RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • A Asociación Informática das Pontes celebra a Amigus Party Verán 2009

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Xullo de 2009
    • Valoración 1.78
    • Lecturas 263

    AmigusA Asociación Informática Amigus das Pontes convoca un ano máis o tradicional maratón informático Amigus Party Verán. Esta edición 2009 reunirá entre os días 30 de xullo e 1 de agosto no Lar de Endesa das Pontes os afeccionados ao mundo da informática que desexen pasar no lugar tres días de ocio intensivo arredor dun computador.

    O programa de actividades repetirá a fórmula xa constatada como de éxito en anteriores edicións con obradoiros, campionatos de diferentes xogos, entre eles, o xogo de código aberto Nexuiz. Amigus contará para isto coa colaboración do Concello das Pontes, o Grupo de Empresas de ENDESA, Mancomún, a Consellería de Innovación e Industria, Nauta, No Ping e Nodo Dixital.

    A inscrición permanecerá aberta ata ás 12:00 horas do día anterior á celebración do encontro, o 29 de xullo, a través do seguinte formulario web.

    [Ler máis]
  • Publicado un novo libro sobre Blender

    Publicado por Mancomún
    Martes, 14 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.57
    • Lecturas 273

    O Centro de Excelencia de Software Libre de Castilla-La Mancha (CESLCAM) publicou baixo unha licenza Creative Commons (recoñecemento-non comercial-compartir igual) os contidos do libro electrónico "Fundamentos de Síntese de Imaxe 3D. Un enfoque práctico a Blender", creado por Carlos González Morcillo (formador certificado da Fundación Blender) e David Vallejo Fernández da Universidad de Castilla-La Mancha.

    Neste libro trátanse apartados fundamentais da creación de imaxe e animación por computador, empregando Blender e outras ferramentas libres.

    Os apartados dos que se compón este libro son os seguintes:

    [Ler máis]
  • AGASOL e cinco GGUL ofertarán un 20% de desconto adicional na matrícula do Máster de Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 14 de Xullo de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 342

    O Máster deu a coñecer hoxe as novidades que introducirá a súa terceira edición

    Cinco grupos galegos de usuarios de software libre: GHANDALF, GLUG, Agnix, Ousli e GALPon, e a Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) promoverán a inscrición na terceira edición do Máster en Software Libre tras o acordo estabelecido con Igalia para convertérense en colectivos con desconto. Segundo isto, os membros destas asociacións terán dereito a un 20% de desconto na matrícula do curso.

    Con esta iniciativa, e atendendo aos seus principios de promoción do software libre, estas seis agrupacións -ás que os organizadores esperan que se sumen outras- pretenden potenciar a formación de profesionais cualificados no eido do SwL co fin de consolidar unha comunidade galega forte e estábel, na que convivan os tres piares fundamentais: voluntariado, empresariado e Administración.

    Esta medida deuse a coñecer hoxe xunto coa publicación do resto de información relativa ao curso 2009/2010 do Máster de Software Libre, que organiza a empresa Igalia en colaboración coa Universidad Rey Juan Carlos. Entre as novidades introducidas con respecto á edición anterior destacan, ademais da política de descontos aos colectivos, os criterios de descontos por matriculación en xullo (10%) ou aos dous mellores expedientes (30%), entre outras consideracións.

    [Ler máis]
  • Open-PC, computadores baseados en software libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 14 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 278

    Open-PCNo recente Gran Canaria Desktop Summit, celebrado na illa de Gran Canaria e no cal se deron cita milleiros de desenvolvedores de GNOME e KDE, anunciouse a creación da iniciativa Open-PC. O fin desta iniciativa non é outro que producir un computador persoal baseado en software libre, cunha configuración completamente compatíbel asistida por controladores libres e cun conxunto de aplicativos ben probado nel.

    Este proxecto defínese como un proxecto da comunidade e para a comunidade, polo cal os responsábeis de Open-PC teñen a disposición de quen queira dar a súa opinión unha enquisa anónima no seu sitio web, que consta de oito preguntas, coas que se intenta compilar información sobre as preferencias das potenciais persoas usuarias. Preguntas que van desde que contorno gráfico de escritorio se prefire como predeterminado, ata o tamaño do disco.

    [Ler máis]
  • O Servizo Postal de Estados Unidos migra a software libre

    Publicado por itourinho
    Martes, 14 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.9
    • Lecturas 196

    USPSO servizo Postal de Estados Unidos (USPS) actualizou o seu sistema de tracking (TPS) migrando a unha nova plataforma baseada en software libre. O sistema orixinal, que contaba xa con 15 anos de antigüidade, foi actualizado co propósito de poder manexar máis transaccións e baixar os custos de operación do sistema. Así, os anteriores sistemas Cobol están sendo substituídos por plataformas Linux e outras tecnoloxías de código aberto.

    John Byrne, o xerente de desenvolvemento de aplicativos en USPS asegurou que “queremos sacar vantaxe de Linux e do código aberto, e crecer sen ter que pagar máis custos de software. Así que comezamos o noso camiño cara a Linux”.

    A migración, que comezou o verán pasado e que se concretou a principios deste ano, é parte dun plan a longo prazo para migrar todos os seus sistemas a Linux. Aínda que se atoparon algúns problemas, fóronse solucionando co apoio das distintas empresas coas que traballan na migración, principalmente IBM.

    [Ler máis]
  • Numpty Physics, xogo de simulación de física

    Publicado por fjrial
    Martes, 14 de Xullo de 2009
    • Valoración 3.5
    • Lecturas 214

    Numpty Physics é un xogo de debuxo de quebracabezas que consiste en crear bloques, ramplas, balanzas ou calquera cousa que necesites para conseguir que a bola vermella chegue ata a estrela amarela. Para iso, o xogo está dotado dun motor físico (Box2D Physics Engine) que fai que calquera forma que se debuxe, responda de forma case totalmente real, dependendo da súa forma e tamaño.

    Este xogo ben se pode considerar unha alternativa ao Crayon Physics que tamén usa o mesmo motor de físicas.

    Ademais, Numpty Physics inclúe un editor que che permite crear os teus propios niveis. O editor consta dunha paleta de cores, ademais de diversas ferramentas de trazado (para debuxo de obxectos activos, inactivos ata que non entren en contacto cun obxecto activo e decoración do escenario). Os niveis editados poden ser posteriormente gardados e mesmo enviados por correo electrónico aos desenvolvedores do proxecto.

    Para aqueles que acaben os niveis predefinidos que trae o xogo, desde a páxina do proxecto tamén se pode atopar un conxunto de novos niveis feitos polos usuarios.

    [Ler máis]
  • Galite ultima os detalles para a PartyFoz 2009

    Publicado por Mancomún
    Luns, 13 de Xullo de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 223

    PartyFoz 2009O Concello de Foz acollerá un ano máis o maratón informático PartyFoz que, organizado por Galite (Grupo Asociado pola Libre Información e Tecnoloxía) en colaboración co goberno local, se celebrará os días 14, 15 e 16 de agosto. Os interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición a partir do vindeiro mércores 15 de xullo.

    Para esta quinta edición do encontro prevese un aforo de cen persoas. Poderán participar de todas as actividades programadas para a ocasión. Entre elas os torneos de Counter Strike, Guitar Hero, Stepmanía, Pro Evolution Soccer...

    Nun aspecto máis teórico, está previsto que se impartan (á espera de confirmación) as charlas “Deseño con Inkscape”, “O Proxecto CCRadio” e “ O Proxecto Galinux”. En relación a esta última, Mancomún colaborará coa iniciativa achegando para todos os asistentes exemplares  deste sistema operativo libre e en galego, desenvolvido por Mancomún.

    [Ler máis]
  • Open TDT, os servizos da Administración dispoñíbeis a través da TDT

    Publicado por Mancomún
    Luns, 13 de Xullo de 2009
    • Valoración 5
    • Lecturas 315

    Open TDTOpen TDT é unha plataforma baseada en compoñentes de código aberto, que ten como obxectivo ofrecer un contorno de desenvolvemento de servizos ao cidadán por parte de Administracións locais mediante o uso de servizos TDT e que permitan a integración cos seus sistemas de información.

    Os servizos desta plataforma foron desenvolvidos en J2EE e os principais compoñentes que a forman son:

    • JDK v 1.5.0_11(Java Development Kit)

    • OpenCMS v 6.2.2

    • Servidor de aplicativos JBOSS 4.0.5.GA

    • MySQL v 4.1.12

    Aínda que o emprego da Internet leva medrado moito nos últimos anos, hai grandes colectivos da sociedade que non fan uso deste medio; este feito é unha traba á introdución da Administración electrónica como práctica habitual dos cidadáns.

    A televisión pola contra está presente en case todos os fogares, polo que a TDT é unha aposta de futuro para a implantación da sociedade da información e os servizos electrónicos, xa sexa en colectivos de cidadáns que non empreguen Internet, ou como medio alternativo para o acceso a certos servizos á persoa usuaria de servizos de Internet.

     

    [Ler máis]
  • Snowl: extensión de Firefox para integrar a mensaxería dentro do navegador

    Publicado por fjrial
    Luns, 13 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 233

    Snowl

    A mensaxería instantánea é unha das actividades en liña máis comúns, e unha gran variedade de contornos de escritorio e aplicativos web permiten gozar dela. Pero o incremento na variedade de protocolos e provedores, fan que cada vez sexa máis difícil poder seguir o fío de todas as conversacións.

    Por este motivo, nos laboratorios de Mozilla (Mozilla Labs) lanzaron un produto chamado Snowl, que pretende que o noso navegador web nos axude nesta tarefa.

    Snowl é o prototipo dunha extensión para firefox que integra a mensaxería dentro do navegador, baseándose nos seguintes principios:

    • Non importa de onde veñan as mensaxes, desde servidores de correo, fíos RSS/ATOM, foros de discusións, redes sociais ou outros sitios.
    • Algunhas mensaxes son máis importantes ca outras, e a mellor interface para ler as mensaxes máis activas pode que non sexa a mellor interface para a lectura casual das menos activas.
    • Unha interface baseada en buscas e máis potente e usábel que unha que primeiro che faga ordenar as mensaxes para ter que posteriormente atopalas á man.
    • Que as funcionalidades típicas do navegador á hora de xestionar o contido web, marcadores, historial, etc.. funcione correctamente á hora de navegar polas mensaxes.

    Os modos de visualización destas mensaxes son varios: un panel en árbore, unha vista en lista, orientado á lectura activa das mensaxes máis importantes, o “río de novas”, baseado no concepto da navegación casual e por último o “fluxo de novas” en forma de barra lateral para poder botarlle un ollo ás mensaxes ao mesmo que tempo que se fan outras cousas....

    [Ler máis]
  • Ferramentas educativas para contornos GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Luns, 13 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.4
    • Lecturas 641

    Podemos ler nos blogs de techrepublic.com un artigo no que se dá conta de dez aplicativos en GNU/Linux que resultan perfectos para empregar en contornos educativos. Como ben din no propio artigo, "seguro que na lista atopa cando menos un aplicativo que resulta perfecto para a súa situación".

    A lista de aplicativos, traducida, é a seguinte:

    Se é vostede un profesor, debería botarlle un ollo. É un sistema en liña que lle permite xestionar os seus cursos, e lles ofrece aos alumnos unha maneira de manterse ao tanto do que está pasando co traballo do curso. Con Atutor, pode asignar tarefas, publicat test, e máis cousas. Os estudantes poden crear contas no sistema, e os estudantes e profesores poden manterse en contacto mediante mensaxes e correos electrónicos. Pódense crear grupos de traballo para proxectos, clases, etc. Unha vez que comece a traballar con Atutor, verá que a forma de traballar estará máis organizada.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas