RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • Nova sección no portal mancomun.org: Ferramentas da lingua

    Publicado por Mancomún
    Venres, 6 de Outubro de 2006
    • Valoración 2.33
    • Lecturas 47

    O portal dispón dunha nova sección con ferramentas lingüísticas de gran utilidade para realizar localizacións de Software Libre á lingua galega.  O apartado está dentro de Localización Software Libre e contén referencias a dicionarios, correctores, tradutores automáticos ou ferramentas de tradución.

    [Ler máis]
  • Un informe do goberno francés asegura que todos os seus documentos deben estar en Open Document

    Publicado por Mancomún
    Venres, 6 de Outubro de 2006
    • Valoración 3
    • Lecturas 72

    Segundo o estudo, encargado polo Primeiro Ministro francés Dominique de Villepin, todas as publicacións do seu goberno deben estar dispoñibles en OpenDocument Format ([[ODF]]). O estudo pretendía investigar o xeito de reducir a dependencia económica de Europa respecto a outras rexións, así como o desenvolvemento da industria local europea a través da utilización de estándares abertos.

     

    Fonte.- Infoworld  

    [Ler máis]
  • A Universidade da Coruña creará unha forxa que estará integrada no portal Mancomun.org

    Publicado por Mancomún
    Venres, 6 de Outubro de 2006
    • Valoración 1
    • Lecturas 64

    O Consello da Xunta ratificou o convenio entre a Consellería de Innovación e Industria para crear un marco de actuación estable coa Universidade da Coruña en materia de Software Libre. Entre os proxectos máis destacados cabe salientar a creación e mantemento dunha forxa integrada na web de Mancomun.org, un motor de busca de proxectos, seguimento dos diferentes proxectos, listas de correos para usuarios e desenvolvedores, elaboración de noticias e foros de discusión.

     

     

    [Ler máis]
  • DBE permite ás pequenas empresas crear ferramentas libres segundo as súas necesidades

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 4 de Outubro de 2006
    • Valoración 3
    • Lecturas 76

    DBE (Digital Business Ecosystem) é unha das maiores iniciativas a prol do Software Libre para as PEME na Unión Europea. É un contorno de software totalmente libre baseado en Internet e que facilita o desenvolvemento de aplicacións empresariais. Os empresarios poden definir as súas necesidades e adquirir software axeitado ás súas demandas sen ter coñecementos de programación.

     

    Esta tecnoloxía permita ás PEME contar cun software evolucionado que se adapta ás súas necesidades e integra a pequenos desenvolvedores no mercado global. Ademais supérase a dependencia dun único fornecedor. 

    [Ler máis]
  • Dispoñible o último corrector de galego na web oficial do OpenOffice.org

    Publicado por Mancomún
    Martes, 3 de Outubro de 2006
    • Valoración 1
    • Lecturas 104

    Acabamos de subir o último corrector de galego do OpenOffice.org (presentado o 27 de setembro) á web oficial dos correctores do OpenOffice.org para poder instalar o dicionario usando o asistente de instalación do OpenOffice.org.

     

    As instrucións para instalar o dicionario usando o asistente son as seguintes:

    [Ler máis]
  • Novo intento de legalizar as patentes de software a través do poder xudicial

    Publicado por Mancomún
    Luns, 2 de Outubro de 2006
    • Valoración 1
    • Lecturas 44

    Os defensores das patentes de software volven á carga e tentarán esta vez a súa lexitimación a través do poder xudicial. O próximo día 12 de outubro terá lugar unha votación no Parlamento Europeo na que se decidirá a creación dun Tribunal Europeo de Patentes. Este tribunal resolvería os litixios sobre patentes e podería darlles validez a través de litixios xudiciais, tal como acontece agora en Estados Unidos.

    [Ler máis]
  • OpenOffice.org 2.0.3 en galego para Windows e novo corrector lingüístico

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 27 de Setembro de 2006
    • Valoración 1
    • Lecturas 92

    http://www.mancomun.org/images/468-x-60.png

     

     

    "Mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre" acaba de liberar a versión 2.0.3 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios de MS-Windows. O pasado mes de agosto xa se liberara esta mesma versión para os usuarios de GNU/Linux. Este software inclúe as ferramentas máis usadas para o traballo ofimático diario (procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, un programa para facer presentacións, debuxos, etc.), así como un novo corrector ortográfico para o galego.

     

    O corrector substitúe á anterior versión alfa e inclúe, nesta versión 1.0, máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.

    [Ler máis]
  • Mobilinux 4.1: móbiles con GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Martes, 26 de Setembro de 2006
    • Valoración 3
    • Lecturas 70

    Nesta mesma web de mancomun, puidemos ler, hai varias semanas, que existen solucións para dispositivos móbiles baseados en [[GNU/Linux]] e que son unha aposta seria de futuro polas grandes compañías de telecomunicacións.

    Mobilinux é outro proxecto con este mesmo perfil e a compañía que está desenvolvendo este proxecto MontaVista Software, ten a ambición clara de facer desta distribución a máis competente de todas as existentes dentro do mercado baseado en GNU/Linux para dispositivos móbiles.

    [Ler máis]
  • Open Source nas telecomunicacións.

    Publicado por Mancomún
    Martes, 26 de Setembro de 2006
    • Valoración 1
    • Lecturas 45

    Recentes movementos próximos ao Open Source das compañías Digium e Vyatta fan especular coa introdución do Open Source dentro do mundo das telecomunicacións. ...

    [Ler máis]
  • A Corte de Casación francesa estrea sitio web baseado en Open Source

    Publicado por Mancomún
    Luns, 25 de Setembro de 2006
    • Valoración 1
    • Lecturas 44

    A Corte Francesa da Casación estreou o seu novo "website" baseado en Open Source. O sitio web foi desenvolvido en PHP. Inclúe o motor de búsqueda Lucène e basease no sistema de xestión de contidos SPIP- Agora e MySQL como sistema xestor das bases de datos. Cerca de 8000 páxinas dos arquivos das cortes foron incorporados dentro da nova estrutura. ...

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas