RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • Publicado Mesa 7.5

    Publicado por Mancomún
    Luns, 20 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.14
    • Lecturas 346

    MesaEste pasado venres 17 de xullo lanzouse a versión 7.5 de Mesa.

    Mesa é unha implementación en código aberto da especificación OpenGL. É dicir, un sistema para amosar gráficos 3D interactivos.

    Unha gran variedade de controladores de dispositivo permiten empregar Mesa en moitos contornos diferentes, dende emulación por software ata aceleración completa por hardware nas tarxetas de vídeo modernas.

    Mesa emprégase xunto con outros proxectos de código aberto, como a Direct Rendering Infrastructure e X.org para conseguir compatibilidade con OpenGL para os usuarios das X en Linux, FreeBSD e outros sistemas operativos.

    [Ler máis]
  • O Centro Ramón Piñeiro publica novas ferramentas web con licenzas libres

    Publicado por Mancomún
    Luns, 20 de Xullo de 2009
    • Valoración 1.75
    • Lecturas 309

    Nun acto celebrado no Clube Internacional de Prensa de Santiago, e no que interviu o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades presentou a nova versión do CORGA, o Corpus de Referencia do Galego Actual, alén de novas ferramentas web que permiten aproveitar estes desenvolvementos.

    O CORGA consiste nun corpus de documentos en formato electrónico no que están representados os diferentes tipos de textos (xornalísticos, divulgativos, literarios, etc.) da lingua galega actual, desde 1975 ata a actualidade. Entre os principais avances que incorpora esta última versión do CORGA atópase o desenvolvemento do Etiquetador / Lematizador do Galego Actual (XIADA), que engade información gramatical sobre as palabras e un sistema de busca por palabra moito máis avanzada. Os outros dous recursos lingüísticos que se proporcionan son a lista completa de formas ortográficas diferentes (386.000) presentes no CORGA, xunto coa súa frecuencia de ocorrencias e unha ferramenta que achega diversa información sobre cada palabra.

    A lista completa das formas ortográficas pode obterse cunha licenza libre, a LGPL e, asemade, as buscas realizadas a través do CORGA tamén son libres, se ben e necesario rexistrarse (de forma totalmente gratuíta) para obter un usuario e contrasinal.

    Ademais, tamén está previsto que en setembro se libere o corpus etiquetado, que distingue case 260 mil formas gráficas e máis de 300 mil elementos gramaticais...

    [Ler máis]
  • Día da interoperabilidade Linux – Microsoft

    Publicado por Mancomún
    Venres, 17 de Xullo de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 305

    O martes 11 de agosto vai ter lugar no Moscone Center, de San Francisco, California, unha actividade que os seus organizadores deron en chamar o Día da Interoperabilidade Linux – Microsoft.

    Na páxina do proxecto Samba, podemos atopar unha páxina wiki presentando esta actividade, nun ton simpático e informal. Esta presentación vén dicir o seguinte:

    Unha parte do traballo dos administradores de sistemas consiste en conectar os equipos con sistemas de Microsoft con aqueles que levan sistemas de código aberto. Estas tarefas entran tanto na categoría de “traballo rutinario” como na de “misteriosa maxia negra”.

    Nesta actividade os participantes tentarán abrirse camiño entre as sombras do FUD (Fear, uncertainty and doubt – medo, desconfianza e dúbida - , unha táctica de propaganda consistente na difusión de información maliciosa sobre o adversario) e aprender a facer que Microsoft Windows e o código aberto se entendan, dende a simple compartición de ficheiros ata contornos de inicio de sesión único baseados en estándares.

    [Ler máis]
  • Liberado 0 A.D. un xogo de estratexia en tempo real con alta calidade 3D

    Publicado por Mancomún
    Venres, 17 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.18
    • Lecturas 424

    0 A.D.Os entusiastas dos xogos de estratexia en tempo real están de en hora boa, xa que a empresa Wildfire Games acaba de anunciar que libera o código do seu xogo 0 A.D, nun intento de contar con desenvolvedores independentes para que axuden a rematalo e estendelo máis alá dos plans orixinais do proxecto.

    0 A.D é un xogo similar ao famoso Age of Empires ou ao Imperium pero a diferenza con estes é que o seu código está agora liberado baixo licenza GPL v2.0 e todos os seus contidos artísticos baixo a CC-BY-SA. Entre as características deste xogo podemos destacar as seguintes:

    • Fidelidade histórica

    • Seis civilizacións diferentes

    • Estacións do ano e cambios meteorolóxicos

    • Provincias e territorios

    • Mapas realistas

    • Guerras navais moi reais

    • Editor moi completo

    • Varios modos multixogador

    Este xogo baseado na historia leva en desenvolvemento dende o ano 2001, e ten xa 150.000 liñas de código C++. Polo momento, o proxecto está en estado Alpha, e os instaladores aínda non están dispoñíbeis, pero pódense atopar as instrucións para compilalo en GNU/Linux, Mac OS e Windows.

     

    [Ler máis]
  • Actualízate á versión 3.5.1 de Firefox

    Publicado por fjrial
    Venres, 17 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.25
    • Lecturas 335

    Acaba de saír a versión 3.5.1 do Firefox que corrixe un grave erro de seguranza descuberto hai tan só uns días, alén de mellorar a estabilidade con respecto á versión anterior. Polo tanto recomendamos a actualización a esta nova versión que podedes atopar en galego desde a seguinte localización:

    http://gl.www.mozilla.com/gl/

    Actualización firefox

    A nova versión corrixe un fallo de seguranza que permitía a execución de código malicioso no equipo do usuario. Tratábase dun problema do motor de JavaScript, polo que se recomendaba desactivar JavaScript ou instalar a extensión NoScript.

    O fallo foi descuberto polos desenvolvedores de Mozilla o 9 de xullo (en bugzilla), pero no mesmo día se solucionou cun parche creado para a seguinte versión. A partires de aí fíltrase o erro e aparecen os primeiros "exploits" que o aproveitan.

    Ademais tamén se corrixiu un pequeno problema de estabilidade en Windows, que facía que, nalgunhas ocasións, Firefox se iniciase máis lento...

    [Ler máis]
  • LiveAndroid, Android no seu computador

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 16 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.86
    • Lecturas 484

    Se quere probar Android, a coñecida plataforma de código aberto de Google para teléfonos móbiles, pero non se sente con ganas de mercar un teléfono T-Mobile, LiveAndroid pode resultarlle de interese.

    LiveAndroid

     

    O proxecto LiveAndroid ofrece unha imaxe dun CD vivo co sistema operativo Android. Grave a imaxe nun disco, reinicie o computador co disco dentro, e poderá probar Android sen ter que instalalo sequera.

    Na wiki do proxecto en google code pódense atopar interesantes ligazóns que nos han axudar se queremos comezar con este CD vivo, dende preguntas frecuentes ata notas sobre como configurar a rede neste sistema. Moitas das ordes empregadas para a configuración da rede resultaranlle familiares aos usuarios de GNU/Linux...

    [Ler máis]
  • Ferramentas colaborativas para contornos empresariais

    Publicado por fjrial
    Xoves, 16 de Xullo de 2009
    • Valoración 3
    • Lecturas 408

    As ferramentas colaborativas e de xestión documental son extremadamente útiles á hora de xestionar (crear/editar) documentos, enviar/recibir correos, xestión de contactos, axendas entre varios traballadores, e supoñen unha mellora na produtividade e no rendemento diario.

    A continuación presentamos unhas cantas ferramentas colaborativas en software libre como alternativas a outras solucións propietarias, como poden ser o SharePoint de Microsoft ou HyperOffice:

    • MindTouch: orixinalmente naceu coma un aplicativo "wiki", mais actualmente é capaz de xestionar todo o coñecemento dunha empresa: manuais, asistencia técnica, base de datos de coñecementos, etc... É moi sinxelo de utilizar, ten unha interface web 2.0 e pode converterse nunha intranet moi flexíbel, configurábel e moi sinxela de integrar con outros aplicativos web.
      Segundo a propia web do aplicativo, máis de 16 millóns de usuarios ao redor do mundo usan a súa solución. Ademais, entre os seus socios están compañías tales como a fundación Mozilla, Cisco ou o exercito dos EE.UU.

      Está nominado aos premios SourceForge.net 2009 na categoría de mellor aplicativo comercial en software libre.

    • Alfresco ou Knowledge Tree: Moi recomendados se se require unha xestión documental moi avanzada, con rexistro de entradas/saídas, fluxos de aprobación, ... Os dous son moi boas alternativas, sendo a diferencia principal que Alfresco ten unha instalación/configuración máis complexa pero tamén ten funcionalidades máis avanzadas.

      KnowledgeTree tamén está presente nos premios SourceForge.net 2009 na mesma categoría que MindTouch.
    [Ler máis]
  • Unha compañía andaluza lanza Edu 2.0, unha plataforma baseada en SwL que facilita a aprendizaxe en centros escolares

    Publicado por itourinho
    Xoves, 16 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 246

    Edu 2.0A compañía andaluza Isotrol acaba de poñer en marcha 'Edu 2.0', unha plataforma tecnolóxica baseada en software libre e que recolle un conxunto de utilidades deseñadas para facilitar, a través de imaxes e exercicios prácticos, a aprendizaxe de conceptos e temas impartidos nos centros escolares.

    Nunha nota, a compañía indicou que con esta ferramenta preténdese reforzar o sistema de aprendizaxe en niveis de primaria e secundaria, ademais de apoiar as políticas sociais emprendidas en educación desde o goberno.

    'Edu 2.0' está baseada en software libre e en Ubuntu e atópase dispoñíbel para a súa descarga de forma gratuíta desde calquera ordenador conectado a Internet (www.edu2punto0.org). Ademais, destacou o uso "fácil e intuitivo" dos diferentes programas, a súa adaptación ao temario de niveis de Primaria e Secundaria e, "ante todo, a posibilidade de ser usado de forma libre e gratuíta por calquera usuario dentro ou fóra das aulas".

    [Ler máis]
  • GALPon celebra o BarCamp Verán 09

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Xullo de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 300

    GALPonO Grupo Galego de Usuarios de Software Libre GALPon celebra o vindeiro día 18 de xullo a I Edición da BarCamp Verán 09 na cidade de Vigo. Aberta á participación de toda a comunidade, debateranse cuestións técnicas como a compilación de ficheiros fonte ou o traballo con paquetes binarios, arquitectura ARM, como crear un punteiro láser co mando da Wii... Ademais abordaranse outros temas de actualidade no campo do software libre como, por exemplo, se traballar ou non con Mono.

    Tal e como explicara Fran Diéguez co primeiro BarCamp organizado en Galicia con motivo do XGN, neste tipo de encontros non existe un guión a seguir e calquera tema é válido dentro dunhas regras polo que na primeira edición partirase dos asuntos indicados con anterioridade pero abrirase a todos os que xurdan posteriormente.

    [Ler máis]
  • Proxecto Code Rush: cando Netscape se converteu en Mozilla

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Xullo de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 292

    NetscapeCorría o ano 2000 cando a televisión norteamericana emitía o documental Code Rush, no cal se seguían os pasos da mítica empresa Netscape Communications. Este documental recolle o período de Marzo de 1998 ata Abril de 1999, un período no que os empregados de Netscape Communications traballaron arreo para liberar o código do seu navegador Netscape Communicator, nun último intento de salvar a empresa da quebra e fundar o que hoxe coñecemos como o proxecto Mozilla.

    Os responsábeis deste documental, ao que decidiron chamar “Proxecto Code Rush”, estano liberando baixo a licenza Creative Commons Ver. 3 e pode verse en liña ou descargarse, incluso os autores prometen liberar proFirefoxnto centos de horas de gravacións non empregadas. 

    A partir desta iniciativa espérase que aparezan pronto versións traducidas a múltiples idiomas, pero mentres non haxa a versión en galego, podemos gozar en inglés desta obra que mostra un fito importante da historia da informática, de Internet e do código aberto ocorrido hai xa dez anos.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas