-
10 O mes de xullo contará con cando menos un evento diario relacionado co Software Libre como se pode comprobar na nosa axenda. A gran maioría dos actos de difusión que se celebran neste mes están relacionados coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información. Mancomun.org en colaboración coa Rede da DXPSI ofrecen máis de 1600 horas de formación en materias como ofimática ou navegadores web a través de ferramentas libres.
Mancomun.org rexistrou na súa axenda cerca de 50 eventos durante o 2006 mentres que tan só no 2007 rexistráronse xa máis de 40.
[Ler máis]
-
13
Mancomun.org acaba de liberar en A Forxa a ferramenta que permite facer buscas sobre corpus lingüísticos. O software está baseado no programa Xesterm construído por imaxin|software.
Mancomun.org mellorou este programa ampliando as súas funcionalidades:
- Mellora nas opcións de visualización.
- Busca por proxectos (corpus).
- Lectura de máis formatos de ficheiros de tradución.
- Inclúe opcións de accesibilidade.
- Corrección de erros arrastrados dende a anterior versión.
A licenza do software é GPL e o proxecto está aberto a calquera colaboración.
1
24 Unha asociación de empresas TIC de Berlín e Brandemburgo, SIBB , presiona ao senado da cidade-estado de Berlín para que incremente o uso dos estándares abertos e do software de código aberto nos seus sistemas TIC.
Ortwin Wohlrab, director da asociación, afirmou nunha entrevista co espazo web de novas xermano de IT Heise.de que «As compañías locais demandan que a administración da cidade empregue sistemas abertos». Xulgan que deste xeito contribuiríase a xerar proxectos TIC para a industria local, proxectos como os que xa desenvolveron con éxito para o Bundestag e a Oficina de asuntos exteriores.
[Ler máis]
-
19 Os membros do concello da cidade de París comezarán en breve a ter instalado Software Libre nos seus portátiles novos. Esta é unha das formas en que o municipio pretende promover o uso de Software Libre.
Segundo explicou o concelleiro e quen formulou a iniciativa, Jean-Christophe Frachet, no seu blogue, o concello parisino decidiu o 25 de xuño que calquera portátil novo que se mercase para fins municipais funcionase correctamente con Software Libre.
[Ler máis]
-
16
O vicepresidente de Hispalinux, Ramón Sanchez, solicitoulle a Elena Salgado, a nova ministra de Administracións Públicas, que sexa firme coa Lei de acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos como foi coa do tabaco.
Esta lei, que foi aprobada hai un mes, obriga as administracións a admitir «calquera formato electrónico que as multinacionais introduzan a base de mercadotecnia multimillonaria» en opinión de Ramón Sánchez, o que deixa «a mercede dunhas poucas empresas» a conservación da «memoria histórica dixital, que é a do noso tempo».
[Ler máis]
3.5
341
A Forxa de mancomun.org acadou a cifra de 50 proxectos; o concurso ao mellor proxecto de fin de carreira con software libre está a potenciar a creación de novos proxectos alén de axudar a que a Forxa se faga cada vez máis popular entre o estudantado e as empresas colaboradoras. Deste xeito, estase a dar un respaldo ao software libre galego e a comunidade está sendo máis activa.
Até o momento hai 7 proxectos dados de alta no concurso organizado por Igalia, un concurso que consiste na presentación e máis no desenvolvemento dun PFC que cree un novo proxecto de software libre ou ben mellore un existente. O prazo de inscrición abriuse o 31 de marzo e remata o 31 de outubro de 2007; as bases pódense consultar no web de Igalia.
[Ler máis]
4
23 PoEdit é un editor de catálogos gettext (ficheiros .po) multiplataforma. Está feito con wxWindows toolkit. Este proporciona unha maneira fácil de editar os catálogos con algunhas características como soporte de plurais, comprobación ortográfica, resaltado de cadeas dubidosas e sen traducir, resaltado de espazos en branco e edición de cabeceiras. Tamén pode empregarse para crear novos catálogos ou actualizar os existentes dende o código fonte cun simple clic.
[Ler máis]
-
15 O pasado martes 10 de xullo, o parlamento chileno aprobou, por unha ampla maioría dos seus deputados e deputadas, a posta en práctica do Software Libre na súa administración pública; amplíase, deste xeito, a listaxe de países que optan por este tipo de aplicacións tamén no novo continente.
Un dos parlamentarios declarou que ao considerar que o investimento en desenvolvemento científico no seu país é ínfimo, o uso do sistema Linux forneceralle poderosas ferramentas computacionais, practicamente a un custo cero, cunha grande vida útil, con maior seguranza, estabilidade e flexibilidade...
[Ler máis]
-
9
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, Día de Internet e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información convocou un concurso de Iniciativas para premiar aquelas que fomentasen o uso do galego e o das tecnoloxías da información resultando gañadores nesta convocatoria dúas iniciativas de Software Libre.
As iniciativas gañadoras en Software Libre foron as seguintes:
[Ler máis]
2.33
39 A provincia holandesa de Groningen está a considerar migrar a OpenOffice.org como anunciou esta pasada semana. A provincia planea non renovar a sua actual licenza para Microsoft Office, que remata o 1 de xaneiro de 2009.
Esta licenza permítelle ao goberno provincial continuar usando Microsoft Office durante tres ou catro anos, mais o desexo do goberno de Groningen é usar o diñeiro que se aforra das licenzas, sobre 50 000 euros anualmente para pagar a migración a OpenOffice.org. Groningen, ao norte dos Países Baixos, é a primeira das doce provincias holandesas en considerar o OpenOffice.org, unha paquete de aplicacións ofimáticas de código aberto.
[Ler máis]