1.83
574 Os vindeiros meses terán lugar unha serie de xornadas de difusión do software libre de carácter gratuíto e abertas á participación de toda a cidadanía.
As xornadas "Consume Software Libre, Consume Software Seguro" están organizadas pola Asociación de Centros Homologados co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, do Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.
Por outro lado o "Programa de seminarios de software libre, Informatízate" está organizado pola Asociación de empresarios discapacitados e financiado tamén pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, polo Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.
[Ler máis]
2.86
414
EarCandy trátase dun sinxelo aplicativo que traballa con PulseAudio co cal se pode xestionar o volume do sistema dunha forma intelixente. Un exemplo claro desta afirmación é que se se está reproducindo música, no momento que se empece a reproducir unha película ou un vídeo dende unha web(como youtube por exemplo) a música será silenciada. Tamén se silenciará o vídeo cando entre unha chamada de Skype.
Todo isto favorece ao rendemento do usuario xa que permite facer varias tarefas sen ter que andar buscando a xanela do reprodutor para baixar o volume ou deter a pista de audio activa. Pero o máis importante é que hai unha interacción entre distintos aplicativos, ou cando menos que se ten información dos aplicativos que se esta executando, para que un aplicativo determinado realice unha acción aínda que o usuario non o solicite.
[Ler máis]
2.25
316
Este foi un verán moi activo entre a comunidade de desenvolvemento da Forxa. Ao rexistro de novos proxectos engadíuselle a liberación de novas versións de proxectos xa existentes.
Vexamos a continuación un resumo dos novos proxectos rexistrados estes últimos meses:
2.7
277 Barrelfish ("peixe de barril", en referencia a un dito inglés -- it's like shooting fish in a barrel, “é como pescar peixe nun barril” – que poderíamos traducir por “é pan comido”) é un novo sistema operativo desenvolvido polo ETH (o Instituto de Tecnoloxía federal Suízo), en colaboración con Microsoft Research de Cambridge. Trátase dun sistema operativo enfocado ao ámbito da investigación.
O obxectivo da creación deste novo SO é a exploración de como se debe estruturar un sistema operativo para traballar cos futuros sistemas multinúcleo. Segundo palabras da propia páxina do proxecto: “Estamos motivados por dúas tendencias, bastante relacionadas, que se están a ver en deseño de hardware: a primeira, o número crecente de núcleos, o que nos leva a un desafío no campo da escalabilidade. E a segunda, a crecente diversidade no hardware dos computadores, que require que o SO xestione e aproveite recursos de hardware moi heteroxéneos”.
[Ler máis]
1.33
383 Como anunciamos xa no seu día o Firefox 3.5 pode descargarse directamente en galego dende a web de Mozilla. Nos últimos días recibimos consultas sobre a posibilidade de dispoñer dun paquete de idioma galego para o Firefox 3.5 do mesmo xeito que existía para as anteriores versións.
A resposta é positiva. A fundación Mozilla fornece estes paquetes de idioma coa mesma tradución do Firefox 3.5 en galego. Están dispoñibles para a súa descarga nas seguintes ligazóns:
1
243
Slingshot é un xogo de estratexia de dúas dimensións por quendas, e baséase nos principios de atracción dos campos de gravidade de diversos planetas. A pantalla principal do xogo componse de dúas naves espaciais, a túa e máis a do teu rival, e máis un conxunto de planetas de distintos tamaños e en consecuencia, de distintos campos gravitacionais. O obxectivo final do xogo é disparar coa túa nave e acertar na nave do rival, e para iso, so poderemos cambiar a orientación da nave e máis a forza do disparo, o resto farano as forzas gravitacionais dos distintos planetas. Realmente, é un xogo moi sinxelo, o que o fai aínda máis adictivo.
Slingshot está distribuído baixo a licenza GPL e é multiplataforma, podendo atopar versións para GNU/Linux tanto en formato DEB como RPM (e mesmo un instalador en Python independente da versión de GNU/Linux instalada no noso computador), Microsoft Windows e Mac OS X.
[Ler máis]
2
374
KToon é un conxunto de ferramentas para a animación 2D deseñada por animadores para animadores, e enfocada á industria dos debuxos animados. O proxecto está licenciado baixo a licenza GPL. A nivel técnico, KToon está programado empregando G++, OpenGL e QT.
Polo momento está só dispoñíbel para sistemas Unix, pero segundo podemos ler na páxina de información sobre o proxecto, os responsábeis esperan facelo traballar tamén baixo sistemas Windows algún día.
[Ler máis]
1
328 Vodafone acaba de anunciar en Londres o lanzamento do seu novo móbil “Vodafone 360 H1” deseñado por Samsung, que conta cun sistema operativo GNU/Linux, concretamente LiMo.
Vodafone implicase deste xeito na difusión do software libre en primeira persoa, xa que xa era posíbel atopar móbiles con sistema operativo baseado en software libre no seu catálogo, como é caso dos Nokia con Symbian, pero neste caso que se trate dun móbil propio de Vodafone dálle un valor engadido.
Este teléfono conta cunhas especificacións técnicas que destacan sobre os demais terminais da súa categoría. O tamaño da súa pantalla é de 3.5 polgadas e é de tipo AMOLED, o que garante unha visualización de alta calidade, que poderemos gozar cunha resolución de 800x480 píxeles na súa pantalla táctil.
O campo da conectividade é outro dos seus puntos fortes xa que é compatíbel con HSDPA a 7.2 megabits por segundo,dispoñendo ademais de Wi-Fi, Bluetooth e USB. Todo isto xestionado por un procesador OMAP 3430 a 600 Mhz que fornecerá a este dispositivo a potencia necesaria para que despunte tamén o seu apartado multimedia.
[Ler máis]
3.75
314
A comunidade GNOME está emocionada por anunciar a dispoñibilidade inmediata de GNOME 2.28. Centos de voluntarios de todo o mundo traballaron durante os pasados seis meses para facer melloras no escritorio GNOME e na plataforma para desenvolvedores de GNOME.
Deste xeito comeza a nota de prensa publicada na páxina do proxecto GNOME anunciando a nova versión 2.28 deste coñecido contorno de escritorio. Versión que, grazas ós esforzos da comunidade de tradución atópase traducida case no 100% ao galego (só unha cadea de texto das máis de corenta e catro mil que conforman GNOME aparece nas estatísticas como “dubidosa”. Cadea que será corrixida en breve en futuras actualizacións).
O escritorio GNOME lanza unha nova versión cada seis meses con características novas, melloras, solucións de erros e novas traducións. Esta versión 2.28 segue esa tradición.
[Ler máis]
2.2
259
O editor de blogs Bilbo veuse obrigado a cambiar o seu nome debido a problemas legais co copyright deste. O nome escollido para denominar agora a este aplicativo é Blogilo que en esperanto significa “ferramenta de blog”.
Como xa informamos anteriormente dende Mancomun.org a peculiaridade deste aplicativo e que se trata dun editor de blogs local, polo que non se fai a entrada do blog no navegador, senón que se redacta a entrada nun aplicativo que non está conectado á rede e posteriormente súbese á rede.
As características máis sobranceiras deste aplicativos son:
Compatibilidade con Blogger, Wordpress, MetaWeblog, MovableType e Google Gdata.
Posúe un editor WYSIWYG
Ten un editor HTML con cores
É compatíbel coa creación, modificación e o borrado de entradas.
É compatíbel coa creación de borradores e entradas programadas
É compatíbel coa subida de material multimedia con imaxes
Compatibilidade con categorías e etiquetas
Cada entrada é un separador, o que facilita a súa creación
Compatibilidade con diferentes contas de edición