RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • A Oficina de SwL da USC desenvolve dous complementos para o acceso directo ás traducións de software libre en galego

    Publicado por Mancomún
    Venres, 10 de Xullo de 2009
    • Valoración 3
    • Lecturas 270

    FantasdicA Oficina de Software Libre da USC liberou hoxe dous complementos para o aplicativo Fantasdic que permiten o acceso directo aos servizos web do Corpus de Mancomún  e de Open-Tran.eu, posibilitando, mediante unha consulta, obter as traducións dos aplicativos libres máis importantes, tales como OpenOffice.org, Firefox, Gnome, KDE...

    Estes complementos resultan de especial interese para os tradutores, formadores, desenvolvedores e investigadores lingüisticos, ao fornecer unha vía sinxela e rápida para a consulta destes servizos. Pola nosa parte, dámoslle a benvida a unha ferramenta que pode axudar na optimización da calidade das traducións realizadas, así como aumentar a consistencia léxica no software de fontes abertas.

    Fantasdic é un aplicativo lexicográfico que fai posíbel a busca de palabras nunha gran variedade de dicionarios electrónicos. Este aplicativo libre foi desenvolvido inicialmente para o contorno de escritorio GNOME pero é compatíbel con outras plataformas.

    [Ler máis]
  • A Forxa de Mancomún acolle un ano máis os proxectos que concorran ao Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con SwL

    Publicado por Mancomún
    Venres, 10 de Xullo de 2009
    • Valoración 1.92
    • Lecturas 489

    O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de outubro para os estudantes das tres universidades galegas

    Igalia, empresa galega de desenvolvemento de software libre, convoca a terceira edición do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con software libre. Como en anteriores anos, o concurso premiará ao mellor traballo desenvolvido con software libre que, concorrendo como inscrito na convocatoria do galardón, tivese sido presentado como Proxecto Fin de Carreira (PFC) nalgunha escola ou facultade de Galicia durante o ano académico 2008/2009.

    Mancomún, como entidade colaboradora en representación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, habilitará a Forxa para a inscrición e publicación de todos os proxectos participantes, permanecendo estes accesíbeis á análise e estudo de calquera persoa interesada.

    Deste xeito, o Premio buscará fomentar o achegamento e coñecemento dos universitarios galegos sobre o software libre, ao tempo que promoverá o emprego de calidade baseado nas tecnoloxías da información e da comunicación.

    [Ler máis]
  • Fedora Education SIG, o proxecto educativo de Fedora

    Publicado por Mancomún
    Venres, 10 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.57
    • Lecturas 412

    Fedora Education SIGFedora anunciou o seu proxecto educativo, o Fedora Education Sig. Trátase dunha iniciativa oficial para optimizar esta distribución dirixida especialmente a mestres e alumnos. Segundo os seus creadores, “faremos isto mediante a evanxelización, construción e mantemento dun forte ecosistema de paquetes educativos na distribución de Fedora, e o apoio aos alumnos no uso destes paquetes como instrumentos para acadar os seus obxectivos curriculares”.

    Esta non é unha iniciativa nova no mundo do software libre, xa que outras distribucións coma EduBuntu de Ubuntu, DebianEdu de Debian ou OpenSUSE Education de OpenSUSE o levan facendo xa dende hai un tempo.

    [Ler máis]
  • O ciclo de vida da primeira versión de Ubuntu LTS (6.06) chega ao seu fin

    Publicado por fjrial
    Venres, 10 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 296

    Hai uns tres anos aproximadamente que Ubuntu lanzou a versión 6.06 da súa distribución de Linux, cunha característica moi especial: esa foi a primeira versión de Ubuntu con ciclo de vida de asistencia técnica longa (as coñecidas versións LTS). Estas versión caracterízanse por recibir actualizacións de seguranza e críticas durante tres anos para a versión de computadores persoais, e durante cinco anos para as versións de servidor.

    Agora mesmo, esta primeira versión LTS chega ao fin do seu ciclo de vida (exactamente, farao o día 14 deste mes). Desde ese momento, as novas de seguranza de Ubuntu non incluirán máis información ou paquetes de software actualizados para a versión 6.06 LTS de Ubuntu. A versión para servidores seguirá a recibir actualizacións ata xuño de 2011.

    Á hora de actualizar unha Ubuntu 6.06 LTS, a versión á que habería que actualizar será a versión 8.04 LTS. Podedes atopar as instrucións para a actualización (así como resolucións de problemas, etc...) na seguinte ligazón:

    https://help.ubuntu.com/community/HardyUpgrades

     

    [Ler máis]
  • EzWeb, aplicativos web híbridos

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 9 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 316

    Telefónica I+D acaba de presentar a plataforma EzWeb, unha plataforma de mashup libre, co seu código fonte liberado baixo a licenza AGPL.

    OpenEzWeb

    En EzWeb, o usuario ten unha páxina principal, onde se amosarán os trebellos que escolla. E, o máis importante, poderá conectar estes trebellos entre eles de forma visual e sinxela. Hai tamén opción de engadir trebellos, de entre a multitude deles que hai dispoñíbeis (feeds de páxinas, vídeos de youtube, dicionario da RAE, mapas...)

    Segundo podemos ler na páxina do proxecto, EzWeb é unha plataforma Web estándar e aberta que permite ao usuario construír o seu propio contorno de traballo mediante a selección, configuración, combinación e interconexión dos aplicativos dispoñíbeis, para crear novos aplicativos distribuíbeis.

    [Ler máis]
  • Cine de código aberto

    Publicado por itourinho
    Xoves, 9 de Xullo de 2009
    • Valoración 3.3
    • Lecturas 353

    Blender“Ao falar de código aberto o primeiro que nos vén á cabeza é Linux, pero o certo é que o código aberto non se reduce ao software soamente. Tamén o cinema ten aquí o seu lugar”. Son as apreciacións recollidas na revista dixital sobre ciencia e tecnoloxía, NeoTeo, nunha extensa reportaxe sobre cine de código aberto.

    O seu autor, Lisandro Pardo, explica no texto que para que unha película sexa considerada libre ou de código aberto deber cumprir varios requisitos. O primeiro deles pasa polo seu licenciamento. Son moitas as licenzas que, con máis ou menos permisibilidade, son empregadas no campo da produción cultural e artística, pero no caso que nos ocupa só son admitidas as licenzas aprobadas como Traballo Cultural Libre -algunhas das licenzas Creative Commons son commpatíbeis con esta definición. Por outra banda, tamén os materiais que foron empregados para a creación da peza audiovisual deben ter na súa totalidade este mesmo tipo de licenza.

    Segundo este primeiro requirimento, tanto a película como os materiais deben estar dispoñíbeis de forma libre e gratuíta sexa a través de descargas por Internet ou doutro medio, e calquera custo aplicábel só debe cubrir a reprodución de material, sen ningunha ganancia adicional.

    [Ler máis]
  • Dispoñíbel en galego o segundo capítulo de Ubunchu

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 9 de Xullo de 2009
    • Valoración 3.33
    • Lecturas 314

    UbunchuA Oficina de Software Libre da UDC, acaba de informar mediante a súa páxina web, que a versión en galego do segundo capítulo da banda deseñada Ubunchu xa está dispoñíbel para a comunidade.

    Mancomun.org xa dera conta recentemente da publicación deste segundo episodio de Ubunchu, pero ata o de agora non estaba dispoñíbel en galego. Novamente, grazas ao traballo de tradución da Oficina de Software Libre da UDC agora podemos gozar desta educativa banda deseñada.

    O segundo episodio deste manga, que conta as aventuras dun club de administradores de sistemas que empregan Ubuntu, leva por título “ILC con Gnomos!” e conta, nesta ocasión, como os protagonistas se poñen a aprender o emprego da interface de liña de ordes (Command Line Interface ou CLI, polas súas siglas en inglés), para o cal comparan as ordes con gnomos e os argumentos que se lle poden engadir ás ordes como as ferramentas destes.

    [Ler máis]
  • Yellow Dog Linux 6.2

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 8 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 290

    Yellow DogFixstars anunciou a dispoñibilidade inmediata de Yellow Dog Linux 6.2, a coñecida distribución enfocada cara a familia de procesadores da arquitectura Power, que contará con varias actualizacións para facela máis sinxela de instalar, máis rápida, e máis fácil de usar.

    Esta nova versión é compatíbel con:

    Nesta versión inclúese a opción de empregar o popular Xfce como escritorio mais Enlightenment DR17 segue a ser o contorno de escritorio predeterminado.

    [Ler máis]
  • Alumnos do Máster de Software Libre expoñen en Gran Canaria Desktop Summit

    Publicado por itourinho
    Mércores, 8 de Xullo de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 382

    Gran Canaria Desktop SummitA Gran Canaria Desktop Summit, que congrega este ano baixo un mesmo escenario a Guadec e a Akademy, continúa a celebrarse estes días ata o vindeiro día 11 de xullo na illa de Gran Canaria. As actividades programadas para este gran encontro, con máis de mil asistentes, conta cun amplo repertorio de seminarios e obradoiros, entre os que estará esta semana o impartido polos alumnos do Máster de Software Libre Caixanova.

    A iniciativa, financiada por Caixanova, permitiralles aos estudantes desta edición do Máster presentar na Guadec-es o traballo que foron realizando de modo colaborativo ao longo das sesións de desenvolvemento do programa formativo: “Tarefas, the small lightweight open-source task manager for GNOME” . Na súa exposición falarán tanto da arquitectura e aspectos técnicos do aplicativo como da metodoloxía seguida para organizar as sesións.

    Con esta práctica, os alumnos participarán da conferencia e coñecerán de primeira man a moitos dos gurús das comunidades de software libre.

    [Ler máis]
  • Liberada a versión final do VLC 1.0.0

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 8 de Xullo de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 267

    VLCO equipo de desenvolvemento de VideoLan anunciou recentemente o lanzamento de VLC 1.0.0, na súa versión final. Este reprodutor multimedia de código aberto, é considerado para moitas persoas usuarias, dende hai moito tempo, o mellor no seu eido.

    Ademais de ser multiplataforma, ten a característica, que a fai destacar sobre outros aplicativos similares, de que non precisa ningún códec, sendo compatíbel con todo tipo de formatos de audio e vídeo(MPEG-1, MPEG-2, MPEG-4, DivX, mp3, ogg, DVD, VCD, protocolos de streaming, etc.).

    As melloras máis sobranceiras desta versión son:

    • Ofrece novos códecs HD (Dolby Digital Plus, AES3, TrueHD, Blu-Ray Linear PC, Real Video 3 e 4, etc) , Dirac e MP3.

    • Escalado de vídeo en pantalla completa.

    • Novos controis de reprodución, que foron axustados canto á súa velocidade de resposta.

    • Streaming a través de AirTunes.

    • Compatibilidade con dispositivos MTP baixo GNU/Linux.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas