RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • O NCC de Madrigalejo organiza un concurso de curtametraxes baixo Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 27 de Xuño de 2007
    • Valoración 5
    • Lecturas 10

    O «Novo Centro do Coñecemento» (NCC) de Madrigalejo (Cáceres), en colaboración co concello desta localidade e a sua «Universidade Popular», organizan durante a segunda quincena de xuño unha proxección e un posterior concurso de curtametraxes co tema central «Madrigalejo, su historia y sus gentes», aínda que tamén se permite a imaxinación e a ficción nas creacións.

     

    Para a realización destas curtas, o NCC impartirá uns obradoiros, a partir do día 26 de xuño, en que se lles aprenderá ás persoas participantes manexar as aplicacións de GNU/LinEx para a edición de vídeo e tamén se amosarán as vantaxes do Software Libre como requisito imprescindible para a elaboración destes traballos...

    [Ler máis]
  • Mancomun.org participa no asesoramento técnico para a creación do Repositorio Europeo de SwL

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 27 de Xuño de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 12

    A Iniciativa Galega polo Software Libre vén de participar na reunión do Grupo de Expertos IDABC de Software Libre que tivo lugar onte en Bruxelas nas dependencias da Dirección Xeral de Informática (DIGIT) da Comisión Europea e que tivo como principal obxectivo a presentación do estudo de viabilidade do proxecto OSOR (Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre).

     

     

    Mancomun.org foi o único proxecto de Software Libre do Estado que participou neste evento de carácter interno. Isto foi posible a raíz da incorporación de Xesús Manuel Benítez Baleato ao Grupo de Expertos do IDABC despois do obradoiro do OSS IDABC en Badaxoz.

     

    [Ler máis]
  • Portal de software de Código Aberto da UNESCO

    Publicado por Mancomún
    Martes, 26 de Xuño de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 11

    A UNESCO posúe o seu propio portal dedicado ás novas tecnoloxías libres. Esta iniciativa, que levaron a cabo diferentes organismos ao longo de todo o mundo, estase a converter nun sitio cun uso cada vez máis xeneralizado.

     

    Este portal serve como referencia para atopar recursos relativos ao Software Libre e mais ao movemento tecnolóxico de código aberto.

     

    As categorías que ofrece son as seguintes: comunicacións, ferramentas de desenvolvemento, ferramentas para ensino, saúde, biblioteca dixital, sistemas operativos, ciencia e educación, ferramentas de produtividade e laboratorio virtual.

     

    Recolle, en total, 610 aplicacións cuxo ámbito máis destacado é o de ferramentas de produción, ao contar con 239 aplicacións de software.

    [Ler máis]
  • Red Hat únese a SCOPE Alliance

    Publicado por Mancomún
    Martes, 26 de Xuño de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 24

    http://www.mancomun.org/images/stories/redhat.pngRed Hat anunciou a súa unión á SCOPE Alliance, unha compañía formada no 2006 por Alcatel, Ericsson, Motorola, NEC, Nokia e Siemens, para fomentar a adopción do software de código aberto e o hardware «commodity» en contornos de soporte como alternativa ás plataformas Unix privativas.

     

    SCOPE traballa con provedores que son líderes de equipamento de rede (NEP) e soportes («carrier») de todo o mundo para definir os requirimentos de hardware e de software necesarios para as plataformas abertas en contornos de telecomunicacións de misión crítica. SCOPE está a desenvolver actualmente un perfil de requirimentos para varios compoñentes de hardware e de software.

    [Ler máis]
  • Red Hat únese a SCOPE Alliance

    Publicado por Mancomún
    Martes, 26 de Xuño de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 18

    SCOPE Alliance formouse en xaneiro de 2006 polas empresas Alcatel, Ericsson, Motorola, NEC, Nokia e Siemens para promover a adopción do software de código aberto, e o hardware commodity en entornos de grado carrier como alternativa as plataformas Unix propietarias.

    Red Hat contribuirá ao proceso de definición de requirimentos desenvolvido por SCOPE Alliance ademais serve como punto de contacto coa comunidade de desenvolvemento de código aberto para establecer unha orde de prioridades das características de grao carrier, os roadmaps e os tempos de entrega.

    No mundo das telecomunicacións o grao carrier Linux (CGL) enténdese como un conxunto de especificacións que detallan os estándares de dispoñibilidade, escalabilidade, manexabilidade e características de resposta do servizo para que se considere que Linux está listo para o uso dentro do mundo das telecomunicacións.

     

    Fonte:

    http://www.laflecha.net/canales/softlibre/noticias/red-hat-se-une-a-scope-alliance?from=rss

     

    [Ler máis]
  • A nova versión de DokuWiki en galego

    Publicado por Mancomún
    Martes, 26 de Xuño de 2007
    • Valoración 1.6
    • Lecturas 52

    DokuWikiO DokuWiki dispón dunha nova versión e conta coa súa correspondente versión en galego. A tradución galega do dokuWiki, está dispoñible na ferramenta de tradución da Ciberimandade da Fala TraduCIF actualizada á versión rc2007-05-24. DokuWiki é un wiki sinxelo, de código libre baixo licenza GPL, pensado para grupos de traballo en xeral, de doado uso e sintaxe sinxela, e non require bases de datos.

    [Ler máis]
  • A UDC xa é espello oficial de GNU/Debian

    Publicado por Mancomún
    Luns, 25 de Xuño de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 17

    Segundo a información do proxecto Debian, por fin a UDC é espello oficial da distribución de GNU/Linux Debian e como tal xa aparece nas listaxes de espellos oficiais de descarga.

    Debian GNU/Linux é unha das distribucións máis usadas, xa sexa a través doutras distribucións derivadas, como Ubuntu, ou ben a propia Debian...

    [Ler máis]
  • Programa que emprega Linex para iniciar e reforzar a lectura

    Publicado por Mancomún
    Luns, 25 de Xuño de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 14

    Inmaculada Gómez, María Isabel Vázquez e Pedro Rea, mestres do colexio público Santa Ana de Fuenlabrada de los Montes, crearon o programa interactivo «Refuerzo mi lectura con Linex» para iniciar e reforzar a lectura entre os alumnos de Infantil e Primaria.

     

    O programa pode empregarse desde un CD-ROM ou a través da rede.

     

    Entre os obxectivos que se perseguen con este traballo destacan o desenvolvemento das habilidades comunicativas orais, o coñecemento e o uso adecuado da lingua castelán, o desenvolvemento dos hábitos de esforzo, a comprensión lectora e axudar a expresarse correctamente, á vez que se empregan os computadores con Linex para acceder ao uso da linguaxe multimedia...

    [Ler máis]
  • A NASA fai libres os seus softwares de robótica

    Publicado por Mancomún
    Domingo, 24 de Xuño de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 20

    Por vez primeira, a NASA vai liberar o seu CLARAty Software, que serve para controlar brazos articulados, cámaras, desenvolvementos matemáticos e o procesamento de imaxes en 3 dimensións.

     

    CLARAty é o acrónimo de «Coupled Layer Architecture for Robotic Autonomy» (Arquitectura de Capas Encaixadas para a Autonomía Robótica). CLARAty é un «framework» integrado para a reutilización de software robótico. Define interfaces para unha funcionalidade robótica común e integra múltiples implementacións. Algúns exemplos das capacidades que posúe son a estimación, a navegación, a locomoción e máis a elaboración de planos. Para soportar múltiples algoritmos, posúe adaptacións a diferentes plataformas robóticas. O desenvolvemento de CLARAty foi orixinalmente fundado polo «Mars Technology Program».

    [Ler máis]
  • I Xornadas de Software Libre e Empresa en Bilbao

    Publicado por Mancomún
    Venres, 22 de Xuño de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 10

    Como preludio aos cursos de verán da Facultade de Enxeñaría da Universidade de Deusto, organízanse unhas Xornadas de Software libre e Empresa para o próximo 4 de xullo en Bilbao. O evento é de asistencia libre e gratuíta, contará coa colaboración de empresas como IBM, Sun, Novell, RedHat/JBoss, Telefónica I+D, ESLE (Asociación de Empresas de Software Libre de Euskadi), Irontec e CodeSyntax.

    É preciso realizar unha inscrición previa e o aforo está limitado a 120 persoas. O obxectivo principal destas xornadas é procurar un punto de encontro entre empresas que non desen o salto a usar tecnoloxías baseadas en Software Libre, empresas que si empregan ou desenvolven Software Libre e o alumnado que se acaban de licenciar na busca de novos proxectos de futuro interesantes neste campo...

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas