1
82 O alcalde do Porriño, Raúl Francés, informa de que o Concello do Porriño instalou Software Libre na maior parte das computadoras do Centro Cultural Municipal. Con esta medida preténdese difundir o uso entre a mocidade e a cidadanía en xeral de sistemas operativos e programas libres.
1
77 O goberno de Bélxica aprovou unha proposta de uso do Open Document Format (ODF) para os documentos internos do goberno a partir de Setembro do 2008. Bélxica convertese así no primer estado membro en levar a cabo unha medida tan importante hacia os estándares abertos asegurando un formato efectivo para os servizos de eGovernment hacia os cidadáns e as empresas.
Por outro lado, Microsoft sege no seu empeño de desenvolver o seu propio formato aberto baseado en XML criticando o ODF como un formato que se está a desenvolver de xeito lento por parte da comunidade "open source", o que fai entreveer unha certa incomodidade por parte de Microsoft por unha poible perdida de posición privilexiado no sector.
A proposta do goberno belga está na liña marcada poal políticas de eGobernment da UE en interpoperavilidade e pode animara outros gobernos da UE a que segan o xogo. Un punto a destacar é que. a elección de ODF non cerra as portas a que Microsoft poda conseguir un formato aberto XML aceptado polo goberno belga sempre e cando cumpra coas probas de interoperavilidade co ODF.
5
77 A administración do senado de Berlín estase opoñendo a unha migración completa das computadoras da administración a Linux. O parlamento de Berlín anunciou en datas pasadas unha migracion en dúas fases dos servidores a sistemas de código aberto...
2.5
83 Acaba de aprobarse no Parlamento Europeo unha resolución dirixida á Comisión e ao Consello na que se demanda máis investigación, máis innovación e estándares, así como que a protección da propiedade intelectual non interfira co coñecemento nin co Software Libre. O texto da resolución, en inglés e traducido ao castelán, fai referencia explícita ao Software Libre e a conceptos como a GPL e pódese descargar na páxina de Estándares Abiertos.
1
51 A Universidade de Sevilla presentou o seu novo portal Web, no que se optou pola incorporación dun Xestor de Contidos, ou CMS (Content Management System), como medio tecnolóxico para o desenvolvemento en mantemento.
3.33
55 O conselleiro de Industria e Tecnoloxía, José Manuel Díaz-Salazar, e o presidente da Confederación rexional de empresarios (CECAM), Jesús Bárcenas, presentaron a nova ferramenta informática de Software Libre Gesticam, creada especificamente para os 120.000 pequenos empresarios da rexión...
1
41 Mediante unha carta aberta, a ODF Alliance, aplaudiu a decisión da «Agence de Modernisation de L'Etat» de recomendar o emprego de formatos libres para o intercambio de documentos, publicada no marco de «Référentiel General de Interopérabilité» (RGI).
[Ler máis]
3.67
38 A [[UNESCO]], a través de Cláudio Menezes, Experto Principal de Programa na División para a Sociedade da Información, manifestou o seu apoio á Rede de Cooperación Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. Esta Rede pretende coordinar esforzos entre as administracións co obxecto de cooperar nas diferentes accións que se están levando a cabo no eido do Software Libre. A Xunta de Galicia forma parte desta Rede dende o pasado mes de maio.
[Ler máis]
1.8
45 Dende o mes pasado entrou en vigor a normativa pola que o goberno taiwanés decidiu que todos os ordenadores mercados para o seu uso na administración deberán ser compatibles con GNU/Linux.
De acordo a esto, ao redor duns 120.000 ordenadores mercados polo goberno deberán cumprir o novo mandato. ...
2
33 Dentro do "Directorio de empresas" de mancomun.org, acabamos de poñer accesible un buscador de empresas para filtrar as mesmas segundo as características que se desexen.
Poderemos filtrar a información por aquelas empresas que cumpran determinados requisitos, tales como empresas que den soporte, que desenvolvan, que den formación, etc ...