2.7
418
A raíz dos contactos estabelecidos entre Mancomún e o Centro de Investigación para a Localización (LRC) en Irlanda, a comunidade de tradutores de software libre ao galego acaba de ser convidada expresamente por membros da organización a participar na “Semana da Acción para a Información Global, AGIS 09” que terá lugar entre os días 21 e 25 de setembro na Universidade de Limerick (Irlanda). Asemade, Mancomún podería impartir algún dos relatorios previstos, de concretarse o ofrecemento realizado.
O Agis 09 ten como obxectivo reunir a centos de tradutores voluntarios, especialistas en localización e ONG de todo o mundo co propósito de afrontar os problema derivados das carencias da información global e para os que a tradución e a localización se converten en factores básicos para a súa superación. Trátase dunha iniciativa organizada conxuntamente por Tradutores sen Fronteiras e a Fundación Rosetta, e da que participa colateralmente o LRC.
[Ler máis]
1
207
A Rede de Dinamización organiza o vindeiro mes de maio no Concello de Boiro un obradoiro de “Retoque fotográfico co Gimp”.
Este obradoiro busca acadar que os asistentes sexan capaces, ao remate do programa formativo, de retocar imaxes dixitais empregando o programa libre GIMP, a través da familiarización do usuario coa interface da ferramenta.
Este obradoiro terá unha duración de oito horas, que se materializarán desde o 26 ao 29 do mes en horario de 11 a 13 horas.
[Ler máis]
1.33
331
Os sistemas de 'gaze tracking' (seguimento de mirada) son sistemas que permiten o manexo dun ordenador cos ollos, xa para mover o cursor, xa a través dunha interface adaptada.
O ITU GazeGroup é un grupo de investigación da IT University de Copenague, en Dinamarca, centrado en estudar temas como o seguimento dos ollos (eye tracking), a interacción coa mirada, e a uso da mirada para estudos de usabilidade.
As investigacións deste grupo inclúen análise, usabilidade, e creación de algoritmos para:
controlar o seguimento dos ollos e facer predicións a partir da mirada.
crear interfaces de usuario robustas, eficientes e sinxelas
facilitar a mobilidade; control de vehículos, tales como cadeiras de rodas, coa mirada
2.75
276
Despois de que as negociacións con IBM fracasaran, Oracle, nunha áxil manobra conseguiu mercar Sun, por 7400 millóns de dólares. Oracle levou a cabo a operación máis importante do momento no mundo do software xa que, dunha tacada, convertese nun xigante multidisciplinar, e establécese coma xogador clave no mundo do código aberto con produtos coma OpenOffice.org ou OpenSolaris, iniciase no negocio do hardware, a linguaxe Java, estendida amplamente no ámbito empresarial e o máis importante, incrementa moitísimo o seu peso no mercado das bases de datos, ata o punto de case monopolizalo. Xa que hai lembrar que Sun mercou fai pouco máis dun ano MySql, por uns 1000 millóns de dólares.
A Xunta Directiva de Sun aprobou a compra de forma unánime, que se fará efectiva despois do verán , despois de que os accionistas e o goberno estadounidense dean a súa aprobación.
[Ler máis]
1
231
A Oficina de Software Libre da USC (OSLUSC) continúa hoxe na Facultade de Filoloxía coa iniciativa dos puntos de información en facultades (PIF) para promover o uso do software libre entre os membros da comunidade universitaria compostelá.
Este PIF estará activo durante toda a mañá de hoxe e mais a do xoves. Como noutras ocasións repartiranse trípticos informativos, así como exemplares do Galinux, o sistema operativo libre e en galego desenvolvido por Mancomún. Asemade, os técnicos da Oficina prestarán asesoramento en materia de tecnoloxías abertas a todo aquela persoa que o solicite.
A iniciativa dos PIF púxose en marcha o pasado día 1 de abril, data dende a que a OSLUSC leva percorridas a Facultade de Ciencias da Educación,Psicoloxía, Filosofía, e, na pasada semana, a Escola Técnica Superior de Enxeñería.
[Ler máis]
2.45
335 Os técnicos da Oficina ensinarán, entre outras actividades previstas, a instalar e a configurar Galinux
A Oficina de Software Libre da UDC percorrerá dende hoxe ata comezos do vindeiro mes de xuño as distintas facultades e centros da Universidade da Coruña coa Oficina Móbil da OSL (OSLM). Esta oficina estará composta por un unha caseta de información interactiva, equipada con diverso material informático, e na que técnicos da Oficina atenderán as cuestións das persoas interesadas.
A iniciativa ten como obxectivo achegar o software libre aos membros da UDC, amosando as súas capacidades, vantaxes e posibilidades. A Oficina Móbil actuará, pois, coma unha extensión da propia OSLUDC co propósito de promover os servizos deste organismo universitario entre os usuarios finais da UDC (alumnado, profesorado e persoal laboral).
3.5
139 A Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade e a Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa organiza o vindeiro mes de maio no campus de Vigo un curso de introdución ao programa de álxebra computacional, Maxima. As clases impartiranse entre os días 4, 5 e 6 de maio en horario de 16 a 20h e o 7 de maio de 16 a 19h.
O curso “Introdución a Maxima, software libre de cálculo simbólico” está dirixido a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo dentro do programa de accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2009.
O obxectivos do seminario centraranse na aprendizaxe básica do código do aplicativo e dos seus fundamentos, pero tamén no uso xenérico do software libre.
[Ler máis]
1
196 Seguindo o traballo iniciado en Flisol 2009 Ecuador, os desenvolvedores do proxecto Trisquel GNU/Linux impartirán durante esta segunda quincena do mes de abril unha serie de conferencias e obradoiros para a promoción do seu sistema operativo, Trisquel.
Estas sesións iniciaranse esta tarde no marco do programa da novena edición das Xornadas sobre Software Libre, organizadas por GPUL, continuando, posteriormente, os días 24 e 25 de abril da man da Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) no marcos das IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.
Para completar estas actividades, o equipo de desenvolvemento de Trisquel GNU/Linux participará o día 29 deste mes nunha conferencia en Santiago de Compostela, ofrecendo unha breve introdución a Trisquel Mini -a nova edición lixeira deste sistema operativo libre- coa que dará paso ao relator Richard M. Stallman, iniciador do movemento polo Software Libre e o sistema operativo GNU, padriño do proxecto Trisquel, e presidente da Free Software Foundation.
A conferencia será na Facultade de Filosofía de Santiago, ás 10:30 horas, e leva por título "Que é o Software Libre?"
[Ler máis]
2.56
486 Presentamos a continuación a axenda de actos públicos de Richard M. Stallman durante a súa estadía en Galicia.
Día 29:
Día 30:
2.07
681 A Asociación de Software Libre de Melide (MeliSA) presentará a vindeira semana o seu portal web co propósito de incrementar o número de socios da agrupación -de recente creación- e achegar a toda a sociedade un espazo no que ir dando conta dos seus obxectivos e actividades, así como doutras cuestións relacionadas co eido do software libre. A publicación da web farase a todo rumbo cunha presentación que terá lugar o sábado 25, pero que acompañarán, durante de toda a semana, con actividades sobre das tecnoloxías de código aberto no que deron en chamar a “I Semana do Software Libre”.
A I Semana de Software Libre comezará o luns 20 ás 10:45 h no IES de Melide cunha charla introdutoria sobre software libre, impartida polo presidente da asociación, Rafael Rodríguez.
[Ler máis]