4
40 IBM anunciou a sua intención de expandir o seu soporte e ferramentas para a plataforma de desenvolvemento Eclipse Open Source. Dende o seu lanzamento en xuño, a última versión de Eclipse (Eclipse 3.2) foi descargada cerca dun millón e medio de veces e segundo un recente estudo do IDC, está sendo usada por máis de 2 millóns de usuarios ...
1.5
48 Munich vén de comezar finalmente a migración dos equipos de escritorio da administración pública a GNU/Linux, un ano despois do planificado e case 3 anos despois do primeiro anuncio que fixeran das súas intencións de migrar cara o Software Libre. ...
-
70
O coordinador xeral de Softcatalá, Jordi Màs, presentará o vindeiro xoves 28 de setembro o seu libro Software Libre. Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto, traducido ao galego por Daniel Romero e Ana Salgado. O acto será na Galería Sargadelos (rúa nova, 16) en Santiago de Compostela ás 20 horas. O libro, que está editado por Biblos Clube de lectores, conta co patrocinio do proxecto mancomun.org
2.33
69 O goberno do Brasil e a Xunta de Galicia empezaron a establecer as bases dun convenio de colaboración que se prevé que se firme antes de final de ano. O convenio ten como obxectivo que as dúas administracións colaboren en implementar aplicacións libres mediante grid e clúster en varios ámbitos como a radioterapia, a xestión ambiental ou en sistemas de xestión de nóminas en áreas de recursos humanos.
3.33
83 A Universida Oberta de Catalunya (UOC) poñerá en marcha este curso un proxecto piloto no que se pretende impulsar o uso do Software Libre, tanto a nivel académico como institucional. Esta iniciativa reforza a aposta da UOC polo Software Libre que xa estaba plasmada a través do seu máster en Software Libre, que está coordinado por Jordi Màs, e que ten os materiais dispoñibles baixo licenza [[Creative Commons]].
3.5
85 O Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais , correspondente ao período maio-xullo, feito pola Universidade da Coruña. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación do Software Libre no ámbito das políticas estatais e internacionais publicado en maio. ...
2
83 Dende o pasado 1 de setembro está aberto o prazo para inscribirse no Primeiro Concurso Universitario de Software Libre. Esta iniciativa pretende estimular aos estudantes universitarios para que se involucren na participación e creación de proxectos baseados en Software Libre.
3
80 A Fundación Mellon publicou os resultados dun estudo realizado nos Estados Unidos sobre o uso do Software Libre nas institucións académicas. O informe final deste estudo fai unha análise moi interesante da que se poden sacar conclusións extrapolables ao entorno europeo e nacional.
URL do estudo: http://www.ithaka.org/strategic/ooss.htm
URL do Informe: http://www.ithaka.org/strategic-services/oss/OOSS_Report_FINAL.pdf
[Ler máis]
4.5
139 O repositorio de software libre da “Junta de Andalucía” foi posto en funcionamento en febreiro de 2006 para dar cumprimento á Orde do 21 de febreiro de 2005, sobre dispoñibilidade pública dos programas informáticos da “Junta de Andalucía” e dos seus Organismos Autónomos.
Con esta iniciativa, o goberno andaluz converteuse na primeira Administración Pública española en liberar o software da súa propiedade, ben por ter sido desenvolto polo persoal ao seu servizo ou á medida mediante algún contrato subscrito ao efecto. Dende entón o repositorio recibe máis de 2500 visitas ao mes o que constitúe un gran éxito para esta iniciativa. Como dato significativo, no mes de Agosto recibiu máis de 400 visitas semanais. ...
[Ler máis]
1.33
81 A Junta de Extremadura presentará o día 31 de agosto, no evento organizado polo United Nations Institutte for Training and Research (UNITAR) e a Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD) o seu modelo de Sociedade da Información baseado no Software Libre.