-
14 A "Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa" está a promover o desenvolvemento da administración dixital en Andalucía a través da Orde de incentivos á innovación e modernización das administracións locais, que desde a súa posta en marcha no ano 2006 apoiou un total de 56 proxectos na provincia de Córdoba. O logro do obxectivo pasa por unha notable reorganización dos propios procedementos e dos procesos municipais, así como pola incorporación de estándares de Software Libre para o desenvolvemento de novas aplicacións co fin de evitar o actual pagamento de custosas licenzas.
A adopción do Software Libre nos sistemas da administración, segundo destacou o delegado provincial de Innovación, Andrés Luque, non só permite incorporar novas aplicacións desenvolvidas por outras entidades locais a través desta orde de incentivos sen custo ningún, senón que contribúe a concentrar os recursos locais no desenvolvemento de novos servizos innovadores para a cidadanía e a ampliación dos existentes.
[Ler máis]
2
84
Xa se pode descargar a nova versión do corrector ortográfico de galego para o OpenOffice.org. Esta nova versión é a 2.0 e inclúe un montón de melloras, entre elas cabe destacar:
O resultado como comprobaredes, é un corrector moi optimizado e que xa se pode descargar tanto desde a nosa páxina web, na sección de "Software Libre en Galego -> OpenOffice.org", como desde os repositorios oficiais de OpenOffice.org, usando a opción do menú "Ficheiro -> Asistentes -> Instalar novos dicionarios". As instrucións de instalación atópanse no Wiki e máis na páxina de descargas do OpenOffice.org.
Como sempre, poderedes enviarnos os erros que detectedes á páxina de discusión do corrector no noso Wiki, ou nos foros desta mesma web.
[Ler máis]
1
19 Finalmente, o voto de España para adoptar OOXML (Office Open XML) como estándar de ofimática pola ISO será ABSTENCIÓN. Varios países rexeitaron o OOXML pero debido ás regras de AENOR o voto final que se emitirá o próximo 2 de setembro será abstención. O resultado ten moita relevancia xa que inicialmente se contaba co voto a favor de España que é un membro principal na ISO/IEC.
Na actualidade existe xa o estándar ISO-26300 totalmente aberto e apoiado pola comunidade de Software Libre que é o ODF (Open Document Fomart).
Fonte.- softwarelivre.org e ooxml.info.
[Ler máis]
5
43
Os próximos días 26 e 27 de outubro celebrarase o BrOffice.org, un encontro que ten por obxectivo a dinamización da comunidade de desenvolvemento de OpenOffice, así como promover a integración con usuarios finais.
Durante o evento organizaranse talleres técnicos presentando o produto, as liñas de desenvolvemento, as vantaxes e desvantaxes, ademais de casos de éxito na migración. Este ano preténdese implicar a máis público, como ás comunidades galega, que estará representada por mancomun.org, e a arxentina, país veciño.
Fonte.- BrOffice.org
1
39 A Comisión Europea puntuou con un "sobresaínte" o proxecto OPERA 2 («Open PLC European Research Alliance» ou Alianza de Investigación Europea sobre PLC Aberta), cuxo obxectivo é desenvolver un estándar aberto para a nova xeración de tecnoloxía a través da rede eléctrica.
Este tipo de tecnoloxía sérvese das redes eléctricas nacionais para subministrar banda larga de baixo custe útil para unha ampla gama de aplicacións, como a educación virtual, a telefonía, os fogares intelixentes, os novos servizos intelixentes pola rede eléctrica, a televisión á carta, a seguridade e a saúde electrónica...
[Ler máis]
-
36 O maior sistema de correo electrónico educacional foi migrado a semana pasada na rexión de Carmarthenshire en Gales.
O sistema de correo proporcionará servizo de IMAP tanto en inglés como en galés a quince escolas de secundaria e 125 de primaria. Isto dá un total de 40 000 usuarios potenciais de acordo co caso de estudo. Sirius (a compañía encargada da migración) considera as capacidades bilingües unha das vantaxes do Software Libre, pois este tipo de aplicacións poden ser adaptadas para traballar en calquera idioma.
Segundo Sirius, o concello escolleu Software Libre porque é seguro, personalizable e escalable...
[Ler máis]
-
38 Segundo o informe da consultora CCID do que se fai eco The Inquirer, Linux foi o sistema operativo que máis medrou cun aumento do 31%. Superou deste xeito en taxas da crecemento a Windows e Unix que tiveron un 11,6% e un 9,6%. Os responsables do estudo afirman que este forte aumento sosterase no tempo.
[Ler máis]
3
44
Despois dun proxecto piloto, o ministerio de xustiza finlandés concluíu que lle resultaría rendible migrar a OpenOffice.org. Os gastos de capacitación e de adaptación de documentos e rutinas serían máis baixos que o estimado inicialmente, polo que a entidade aforraría 2,1 millóns de € co cambio.
O aforro está en relación á inversión requirida para conservar software de Microsoft por un período de dez anos...
-
10 Esta iniciativa pretende crear unha colaboración entre os dous grupos de desenvolvedores dos distintos continentes.
No sitio web do «FOSS Bridge EU-Vietnam» abriuse a inscrición para os desenvolvedores europeos que estivesen agardando para se unir aos desenvolvedores vietnamitas na programación de aplicacións de código aberto.
As compañías vietnamitas de desenvolvemento de aplicacións de código aberto implicadas no proxecto agardan ser capaces de colaborar cos seus homólogos no eido dos sistemas de uso gobernamental. Tamén pretenden unirse ao colectivo de desenvolvemento de proxectos en J2EE, SOA e Business Intelligence...
[Ler máis]
-
12
O Centro de Excelencia de Software Libre de Castilla-La Mancha (Ceslcam) pertencente ao Parque Científico y Tecnológico de Albacete e patrocinado pola Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha presenta o Curso ONLINE de Programación Java para informáticos con coñecementos básicos desta linguaxe de programación. Este curso en liña forma parte da actividade deste centro que serve de medio para a difusión do Software Libre na comunidade manchega.