RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • O goberno belga empregará OpenDocument

    Publicado por Mancomún
    Martes, 27 de Xuño de 2006
    • Valoración 2
    • Lecturas 74

    O goberno belga empregará o formato OpenDocument (aprobado pola ISO) para a súa comunicación interna. Na elección valorouse o formato de OASIS fronte o formato XML de Microsoft. Con esta iniciativa, que poráse en práctica a partires de Setembro de 2008, e para o cal o goberno belga formará a todo o seu personal, todos os intercambios de documentos empregarán o OpenDocument.

    Máis información en <a=href="http://ww.osnews.com">OSNews .

    [Ler máis]
  • O parlamento Danés alcanza un acordo sobres os estándares abertos

    Publicado por Mancomún
    Luns, 26 de Xuño de 2006
    • Valoración 3
    • Lecturas 78

    O Parlamento danés alcanza un acordo sobre os estándares abertos tras once horas de debate

     

    Fonte: Open Source News – 16 June 2006 – Denmark Policies and Announcements (http://ec.europa.eu/idabc/en/document/5650/469)


    Despois de semanas de quentes debates, o parlamento danés acadou unha resolución o desenvolvemento de estándares abertos para aplicacións públicas no ano 2008

    O borrador de resolución sobre estándares abertos foi recopilada e presentada por Morten Helveg do partido Social Liberal. A moción acadou forte resistencia polo goberno do partido Liberal Conservador ata que o partido pro-gubernamental do Pobo Danés tamén posicionouse a favor do plan.

    Despois de moitas negociacións entres os diferentes grupos parlamentarios, os membros do parlamento aprobaron a resolución só horas antes das vacacións de verán. "Dinamarca e agora unha nación con un mandato parlamentario favorable aos estándares abertos", escribiu John Gotze, un consultor independente Danés defensor do Software de Código Aberto.

    A resolución parlamentaria conducira a adopción do formato de documento aberto (ODF) polos servizos do goberno Danés. O ministro de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación elaborará un plano para que todolos documentos sexan dispoñibles en ODF para o mes de setembro de 2006.

    ODF é tamen coñecido como o OASIS Open Document Format para aplicacións ofimáticas. Este formato de Documento Aberto pode usarse para almacenar e intercambiar documentos ofimáticos tales como follas de cálculo, bases de datos e presentacións. O estándar basease no formato de ficheiro XML creado orixinalmento por OpenOffice.org.

      

    © European Communities 2006
    Reproduction is authorised provided the source is acknowledged.
    The views expressed are not an official position of the European Commission.

     

    [Ler máis]
  • Aberta a inscrición para o curso sobre o entorno linux do NODUS

    Publicado por Mancomún
    Martes, 20 de Xuño de 2006
    • Valoración 2.5
    • Lecturas 80

    O ciclo de cursos formativos sobre renovación tecnolóxica nas empresas no Centro de Servizos Tecnolóxicos NODUS, organizados pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, terá continuidade a próxima semana cun novo curso co título "Migración ó entorno linux. E esquécete de pagar licenzas".

     

    O curso é totalmente gratuíto e o programa do mesmo, a súa duración e a data de comezo pode consultarse no propio complexo CEI-NODUS ou nas webs municipais: www.lugo.es e www.cei.lugo.es....

    [Ler máis]
  • Corpus lingüístico do OpenOffice.org en galego

    Publicado por Mancomún
    Martes, 20 de Xuño de 2006
    • Valoración 4
    • Lecturas 113

     

    OpenOffice.org, libre e en galego, un novo complemento para o teu computador

     

    Desde esta sección podes acceder aos seguintes recursos:

     

    Corpus lingüístico

    Accede ao Corpus lingüístico

    Para gardar unha coherencia na localización do OpenOffice.org utilizáronse ferramentas lingüísticas de procura en corpus terminolóxicos como o Corpus de referencia do OpenOffice.org.

    Para posteriores revisións da suite ofimática de software libre e código aberto OpenOffice.org que algún tradutor ou localizador queira realizar poderá mediante esta ferramenta acceder a un corpus que contén perto de 650.000 palabras traducidas (interface e axuda do paquete ofimático) incluída a terminoloxía do campo da ofimática.

    Deste xeito, procurando nela, todas aquelas novas versións e revisións realizadas por múltiplos tradutores gardarán unha coherencia terminolóxica, cuestión fundamental para a calidade final do produto.

    É importante salientar que toda esta terminoloxía ofimática foi aprobada polo TERMIGAL, órgano avaliador e sancionador de toda a terminoloxía na Galiza.

    Instrucións para a realización de novas localizacións de software:

     

    1. Baixa os arquivos .po da versión do OpenOffice.org que queiras localizar www.openoffice.org

    2. Compara os arquivos .po da versión última xa localizada en galego e extrae aqueles que falten por localizar.

    3. Utiliza o Corpus de referencia do OpenOffice.org para procurar terminoloxía xa traducida.

    4. Compila o OpenOffice.org a localizar cos novos ficheiros .po localizados para as diferentes plataformas (GNU/Linux, MS-Windows e Macintosh)

    5. Libera os ficheiros .po para a comunidade.

     

     


    Ficheiros .po

    Os ficheiros .po conteñen as cadeas localizadas ao idioma galego. Prema na seguinte ligazón para descargar os ficheiros .po do OpenOffice.org 2.0 localizado ao galego .

    Para crear novas localizacións é necesario compilalos cos fontes do OpenOffice.org. Para elo terás que seguir as instrucións que se encontran no seguinte web

    http://l10n.openoffice.org/L10N_Framework/iso_code_build2.html.

    arriba


    Axuda

    Se tes algún problema coa instalación, precisas axuda ou detectas algún erro temos habilitados varios foros específicos do OpenOffice.org en galego na Web de mancomun.org. Non dubides en participar e plantexar as túas cuestións.

    arriba


    Logotipos e banners

    Se queres enlazarnos desde a túa páxina podes descargar a imaxe do OpenOffice.org en galego:

    arriba

     


    Licenza

    Este traballo está suxeito a unha licenza LGPL (GNU Lesser General Public License). Para máis información sobre a mesma podes acceder á páxina Web sobre licenzas do OpenOffice.org.

    arriba


    Agradecementos

    Queremos recoñecer o traballo de todas as persoas, que en colaboración, contribuiron a ter a versión galega de OpenOffice.org 2.0, en concreto o traballo de Jorge Rivas, responsable das localizacións anteriores do OpenOffice.org, a Rubén Da Silva como coordinador oficial, así como a imaxin|software responsables da versión actual.

    arriba

    [Ler máis]
  • O IES Xulián Magariños estrea un CD con solucións en Software Libre para a educación

    Publicado por Mancomún
    Martes, 20 de Xuño de 2006
    • Valoración 2.57
    • Lecturas 139

    O profesor Manuel González Regal, do IES Xulián Magariños, ven de estrear Magasi CD, un CD orientado á ensinanza secundaria, que contén aplicacións ofimáticas e específicas para a docencia; todas elas baseadas en Software Libre. O CD xa foi distribuído entre o persoal de administración e os profesores do instituto, e agora faráselle entrega ao alumnado.

    Outro punto de interés do software elixido foi a existencia de tradución á lingua galega, e inclusive algunha versión foi traducida polo propio Manuel G.Regal...

     

     

    [Ler máis]
  • Consorcio entre compañías para potenciar o uso de GNU/Linux nos móbiles

    Publicado por Mancomún
    Venres, 16 de Xuño de 2006
    • Valoración 4
    • Lecturas 100

    Varios dos maiores fabricantes mundiais de terminais móbiles, como Motorola, NEC, Panasonic e Samsung, apoiados por grandes compañías de telefonía, coma Vodafone e NTT DoCoMo, veñen de asinar un consorcio polo que pretenden potenciar a creación e implantación dun sistema operativo baseado en GNU/Linux orientado a teléfonos e terminais móbiles.

    [Ler máis]
  • Migración de 12.000 escritorios a GNU/Linux en Alemaña

    Publicado por Mancomún
    Venres, 16 de Xuño de 2006
    • Valoración 1.33
    • Lecturas 123

    A un ritmo de 300 escritorios diarios o Goberno Alemán está migrando na Baixa Saxonia os PC dos seus cobradores de impostos. Os principais motivos para facer a migración foron o acceso ao código fonte para as posibles personalizacións do sistema, así como os custes de licenza. A migración faise dende Solaris versión 8 a SuSe Linux con KDE.

    Fonte.- ZDNet 

    [Ler máis]
  • O CESGA e os GUGL galegos asinan un convenio de colaboración

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 15 de Xuño de 2006
    • Valoración 2
    • Lecturas 107

    O CESGA e os Grupos Galegos de Usuarios de GNU/Linux (GUGL) veñen de firmar un convenio de colaboración co fin de acadar unha maior implantación do software libre en Galiza.

    O acto da firma tivo lugar ás 12:00 nas dependencias da Xunta de Galicia, onde estiveron presentes a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, o director xerente do CESGA,  Javier García Tobío, e os representantes dos diferentes grupos.

    [Ler máis]
  • Melilla edita unha nova versión da súa distribución de GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 15 de Xuño de 2006
    • Valoración 2
    • Lecturas 109

    Miguel Marín, conselleiro de Administracións Públicas de Melilla, vén de informar do lanzamento da nova versión de Melinux, baseada en OpenSuse GNU/Linux, tanto en versión live, coma versión instalable.

    O desenvolvemento e edición desta distribución, ven enmarcado dentro do programa SOLIME que a consellería puxo en funcionamento con moi bos resultados.

    [Ler máis]
  • Estatutos da Asociación Puntogal

    Publicado por Mancomún
    Martes, 13 de Xuño de 2006
    • Valoración -
    • Lecturas 91

    Logo .gal A Asociación Puntogal , que se constituiu oficialmente o pasado sábado 10 de xuño, é unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura de Galicia un dominio propio en Internet. Este martes 13 de xuño presentaron en A Coruña as súas principais liñas de traballo. Pódense consultar os seus estatutos xa aprobados na súa páxina Web.

    [Ler máis]
  • Estás de estrea, libre e en galego, un novo complemento para o teu computador