1
45
Acabamos de poñer a funcionar unha nova lista de distribución de correo electrónico, chamada "Ofertas de traballo relacionadas co Software Libre", coa pretensión de que esta sirva para a publicación de ofertas de emprego relacionadas co Software Libre.
E para dar exemplo, enviamos á lista a oferta de emprego publicada onte en mancomun.org para o desenvolvemento da forxa.
Para enviar unha oferta de emprego relacionada con Software Libre a esta lista hai que mandar un correo electrónico co texto da oferta á seguinte dirección de correo electrónico:
Máis información na páxina de información da lista en
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ofertas_emprego_software_libre.
1
45 O Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea convoca tres contratos de traballo de persoal informático para o desenvolvemento do convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Universidade da Coruña para a realización e mantemento dunha plataforma axeitada para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de Software Libre, así como a dinamización, investigación e soporte técnico dos correspondentes proxectos baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC...
-
49 OpenKM é un sistema de xestión documental (DMS) moi útil para aquelas PEME que necesiten organizar e compartir os seus documentos.
Este proxecto xurdiu dentro do "Programa Nacional de Tecnologías de Servicios de la Sociedad de la Información", no cal se manifesta que unha das súas liñas prioritarias é a investigación e desenvolvemento de metodoloxías, modelos e ferramentas de uso colectivo para asesoramento en TIC, que faciliten a xestión do coñecemento das PEME e que soporten a creación e a explotación cooperativa de contidos dixitais...
[Ler máis]
-
41 Mancomun.org, coma Observatorio do Software Libre en Galicia, acaba de publicar O Software Libre nas entidades de Galiza que analiza o emprego do código aberto na PEME, empresas informáticas, concellos e centros de ensino non universitario. O documento está dispoñible na sección de descargas.
O estudo indica que o Software Libre estase a desenvolver de xeito desigual segundo os diferentes ámbitos. Nas empresas informáticas o uso é maior (48%), seguido por concellos (32%), centros de ensino (20%) e a PEME non tecnolóxica (10%). Goza dunha imaxe excelente e a principal razón para non usalo é o descoñecemento. Ademais faise evidente a necesidade de actividades de difusión e formación en todos os sectores estudados.
[Ler máis]
-
61 O Pleno do Congreso dos Deputados vén de aprobar case por unanimidade (299 votos a favor, 1 en branco e unha abstención) unha proposición non de lei que insta ao goberno a promover o Software Libre entre a administración e os cidadáns.
Favorecerase deste xeito o uso de estándares abertos e o desenvolvemento de solucións libres. Entre as vantaxes salientadas polos deputados están a interoperabilidade, a adaptabilidade a todas as linguas do Estado, o aforro económico en licenzas e a racionalidade técnica e tecnolóxica.
-
62 Segundo Lourdes Muñoz, deputada do Partit dels Socialistes de Catalunya, que defende esta iniciativa no pleno do Congreso "o contido da proposición non de Lei ten como obxectivo fundamental a promoción do Software Libre e, ademais, o de garantir que as persoas, ao relacionarse coas distintas administracións públicas, non sexan discriminadas en función do software que utilicen".
5
72 O Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais, correspondente ao período agosto-outubro, feito pola Universidade da Coruña. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación do Software Libre no ámbito das políticas estatais e internacionais publicado en maio e ao segundo correspondente ao período maio-xullo.
1
81
SOLES WS 1.0 é unha distribución GNU/Linux dirixida a PC de escritorio en contornas corporativas da economía social e a usuarios con calquera nivel de experiencia tanto con computadores como con GNU/Linux. Dispoñible para procesadores [[Intel]] e [[AMD]] de 32 bits, SOLES WS 1.0 ofrece un escritorio completo, estable e intuitivo que facilita o acceso a GNU/Linux e que inclúe todas as posibilidades que calquera usuario pode demandar: ofimática, Internet, multimedia, educación, lecer, etc, xunto cos máis completos sistemas de seguridade, como unha devasa persoal, un analizador de virus de Windows e un filtro de correo lixo. En definitiva, SOLES WS 1.0 combina a robustez e estabilidade de GNU/Linux, a potencia e versatilidade de [[Debian]] e a amigabilidade e usabilidade do escritorio [[KDE]]...
1
69
A comisión Europea seleccionou un consorcio conducido por Unisys Bélgica para crear e manexar o OSOR (Open Source Observatory and Repository).
Esta iniciativa únese á iniciativa Europea IDABC-OSO (Open Source Observatory) achegando a creación dun repositorio de Software Libre con código fonte e abundate documentación sobre o uso de aplicacións, licenzas e moitas outras.
[Ler máis]
1
231 Dende hoxe contamos cunha nova sección dentro do noso apartado Software Libre na PEME. Trátase de Software Libre para a PEME onde iremos recompilando as aplicacións máis interesantes para o eido empresarial. Estarán dispoñibles para a descarga as ferramentas máis interesantes neste ámbito coa intención de solventar os problemas máis comúns das empresas: programas de contabilidade, facturación, CRM, ERP, xestión de existencias...