1.71
239
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, GPUL, continúa cos actos de celebración do décimo aniversario da Asociación para os que anuncia, nesta ocasión, a organización de catro sesións temáticas.
Versarán sobre informática gráfica; tecnoloxías e desenvolvemento web; cifraxe, privacidade e seguranza; e GNU/Linux: BSD, OpenSolaris e outros sistemas operativos libres. Os membros de GPUL convidan a calquera persoa, con coñecementos sobre estas materias, a participar das xornadas coa presentación dun relatorio antes do día 28 de xuño, seguindo os requisitos preestabelecidos.
Estes encontros celebraranse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña entre os días 21 e 22 de xullo en horario de mañá e de tarde. A asistencia será libre e gratuíta.
[Ler máis]
1
182
A Comunidade O Zulo da comarca de ferrolterra, en colaboración co Concello de Mugardos, celebra o vindeiro 27 de xuño a Sexta Edición das Xornadas de Software Libre Concello de Mugardos. Como en anos anteriores, o encontro ofrecerá un amplo programa no que terán cabida, ao longo de todo o día, charlas introdutorias ao software libre, así como obradoiros de carácter técnico.
Segundo isto, falarase de distintos sistemas operativos libres en galego, como Galinux -desenvolvido por Mancomún- ou Trisquel GNU/Linux, abordarase a cuestión das licenzas ou de temas máis prácticos como a virtualización de aplicativos, a seguridade no correo electrónico ou servidores caseiros con GNU/Linux.
A xornada dará comezo ás 10 horas no Salón de Plenos do Concello de Mugardos e prolongarase ata preto das 21 horas. Poderá acceder, de xeito libre e gratuíto, calquera persoa interesada.
[Ler máis]
1
126
Xa é antiga a asociación de gustos entre os usuarios de novas tecnoloxías e os das bandas deseñadas, pero un cabalga sobre bits mentres o outro estaba, tradicionalmente, ancorado no soporte papel. Agora, ambos camiños se cruzan.
Por iso, se estaba a buscar un lector de libros de bandas deseñadas (CBR polas súas siglas en inglés) ou un lector de arquivos destas (CBZ) que se instale de maneira doada no seu sistema operativo, Comical pode ser ese aplicativo.
Doado de usar e cun bo feixe de características, Comical manéxase mediante unha interface intuitiva creada polos desenvovedores mediante wxWidgets. Ademais é open source, polo que se pode colaborar no seu desenvolvemento.
1.71
506
A comunidade galega de software libre conta dende estes días, oficialmente, cunha nova asociación para a promoción do software libre, que pasará a integrar o colectivo de Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre (GGUL), do que participaban ata o día de hoxe un total de once agrupacións.
A nova asociación xorde co nome de GHANDALF -Ghandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss-, auspiciado pola iniciativa dos alumnos da primeira edición do Máster en Software Libre de Caixanova. Esta agrupación, de ámbito central, ten como obxectivo, segundo rezan os seus Estatutos, “colaborar na construción dunha sociedade do coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso do software e da información”.
GHANDALF rematou recentemente o proceso de constitución legal no que estaba inmerso, polo que o estado do proxecto é aínda moi incipiente. No entanto, os seus promotores informan a través da súa web de que “en datas próximas porán en marcha as primeiras actividades públicas da asociación”.
[Ler máis]
2.92
291 A tendencia actual da venda de software nas grandes compañías é ofrecer os seus produtos/servizos a través de tendas en liña, estando á vista de todos e podendo ser adquiridos de forma sinxela por calquera usuario. A última en presentar a súa tenda é Novell.
Novell pretende crear unha tenda de aplicativos de código aberto, "Open Source App Store" para atender os novos usuarios que chegan ás plataformas netbook con sistemas GNU/Linux. A idea é facilitar o cambio de mentalidade dos usuarios que comezan a usar computadores con GNU/Linux e ofrecerlles unha serie de aplicativos de código aberto dunha maneira moi sinxela. Os frutos desta estratexia esperan verse na nova versión Moblin OS de openSUSE...
[Ler máis]
2.4
349
A Oficina de Software Libre da USC organiza entre os días 27 e 31 de xullo un curso de introdución ao sistema operativo Ubuntu coa finalidade de achegar este sistema aos usuarios noveis e con coñecementos básicos que busquen unha visión de conxunto de como funciona o sistema e que queiran aprender como aproveitar mellor as súas posibilidades.
O curso abranguerá dende a instalación do sistema ata o seu uso habitual, pero tamén en ámbitos máis especializados como pode ser o eido profesional do deseño gráfico, a edición multimedia, a programación, a ofimática ou o campo dos xogos. Para isto, aprenderase a instalar e actualizar software, xestionar copias de seguridade dos datos persoais ou a manexar as funcionalidades básicas do contorno de escritorio.
Os interesados deberán matricularse antes do día 17 de xullo, segundo os procedementos estabelecidos pola USC.
[Ler máis]
2.88
485
A gran revolución que estamos a vivir no eido da Internet co fenómeno das redes sociais, xa supera o uso do correo electrónico por moito. As redes sociais serven para coñecer xente ou para atoparte con xente que xa coñeces, pero estas redes, xa sexan myspace, facebook, ou calquera das múltiples que nos podemos atopar, non garanten á persoa usuaria coincidir dunha forma realmente privada cos seus amigos, ou compartir información privada de forma segura e confidencial.
Por iso xorde a necesidade de poder crear a túa propia rede social, na que só poidas atopar xente coa que realmente queres coincidir, e que toda a información que manexes sexa realmente confidencial.
Para isto existe a posibilidade de empregar BuddyPress. Trátase dunha extensión de WordPress MU, e está formada por elementos totalmente independentes, polo que só nos permite empregar aqueles que realmente nos interesen.
[Ler máis]
3.33
397
Tanto para unha universidade, como para unha empresa ou calquera outra organización, a educación en liña vense configurando nos últimos anos como o mellor método para a difusión do coñecemento e a medición dos seus resultados.
A educación virtual permite, a través dun PC con conexión á Internet, acceder aos cursos, tarefas, exames, comunicarnos cos nosos compañeiros e titores, descargar o material das diferentes materias... Todo isto sen necesidade de asistir fisicamente ás sesións docentes e, ademais, permitindo un adaptación óptima do tempo requirido.
Para poder brindar estes servizos, a comunidade de desenvolvedores de software libre ten traballado en diversas plataformas, que permiten, eficientemente, crear unha plataforma propia de educación en liña. Presentamos, a continuación, algunhas das máis coñecidas.
[Ler máis]
2.73
307 Moito se ten falado das novas características do Firefox 3.5 que sairá en breve, mais unha das máis atractivas é a posibilidade de ver vídeos dentro do propio navegador sen a necesidade de ningún plugin adicional, usando para iso os vídeos en formato Ogg Vorbis e Theora.
Para demostrar as capacidades desta nova versión, crearon unha páxina web con HTML5 onde se poden probar as novas características de vídeo.
A páxina en cuestión é a seguinte:
Páxina web con vídeos para probar en Firefox 3.5
Recentemente, publicamos que o portal de internet de vídeos DailyMotion apoiaba esta iniciativa creando o portal http://openvideo.dailymotion.com/
2.2
382 Ao igual que a iniciativa de AUSLUSC, este curso tamén achegará as tecnoloxías libres ao programa de cursos de verán da USC
A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 20 e 24 de xullo o curso “A Revolución do Software Libre (OsRevolution 09)”. Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes a historia dos cambios que nos últimos dez anos foron revolucionando a industria da informática e a da súa relación cos usuarios destas tecnoloxías.
Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados nesta revolución, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais e filosóficos das múltiples áreas- Administracións, empresas, universidades, asociacións.
O curso está dirixido a un público xeralista, coa vontade de amosar o xeito en que o software libre afecta a toda a sociedade.
[Ler máis]