2.33
47 O portal dispón dunha nova sección con ferramentas lingüísticas de gran utilidade para realizar localizacións de Software Libre á lingua galega. O apartado está dentro de Localización Software Libre e contén referencias a dicionarios, correctores, tradutores automáticos ou ferramentas de tradución.
3
72 Segundo o estudo, encargado polo Primeiro Ministro francés Dominique de Villepin, todas as publicacións do seu goberno deben estar dispoñibles en OpenDocument Format ([[ODF]]). O estudo pretendía investigar o xeito de reducir a dependencia económica de Europa respecto a outras rexións, así como o desenvolvemento da industria local europea a través da utilización de estándares abertos.
Fonte.- Infoworld
1
64
O Consello da Xunta ratificou o convenio entre a Consellería de Innovación e Industria para crear un marco de actuación estable coa Universidade da Coruña en materia de Software Libre. Entre os proxectos máis destacados cabe salientar a creación e mantemento dunha forxa integrada na web de Mancomun.org, un motor de busca de proxectos, seguimento dos diferentes proxectos, listas de correos para usuarios e desenvolvedores, elaboración de noticias e foros de discusión.
[Ler máis]
3
76
DBE (Digital Business Ecosystem) é unha das maiores iniciativas a prol do Software Libre para as PEME na Unión Europea. É un contorno de software totalmente libre baseado en Internet e que facilita o desenvolvemento de aplicacións empresariais. Os empresarios poden definir as súas necesidades e adquirir software axeitado ás súas demandas sen ter coñecementos de programación.
Esta tecnoloxía permita ás PEME contar cun software evolucionado que se adapta ás súas necesidades e integra a pequenos desenvolvedores no mercado global. Ademais supérase a dependencia dun único fornecedor.
[Ler máis]
1
104 Acabamos de subir o último corrector de galego do OpenOffice.org (presentado o 27 de setembro) á web oficial dos correctores do OpenOffice.org para poder instalar o dicionario usando o asistente de instalación do OpenOffice.org.
As instrucións para instalar o dicionario usando o asistente son as seguintes:
1
44 Os defensores das patentes de software volven á carga e tentarán esta vez a súa lexitimación a través do poder xudicial. O próximo día 12 de outubro terá lugar unha votación no Parlamento Europeo na que se decidirá a creación dun Tribunal Europeo de Patentes. Este tribunal resolvería os litixios sobre patentes e podería darlles validez a través de litixios xudiciais, tal como acontece agora en Estados Unidos.
[Ler máis]
1
92 "Mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre" acaba de liberar a versión 2.0.3 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios de MS-Windows. O pasado mes de agosto xa se liberara esta mesma versión para os usuarios de GNU/Linux. Este software inclúe as ferramentas máis usadas para o traballo ofimático diario (procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, un programa para facer presentacións, debuxos, etc.), así como un novo corrector ortográfico para o galego.
O corrector substitúe á anterior versión alfa e inclúe, nesta versión 1.0, máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.
3
70 Nesta mesma web de mancomun, puidemos ler, hai varias semanas, que existen solucións para dispositivos móbiles baseados en [[GNU/Linux]] e que son unha aposta seria de futuro polas grandes compañías de telecomunicacións.
Mobilinux é outro proxecto con este mesmo perfil e a compañía que está desenvolvendo este proxecto MontaVista Software, ten a ambición clara de facer desta distribución a máis competente de todas as existentes dentro do mercado baseado en GNU/Linux para dispositivos móbiles.
1
45 Recentes movementos próximos ao Open Source das compañías Digium e Vyatta fan especular coa introdución do Open Source dentro do mundo das telecomunicacións. ...
[Ler máis]
1
44 A Corte Francesa da Casación estreou o seu novo "website" baseado en Open Source. O sitio web foi desenvolvido en PHP. Inclúe o motor de búsqueda Lucène e basease no sistema de xestión de contidos SPIP- Agora e MySQL como sistema xestor das bases de datos. Cerca de 8000 páxinas dos arquivos das cortes foron incorporados dentro da nova estrutura. ...
[Ler máis]