RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • Qt ábrese a contribución da comunidade

    Publicado por ifreiria
    Martes, 12 de Maio de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 245

    QtQt Software acaba de anunciar que os repositorios do código fonte de Qt, a súa biblioteca multiplataforma para desenvolver interfaces de usuario, están agora abertos ao público, co que agora os desenvolvedores de Qt poden axudar a guiar e configurar o futuro desenvolvemento de Qt, contribuíndo co seu código, traducións, exemplos ou con calquera outra achega a Qt ou a proxectos relacionados con Qt. Para facilitar e controlar as contribucións da comunidade, crearon unha web destinada a axudar a administrar as contribucións, baseada en Gitorious, un repositorio libre de Git para proxectos de código aberto. Nesta web pódese atopar unha serie de ferramentas e proxectos relacionados con Qt, coma o Qt Creator IDE, Qt Jambi ou varios proxectos de Qt Labs.

    [Ler máis]
  • Dispoñíbel o OpenOffice.org 3.1.0 en galego

    Publicado por Mancomún
    Martes, 12 de Maio de 2009
    • Valoración 2.88
    • Lecturas 828

    OOo 31 GalegoTan só uns días despois do lanzamento da versión do OpenOffice.org 3.1.0, desde Mancomún queremos presentarvos a versión en galego desta estupenda suite ofimática.

    A nova versión pode descargarse desde a páxina web oficial do OpenOffice.org en galego e tamén desde a páxina oficial de Sun en http://download.openoffice.org/other.html.

    Algunhas das novas características xa foron anunciadas hai uns días nesta mesma páxina, mais tamén queriamos recordar outras das funcionalidades máis clásicas:

    [Ler máis]
  • Premios do III Concurso Universitario de Software Libre

    Publicado por itourinho
    Martes, 12 de Maio de 2009
    • Valoración 1.8
    • Lecturas 208

    Concurso Universitario de Software LibreComo xa anunciara Mancomún, o pasado día 8 de maio de 2009 fixéronse públicos os gañadores do III Concurso Universitario de Software Libre no que foi o acto de celebración da fase final en Sevilla.

    No transcurso do encontro tiveron lugar diversos relatorios relacionados co mundo do software libre, así como as presentacións dos proxectos finalistas por parte dos seus desenvolvedores. Os gañadores foron:

    Mellor proxecto de innovación

    • Primeiro premio: eOPSOA de David Castellanos Serrano da Universidade de Castela a Mancha
      [blog][código]

    [Ler máis]
  • Novell prepara unha versión Moblin de SUSE para os netbooks

    Publicado por meixome
    Luns, 11 de Maio de 2009
    • Valoración 2.5
    • Lecturas 172

    Novell, unha das grandes empresas do SwL acaba de anunciar que está desenvolvendo unha versión de Moblin para SuSE Linux, optimizada para os coñecidísimos netbooks baseados no chip Intel Atom.

    Intel xa anunciara no pasado abril que cedía o control da súa pila,  baseada en Linux, para o dispositivo móbil sen ánimo de lucro da Linux Foundation (LF). No seu novo papel de "aloxadora" da comunidade de fonte aberta Moblin.org, o LF ofreceralle "apoio técnico" ao grupo - e, seguramente evolucionará a pila para abrirse a outras plataformas, ademais da Atom de Intel.

    [Ler máis]
  • CoreBoot lanza FlashROM 0.9

    Publicado por ifreiria
    Luns, 11 de Maio de 2009
    • Valoración 3.2
    • Lecturas 202

    CoreBootO proxecto CoreBoot lanzou recentemente FlashROM 0.9. Esta nova versión é quen de ler, borrar , reescribir e verificar os chips flash que almacenan o BIOS do sistema. Dado que FlashROM é unha utilidade multiplataforma, pódese empregar en FreeBSD, Linux, Mac OS e Solaris, que ademais conta cunha característica que a fai destacar sobre a maioría das utilidades similares, xa que permite facer a actualización do BIOS dende a liña de ordes, sen necesidade de reiniciar o PC.

    A maioría das utilidades similares ofrecidas polos fabricantes só admiten Windows e DOS, e precisan reiniciar o Pc para poder levar a cabo reescritura do BIOS. FlashROM só precisa ter acceso de superusuario ao sistema e pode executarse remotamente vía SSH.

    Outra característica importante coa que conta esta utilidade é ser compatíbel cunha gran cantidade de placas base e conxuntos de circuítos integrados (chipsets). Exactamente 157 familias de chips de flash e 75 chipsets diferentes. Ademais de ser compatíbel cunha ducia de placas base x86 non estándares.

    [Ler máis]
  • A OSL da UDC participa no Día da Ciencia na rúa o sábado 9 de maio na Coruña

    Publicado por Mancomún
    Venres, 8 de Maio de 2009
    • Valoración 1.86
    • Lecturas 294

    GalinuxA Oficina de Software Libre da UDC infórmanos:

    O sábado 9 de maio  celébrase o 14ª edición do Día da Ciencia na rúa no Parque de Santa Margarita, dende ás 11 da mañá ata as 7 da tarde. A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña estará presente no evento, promocionado, informando e difundindo o software libre entre os asistentes.

    A OSL ten programado levar varios equipos informáticos cos que se asesorará a calquera persoa que mostre interese no software libre. Faranse demostracións de uso, configuración e instalación de aplicacións e de sistemas operativos libres, entre os que se destacará Galinux, do cal se repartirán CDs e trípticos entre os visitantes ao longo do día...

    [Ler máis]
  • Concurso 2009 da comunidade de SourceForge.net

    Publicado por fjrial
    Venres, 8 de Maio de 2009
    • Valoración 2.11
    • Lecturas 472

    sourceforge 2009Outro ano máis, SourceForge.net organiza o concurso no que decidirá que proxectos libres son os mellores dentro das distintas categorías do concurso.

    Para votar aos vosos proxectos favoritos só tedes que visitar a seguinte ligazón: SourceForge.net Community Choice Awards 2009 e votalos na/s categoría/s que desexedes.

    Este ano hai novas categorías dispoñíbeis para presentar os proxectos, aparte das xa existentes noutras edicións. A listaxe completa de categorías dos premios é a seguinte:
    ...

    [Ler máis]
  • A asociación Melisa organiza un obradoiro de Joomla en Arzúa

    Publicado por Mancomún
    Venres, 8 de Maio de 2009
    • Valoración 1.2
    • Lecturas 262

    Logotipo MelisaA Asociación de Software Libre de Melide, Melisa, organiza os vindeiros días 13 e 14 de maio un obradoiro de presentación do xestor de contidos web Joomla!, que terá lugar no Centro da Rede de Dinamización de Arzúa. Joomla! é un galardoado sistema de xestión de contidos que permite construír facilmente sitios web e potentes aplicativos en liña. Joomla! tamén era o xestor de contidos que usabamos en Mancomún anteriormente e que mantemos como arquivo para consultas na ligazón http://arquivo.mancomun.org.

    O curso terá unha duración total de seis horas, que se impartirán en horario de cinco a oito da tarde en cada unha das xornadas. A asistencia será de balde e os que así o desexen poderán levar o seu portátil para seguir as indicacións prácticas dende este.

    Os interesados poden inscribirse enviando un correo á Asociación (melisa.melide @ gmail.com), ou ben chamando directamente ao Centro da Rede de Dinamización de Arzúa (981 500 447), onde se tomará nota dos datos para asistir ao obradoiro.

    [Ler máis]
  • Aumenta a presenza do software libre nas entidades de Galicia

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 7 de Maio de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 389

    O Observatorio Galego da Sociedade da Información publicou en marzo, os resultados dos Estudos de implantación do software libre en Galicia correspondentes ao ano 2008. Nesta edición avaliouse, coa colaboración de Mancomún, a implantación do Software Libre nas empresas de Galicia - cun estudo específico das empresas de informática -, nos centros de ensino e nos concellos.

    O software libre en GaliciaO estudo comparativo destes catro ámbitos pon de relevo que dende o 2006 ata agora o software libre deixou de ser unha tecnoloxía exclusiva das empresas informáticas e foise incorporando ao resto de entidades.

    Así sucede no 67,6% dos centros de ensino e no 64,6% dos concellos. As empresas informáticas, onde a presenza do software libre partía xa dos valores máis altos, acada un índice de penetración do 69,3%. As pequenas e medianas empresas, cun 33,6%, seguen a ser o ámbito onde o software libre alcanza os niveis máis baixos de presenza, aínda que se rexistraron importantes adiantos.

    [Ler máis]
  • A GNOME Foundation tamén sofre os efectos da crise

    Publicado por ifreiria
    Xoves, 7 de Maio de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 235

    GNOMEEn tempos de crise económica, como os que estamos a vivir nestes momentos, case ninguén se libra de ter problemas financeiros de maior ou menor repercusión. O software libre tampouco é alleo a esta situación, ata o punto que a GNOME Foundation acaba de comunicar que precisa axuda económica a medio prazo para garantir a continuidade do bo traballo que están a desenvolver. Por isto están tratando de conseguir axudas e doazóns de toda a comunidade con iniciativas coma o caso de Friends of GNOME, onde calquera persoa pode doar 10 $ para contribuír á remuneración dos principais desenvolvedores de GNOME.

    Que a GNOME Foundation estea pasando por atrancos económicos é unha moi mala nova para a comunidade do software libre, xa que GNOME é un dos dos escritorios máis empregados nos sistemas GNU/Linux, entre eles o Galinux.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas