2.33
331
No día de onte presentouse a versión 0.5.0 do fantástico aplicativo para a tradución Virtaal.
“Virtaal” é unha palabra do idioma Afrikaans que significa “para o idioma”, pero tamén se refire á tradución. Virtaal é unha ferramenta gráfica para a tradución. Está deseñada para ser ao mesmo tempo fácil de usar e potente. Aínda que inicialmente se enfoque á tradución de software, os autores esperan facer de Virtaal un aplicativo útil para propósitos variados. Está construído sobre a potente API do Translate Toolkit.
Entre as melloras destacadas desta versión podemos atopar as seguintes:
2.4
484 Posiblemente PHPbb sexa o CMS libre para foros máis coñecido, pero hai máis opcións no software libre. Un delas é Vanilla, un sistema de foros feito en código aberto que podemos descargar e instalar no noso servidor, ou ben crear un de maneira directa e gratuíta dende Vanilla Forums.

Vanilla conta con máis de 450 complementos, como informa na súa portada, para personalizar o foro segundo as necesidades da nosa comunidade.
Ten un deseño moi harmónico e simple, co que permite unha boa usabilidade. Quizais, se o que estamos buscando é crear o noso propio foro, ben lle podemos dar unha oportunidade. Para probar o seu funcionamento ou ver como se utiliza podemos acceder ás discusións do sitio do autor e facelo dende alí.
[Ler máis]
2
475
Os amantes dos xogos de estratexia en tempo real teñen bastante variedade de xogos onde escoller no eido do software libre. Unha desas opcións é Glest, un proxecto de código aberto, con gráficos 3D, gratuíto e totalmente personalizábel. Dende Mancomún xa informáramos de versións anteriores deste xogo, pero nos últimos tempos experimentou unhas melloras importantes.
A versión actual e totalmente xogábel e inclúe partidas de un xogador conta opoñentes controlados pola CPU, e ao contrario que anteriores versións, esta xa permite partidas multixogador, tanto en rede local como a través de Internet de ata catro xogadores.
Este xogo pódese personalizar facilmente mediante ficheiros de configuración en formato XML. E dicir, poderemos definir parámetros como a vida, a maxia, a visión, as habilidades, as ordes e os modelos 3D asociados a cada unha das unidades coas que poderemos xogar.
Glest dispón de ferramentas que permiten modificar o xogo sen ter que programar nin compilar. Estas ferramentas inclúen un editor de mapas, visor de modelos G3D, exportador de 3DSMax, unidades de exemplo e titoriais.
[Ler máis]
2.2
394
Os usuarios de GNU/Linux que precisen traducir de inglés a español e viceversa poden gozar dunha alternativa libre aos múltiples aplicativos de tradución privativos, con Span-Gles. Este aplicativo, que vai xa pola súa versión 1.2, permite traducir frases enteiras en liña ou palabras soltas, grazas ao dicionario incorporado que trae.
Span-Gles ten a capacidade de aprender novas palabras e tamén pode atopar o feminino e o plural do termo que se desexe traducir. Pero sen dúbida o que realmente destaca neste aplicativo é o se sinxelo uso, xa que só con escribir ou copiar a palabra ou frase a traducir na caixa que aparece na parte inferior do aplicativo, e o resultado da tradución verase nunha caixa que hai na parte superior.
[Ler máis]
2.75
292 Os Premios ao Mellor Software Libre 2009 é unha iniciativa da páxina web PortalProgramas para recoñecer e agradecer o esforzo que a comunidade de desenvolvedores de software libre realiza para crear o software que tan útil nos resulta aos usuarios.

Esta páxina doará 500 euros ao proxecto de software libre que resulte escollido polos usuarios da páxina de entre os preto de mil aplicativos libres que optan a este premio. Para participar na escolla do software gañador, pódese votar unha vez ao día polo noso aplicativo favorito. Atoparemos un botón para votar na páxina de información de cada un dos aplicativos libres. Para atopar un aplicativo en concreto, poderemos empregar o buscador da páxina, e podemos botar unha ollada a todos os aplicativos libres dispoñíbeis navegando pola sección de software libre da páxina.
Segundo podemos ler nas bases dos premios, as votacións estarán abertas durante todo o mes de decembro, e o día 11 de xaneiro darase a coñecer o nome do proxecto gañador.
3
323
Despois dun ano de traballo presentouse a versión 2.0 da distribución GNU/Linux Musix. Esta distribución está orientada ao traballo de produción de son, á edición de vídeo e ao deseño gráfico. Ademais, é unha das poucas distribucións recoñecidas pola FSF como 100% libre de software privativo.
Esta nova versión, baseada en Debian 5.0 (Lenny), está dispoñíbel en formato de DVD vivo, con instalador, ou en formato USB, formato no que non incluirá un instalador, pero si a opción de gardar os nosos datos de xeito persistente. Musix 2.0 inclúe as seguintes melloras e novidades:
-
229
Acaba de liberarse a última versión da alternativa libre a Sing Star, Performuous 0.4. Está nova versión supón un gran avance, xa que conta con melloras moi significativas respecto ás versión anteriores.
As principais novidades son:
Para guitarra, baixo e batería:
Utilización das cancións en Frets on Fire / formato fofix
Todos os temas (incluíndo as voces) son compatíbeis
Detección automática de calquera conexión de instrumentos de Guitar Hero e Rock Band
Compatibilidade para usar un teclado como controlador de guitarra (estilo de fluxo de fondos)
Mellorada a compatibilidade hammer-on/pull-off respecto a outros xogos
O motor trata de achar a intención do xogador en lugar de escoller os acordes máis próximos
Modo multixogador para tantos xogadores como instrumentos existan
Visualización completa en 3D
-
260
A próxima versión do coñecido aplicativo de modelado 3D Blender, a 2.5, incluirá importantes cambios. Está a ser redeseñado para ofrecer unha experiencia de usuario completamente renovada.
O proxecto de deseño e desenvolvemento de Blender 2.5 inclúe as seguintes fases:
Recentemente publicouse a primeira versión alpha do que será finalmente Blender 2.5, que xa inclúe moitos dos cambios que incluirá a versión definitiva.
2.36
434 Onte chegou á nosa rolda de correo Guls unha mensaxe remitida dende o grupo de usuarios GHANDALF, no que se chamaba á comunidade á participación no proxecto de tradución ao galego do libro Producing Open Source Software, de Karl Fogel.
A páxina do proxecto que puxeron en marcha dende GHANDALF pódese atopar en producingoss.ghandalf.org
A importancia deste libro radica en que foi un dos pioneiros en tratar de explicar como xestionar un proxecto de software libre, a partir das experiencias do autor como un dos líderes do proxecto Subversion e a súa participación noutros proxectos libres.
Despois dunhas semanas de traballo poñendo todo a punto, o equipo de GHANDALF ten xa listas as ferramentas así como un pequeno equipo de traballo. Porén, calquera axuda para ter esta tradución rematada antes de fin de ano será útil e ben recibida.
[Ler máis]
2.43
192
Recentemente anunciouse a publicación da versión 8.0 do sistema operativo FreeBSD, un sistema operativo libre de tipo UNIX. Este lanzamento comeza a nova rama estábel 8, que mellora as funcionalidades de FreeBSD 7.x e ademais presenta moitas novas características.
O proxecto FreeBSD dedicou este lanzamento á memoria de Jean-Marc Zucconi (jmz) e John Birrell (jb), que faleceron en maio e novembro de 2009, respectivamente. "Jean-Marc e John foron ambos contribuidores de FreeBSD dende mediados dos anos noventa, e fixeron grandes contribucións ao sistema operativo. Botaranse en falta", aparece na nota do lanzamento.
Esta versión de FreeBSD está dispoñíbel para as arquitecturas amd64, i386, ia64, pc98, powerpc, e sparc64. Pódese instalar a partir de imaxes ISO arrancábeis ou a través da rede. Algunhas arquitecturas (actualmente amd64 e i386) tamén poden instalarse dende unha chave USB.
[Ler máis]