2
31 A "Lei para o Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos " (LAECSP) foi aprobada o pasado 14 de xuño no Congreso dos Deputados. O texto, anteriormente coñecido como "Lei para o Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas", establece o dereito a realizar todo tipo de trámite administrativo de forma electrónica e garante que para iso sempre se poidan usar estándares abertos.
-
31
Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre, participará na OpenOffice.org Conference que terá lugar en Barcelona do día 19 ao 21 de setembro. Neste gran evento Mancomun.org exporá a súa experiencia coa coordinación da tradución de OpenOffice.org o día 21. Máis de 25.000 persoas accederon a este conxunto de aplicacións ofimáticas con interface en galego a través dos CD repartidos pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información ou a través das descargas do portal.
-
13
A tenda en liña, o sistema de manexo de contidos e de administración, agora funcionan con este xestor de código aberto de base de datos.
MySQL AB anunciou o 17 de xuño de 2007 que The Phone House Telecom, un provedor alemán de comunicación e servizos, realizou unha consolidación da súa infraestrutura de comercio electrónico, substituíndo os sistemas Oracle e Informix por MySQL.
[Ler máis]
-
25
Vendo a páxina de GALPon, vemos que a Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da súa Área de Innovación Educativa e dentro do Programa de formación permanente de profesorado, anuncia que está aberto o prazo de preinscrición no curso "Redacción de documentos científicos co procesador de textos LaTeX" que se realizará no campus de Vigo durante o mes de xuño e xullo de 2007.
Pódese consultar máis información do curso no enderezo:
http://apv.uvigo.es/redaccion_latex
-
35 O cabido de La Palma presentou o seu xeoportal web en que publica boa
parte da información territorial dispoñíbel nas distintas áreas da
corporación co obxecto de que os usuarios da rede teñan acceso
gratuíto a ela Este xeoportal é unha ferramenta creada con software
libre para a consulta da Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) do
cabido e coloca á institución da Palma como pioneira de Canarias en
construír unha páxina segundo as esixencias da directiva Inspire.
Fonte: SIG LA PALMA
2007
[Ler máis]
1.67
27 O público asistente á conferencia que impartiu a conselleira de educación, Eva María Pérez, na Semana de Extremadura en Londres, organizada polo Instituto Cervantes, amosou grande interese porque o modelo educativo estremeño, baseado no uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula e o Software Libre, poida ser exportado aos centros educativos do Reino Unido.
Durante a súa intervención, Eva María Pérez, expuxo os pilares fundamentais do sistema educativo estremeño centrándose na aposta tecnolóxica. Destacou igualmente que o éxito do modelo non so radicou na dotación dos centros educativos cun ordenador para cada dous alumnos en Secundaria e un para cada catro en Primaria, senon que a aposta fundamental foi o software libre gnuLinEx...
[Ler máis]
-
15 O Concello de Barcelona, co fin de axudar e promocionar o software libre, elaborou uns folletos publicitarios en liña que falan sobre a filosofía do código aberto e do máis interesante que ten. Tamén hai un espazo para comentar as diferentes aplicacións, como poden ser OpenOffice, Firefox, Gaim, Gimp, GNU/Linux... e nel se ensina a instalar o Ubuntu.
Estes folletos de software libre, que teñen unha licenza Creative Comons, están en catalán e pódense descargar desde a ligazón
.
Fonte:
http://www.dosbit.com/2007/06/13/el-ayuntamiento-de-barcelona-promociona-el-software-libre/
[Ler máis]
1
162
A Ciberirmandade da Fala despois de meses de traballo anuncia o lanzamento da versión oficial dos foros phpBB3 en galego. A tradución de máis de 4.500 liñas foi realizada por voluntarios. A isto hai que engadirlle o traballo feito con outros moitos textos fóra do código, a dispoñibilidade de imaxes traducidas, e todo o labor de comunicación realizado entre os programadores do proxecto e a CiberIrmandade.
-
14 Wengophone é un cliente VoIP SIP para a comunicación de son e de vídeo directamente entre dous PC que tamén ofrece chamadas a teléfonos fixos ou móbiles e o envío de mensaxes curtas a cambio duns créditos previamente mercados. A súa licenza é GNU GPL2. Ten unha interface moi amigábel e bastante parecida á de Skype.
Soporta os protocolos de mensaxaría instantánea Jabber, AIM/ICQ, Yahoo, MSN e GTalk. Ten soporte tanto para GNU/Linux como para Windows ou MacOS.
Ligazón: http://openwengo.com
[Ler máis]
1.5
19 O Consello de Goberno da Universidade de Zaragoza aprobou unha declaración institucional sobre "Software Libre e de fontes abertas" na cal defende que o uso do Software Libre achega "independencia e interoperabilidade" para o funcionamento dos sistemas de información.
A devandita universidade aposta por "fomentar e desenvolver" o Software Libre como filosofía na comunidade universitaria, xa que "responde a valores propios da institución, como son a investigación, a innovación e o traballo en colaboración". A institución académica destaca que o seu uso lle garante á Universidade "a independencia tecnolóxica fronte a terceiros", así como amplas posibilidades de colaboración e de desenvolvemento con outros axentes...
[Ler máis]