desde un CD, un DVD ou un dispositivo USB. Unha das características é que pode crear "pups", ou novas versións derivadas creadas polo propio usuario para algún propósito específico.
Digipup é un exemplo disto con aplicacións para xerar unha radio persoal ao posibilitar a súa creación e levala no peto nunha chave USB...
[Ler máis]
-
32 Red hat anuncia o servizo actualizado de Red Hat Command Center e
perfila o seu catálogo de capacidades de xestión de sistemas en que se
inclúe os modelos de software como servizo (SaaS) e de implantación /in-situ/
para os despregamentos.
[Ler máis]
-
15 Hispalinux é a asociación de usuarios españois de GNU/Linux. O 20 de xuño de 1.997 foi a data na que se constituíu a que hoxe é unha das asociacións referentes da liberdade tecnolóxica a nivel mundial.
O que comezou como unha forma de darlle status legal ao intento dunhas poucas persoas de axudar a dar a coñecer o sistema GNU/Linux no seu mesmo idioma a través do proxecto LuCAS (Linux en Castelán) pronto se converteu nun fervedoiro de actividades de promoción, de difusión e de creación de Software Libre...
3
19 A Linux Foundation vén de crear a Green Linux Initiative para reducir o consumo de enerxía do Software Libre. O grupo terá unha reunión en Ottawa onde desenvolverá as súas liñas mestras de actuación. Este proxecto naceu a semana pasada do Linux Foundation Collaboration Summit nas instalacións de Google en Silicon Valley.
-
14 A webEIEL 2.0 é un completo sistema de información xeográfica (XIS) en liña da Deputación da Coruña que permite consultar unha gran variedade de información como a rede viaria e de saneamento, os plans de ordenación xeral municipal, os equipamentos municipais... Está elaborado con tecnoloxías libres e esta versión 2.0 nace dunha migración desde un sistema propietario. Os encargados de levar a cabo o proxecto foron un equipo de investigación da Universidade da Coruña liderado por Nieves Rodríguez Brisaboa.
-
14 O xurado que concederá o próximo mércores o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2007 comeza mañá as súas deliberacións en Oviedo para analizar as corenta e nove candidaturas que optan ao galardón. Entre as propostas remitidas nesta XXVII edición dos premios figuran as do informático finlandés Linus Torvalds, creador do sistema operativo Linux; o biólogo mexicano Rafael Navarro González, e o Centro de Cirurxía de Mínima Invasión (CCMI), con sede en Cáceres.
Tamén son candidatos o biólogo británico Edward O. Wilson e a oncóloga Maura Rita María Massimino, ademais de James Lovelock, científico británico que lanzou a "teoría Gaia", que establece que a Terra funciona como un organismo vivo autorregulado. Ademais, optan ao premio, nunha única candidatura, o bioquímico belga Eric de Clercq, e o seu colega checo Antonin Holy polas súas descubertas para facer fronte a enfermidades virais coma a varicela e o herpes...
[Ler máis]
-
22 A Forxa de mancomun acadou hoxe a cifra dos 100 usuarios rexistrados.
<br/>
A Forxa tivo dende os seus inicios un crecemento progresivo, non demasiado rápido mais si constante e conta cunha comunidade activa dedicada a proxectos de diferente índole temática.
<br/>
Ultimamente os proxectos que máis éxito estan a ter, alén do proxecto Traducíndote, son os de xestión de vendas (TPV, xestor de hotel etc).
[Ler máis]