RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • A EOI avala a viabilidade do SwL nun informe dirixido a dirixentes políticos

    Publicado por Mancomún
    Luns, 27 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 186

    A Fundación EOI (Escuela de Negocios), da que participa o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio xunto con outras entidades de carácter privado, publicou recentemente o informe “A oportunidade do software libre. Capacidades, dereitos e innovación”. Trátase dun estudo que analiza, sucintamente, as vantaxes do software libre, co propósito claro de convencer a dirixentes políticos da oportunidade que este ofrece no desenvolvemento dun territorio.

    O documento fundamenta esta hipótese nunha serie de argumentos que xustifican a viabilidade tecnolóxica, económica, administrativa, xurídica e política do software libre e que poderían resumirse en cinco principios, : o software libre representa unha opción de calidade que impulsa a innovación, crea tecido industrial e asegura a libre competencia, fomenta o escrutinio público e optimiza o gasto informático, garante a igualdade de oportunidades dos provedores e a seguridade da información, ensancha as liberdades na sociedade da información e favorece a cultura aberta.

    Facendo alusión a casos de recoñecido valor como as experiencias de Extremadura ou Andalucía, o informe sentencia que o principal obstáculo para pasar dunha sociedade con gran dependencia do software privativo a outra que se apoiaría nas solucións libres radica na “falta dun liderado político claro e sustentado” que apoie esta alternativa.

    [Ler máis]
  • FSlint, un limpador de disco para Linux

    Publicado por Mancomún
    Luns, 27 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 261

    FSlintInstalar e desinstalar aplicativos en Linux é moi sinxelo grazas a os seus xestores de paquetes de software. Cando se desinstala algunha ferramenta, elimínase por completo calquera libraría que este aplicativo tivese instalado para o seu uso, facéndoo de xeito totalmente eficiente.O problema vén cando, despois de empregar moito o computador, existe unha desorde importante no disco. Seguramente haxa moitos ficheiros duplicados, directorios ou cartafoles baleiros, ou ficheiros temporais creados por algúns aplicativos como os xestores de imaxes, que van creando ficheiros en miniatura nos cartafoles de fotos, ocupando en todos estes casos espazo de maneira innecesaria.

    Para facerlle fronte a este problema hai aplicativos que poden axudar a ter o computador bastante “limpo”. Un destes aplicativos é o FSlint,que cun só click posibilita entre outras cousas eliminar os ficheiros duplicados, os cartafoles baleiros, os ficheiros temporais, controlar paquetes instalados, as ligazóns erróneas, os espazos en branco...

    [Ler máis]
  • Amigus.org cumpre seis anos

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Xullo de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 259

    Amigus.orgNunhas datas tan repletas de festas por todos os recunchos como son as deste fin de semana de xullo, temos que dar conta tamén que a Asociación Informática Amigus está a celebrar o sexto aniversario da súa páxina web, amigus.org.

    Esta asociación que foi fundada no ano 2002 por un grupo de veciños das Pontes, ten como obxectivos principais achegar a informática aos veciños do lugar, promover o uso do software libre e poñer en marcha unha rede sen fíos local de uso libre.

    Chegados a este punto dende a asociación fixeron balance destes seis anos en liña, nos que acadaron uns grandes resultados, a pesar de que contan cun equipo de desenvolvemento e mantemento moi reducido. Pero iso si con unha multitude de colaboradores activos e de lectores, aos que Amigus agradecen as súas achegas e colaboracións.

    [Ler máis]
  • Gañadores dos Community Choice Awards 2009

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.64
    • Lecturas 299

    Community Choice Awards 2009Onte déronse a coñecer os gañadores definitivos dos Community Choice Awards, o concurso organizado por Sourceforge.net no que se decide que proxectos libres son os mellores dentro das distintas categorías. A lista definitiva de gañadores por categorías é a seguinte:

    Mellor utilidade para administradores de sistemas:
    phpMyAdmin
    phpMyAdmin é unha ferramenta escrita en PHP que serve para a administración de bases de datos en MySQL a través de páxinas web.

    Mellor proxecto para educación:
    XMind
    XMind é un programa de código aberto para realizar mapas conceptuais, desenvolvido por XMind Ltd. Axuda á xente a anotar ideas, organizar gráficos, e compartilos para colaborar en liña.

    [Ler máis]
  • Software libre para modelado en 3D

    Publicado por itourinho
    Venres, 24 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.88
    • Lecturas 717

    No ano 2003 a Fundación Blender facía público o código fonte do programa Blender, un aplicativo de animación tridimensional desenvolvido, anos antes, en exclusividade para o estudo de animación holandés NeoGeo. A liberación facíase tras a bancarrota sufrida pola compañía desenvolvedora en 2002 e que levou aos seus acredores a ofrecer o aplicativo como produto de código aberto e gratuíto baixo os termos de GNU GPL a cambio de 100.000 €. O principal creador de Blender, Ton Roosendaal, conseguiu a cifra coa recollida de donacións a través da Fundación do mesmo nome.

    Dende aquela, Blender vén sendo obxecto das mellores críticas non só no mundo do software libre senón tamén do privativo. Ás súas múltiples funcionalidades engádese a súa gratuidade por ser libre. Dato nada desbotábel, posto que a creación de modelos tridimensionais non é unha tarefa sinxela e o uso de software privativo pode resultar excesivamente custoso en termos monetarios.

    É por isto que resulta interesante coñecer todas as alternativas de software libre para o modelado 3D. Máis alá de Blender, están dispoñíbeis outros aplicativos que, adaptándose á complexidade dos diferentes obxectivos do usuario, ofrecen múltiples posibilidades con código aberto. Presentamos a continuación un listado de quince aplicativos de software libre para o modelado 3D.

    [Ler máis]
  • WWW SQL Designer: ferramenta en liña para a creación de deseños de bases de datos relacionais

    Publicado por fjrial
    Venres, 24 de Xullo de 2009
    • Valoración 2.5
    • Lecturas 466

    WWW SQL Designer é unha ferramenta en liña para o deseño e creación de modelos de bases de datos relacionais. Os deseños poden ser gardados, exportados/importados a/desde XML e permite tamén a xeración automática dun script SQL para a creación da base de datos nun servidor e a importación do esquema procedente dunha base de datos existente. Ademais engade compatibilidade con varios sistemas de bases de datos e idiomas. Os sistemas de bases de datos compatíbeis son: mysql, sqlite, web2py e mssql.

    Para a creación dos deseños tan só hai que crear e debuxar as táboas directamente no navegador, incluír os campos das táboas nos cales se poden especificar o tipo de datos dos mesmos. Asemade, moitas das características típicas das bases de datos xa están implementadas: relacións, chaves primarias, chaves foráneas, comentarios, índices, etc...

    WWW-SQL-Designer

    [Ler máis]
  • Gentoo cumpre dez anos

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 23 de Xullo de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 282

    GentooGentoo está celebrando estes días o décimo aniversario da súa creación, e para celebralo os membros desta comunidade crearon un concurso de capturas de pantalla para usuarios e desenvolvedores de Gentoo, para o que habilitan unha páxina web para dito evento. Buscan tamén capturas de pantalla dos inicios de Gentoo, polo que solicitan á comunidade, que todo aquel que teña algunha captura de pantalla neste aspecto ou que coñeza algunha ligazón relacionada, que se lle faga chegar a David Abbott -estas capturas non entrarán en concurso.

    Gentoo Linux é unha distribución GNU/Linux orientada a persoas usuarias con certa experiencia nestes sistemas operativos e foi fundada por Daniel Robbins. Esta baseada en Enoch Linux, que en 2002 pasou a denominarse Gentoo Linux.

    [Ler máis]
  • Unha biblioteca de aplicativos libres permite a interoperabilidade entre calquera computador en rede

    Publicado por itourinho
    Xoves, 23 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 219

    GridCOMPO proxecto GridCOMP, financiado pola Unión Europea, desenvolveu unha colección de software que permite a computación distribuída, en paralelo e multinúcleo entre computadores que se basean en diferentes arquitecturas e en diferentes infraestruturas, en principio incompatíbeis. É código aberto, e supón o estabelecemento dun novo estándar reemprazando ao software comercial, máis custoso e moito menos eficiente.

    A idea radica en que diferentes sistemas informáticos poden colaborar entre si para conseguir procesar simulacións moi complexas, mover grandes cantidades de datos, ou permitir a distribución dos recursos. A computación en rede, ou grid computing, permite dispoñer dunha potencia de procesamento e de almacenamento inmensa. Uns poucos miles de pequenos computadores domésticos cooperando eficazmente son máis potentes que o maior dos supercomputadores...

    [Ler máis]
  • A NASA crea o seu propio repositorio de software de fontes abertas

    Publicado por itourinho
    Xoves, 23 de Xullo de 2009
    • Valoración 1
    • Lecturas 224

    A NASA en colaboración con Google publica o código fonte da misión Apollo 11

    NASA

    O software de código aberto leva anos facendo incursións nas axencias federais dos EE.UU. Esta aposta polas tecnoloxías abertas fíxose máis patente aínda cando o pasado mes de xaneiro o Departamento de Defensa americano creou unha forxa interna, Forge.mil, para aloxar o software de código aberto para o uso do goberno.

    Agora, a medida acaba de ser recoñecida como de éxito pola NASA, que para non quedar atrás, desenvolveu o seu propio repositorio cunha ampla gama de software dispoñíbel “como un elemento esencial de resposta ás necesidades das misións da NASA”.

    Segundo explican na presentación do proxecto, son varias as razóns que levaron á institución a promover o desenvolvemento de aplicativos propios. Por unha banda destacan o valor da comunidade tanto para aumentar a calidade da NASA e dos seus produtos informáticos mediante a revisión plural, como para acelerar o desenvolvemento de software a través das contribucións da comunidade.

    [Ler máis]
  • Dispoñíbeis para descarga as versións en galego de Thunderbird 3 Beta3 e Seamonkey 2 Beta1

    Publicado por fjrial
    Xoves, 23 de Xullo de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 332

    ThunderbirdSeaMonkeyXa están dispoñíbeis para descarga as novas versións beta de Thunderbird 3 e Seamonkey 2, en concreto a terceira beta do cliente de correo Thunderbird e a primeira da suite de aplicativos de internet, Seamonkey.

    Podedes atopar as descargas en galego nas páxinas oficiais de descarga nas seguintes ligazóns:

     

    Animámosvos a que probedes estas versións (lembrade de facer unha copia de seguranza dos vosos perfís antes de probar estas versións preliminares) e nos notifiquedes os erros que atopedes na tradución de cara a que os poidamos corrixir para as versións finais. Para a notificación de erros detectados, podedes usar o noso formulario de contacto.

     

    Algúns dos cambios máis destacábeis no Thunderbird 3 son:

    • A visualización dos correos-e en separadores
    • Nova característica de resumo das mensaxes permite ver unha síntese de todos os correos-e seleccionados
    • Carpetas intelixentes
    • Mellor integración con Gmail
    • Melloras para desenvolvedores

    Os erros solucionados son máis de 500.

    Con respecto ao Seamonkey 2 os cambios máis importantes son:

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas