-
48
Acabamos de crear un mini manual de como instalar e configurar un servizo de tradución automática para webs baseado en Opentrad Apertium, tal e como o que temos dispoñible na nosa web a través da ligazón "Castelán automático".
Este servizo permitiranos ofrecer traducións automáticas dos contidos da nosa web en distintos idiomas: galego, español, portugués, catalán, inglés,... O documento tamén contempla a modificación do CMS Joomla! para integrar o servizo de tradución. O proceso de integración é moi sinxelo e pódese adaptar moi facilmente a calquera outro CMS ou web.
O manual está aberto á vosa colaboración, modificación, rectificación e mellora mediante o Wiki de Mancomun.org .
-
19 O Instituto de Ensino Medio Martín Vázquez de Arce instalou GNU/Linux nos ordenadores que lle dera hai uns anos a Junta de Castilla La Mancha co fin de poder seguir traballando neles.
O director do instituto Juan Carlos Goicoechandía, nunha entrevista nun medio local contou os pormenores de esta migración.
Segundo comentou, non foi unha iniciativa da Junta de Castilla La Mancha, senón unha idea que xurdiu no propio instituto, aínda que até agora están a empregar Molinux (distribución creada pola Junta).
[Ler máis]
1.5
19
O autor da aplicación WebSqusr, Frco. Javier T. A., acaba de publicar os primeiros paquetes da aplicación en formato .deb (paquetes autoinstalables para distribucións baseadas en Debian) para unha maior facilidade á hora de instalar, desinstalar e configurar. Ademais, tamén está traballando na paquetización en formato .rpm.
WebSqusr é unha interface web escrita en PHP para a autorización de uso de acceso Web á Internet orientado ao ensino primario/secundario, incluíndo a posibilidade de planificar os accesos semanalmente mediante un horario ou de xeito manual introducindo as horas e días desexados...
[Ler máis]
-
15 Os autobuses da Comunidad de Madrid contarán cun sistema para localizar autobuses en tempo real no interior dos seus novos intercambiadores de transporte empregando redes sen fíos e Linux. A solución de localización móbil permite á administración madrileña mellorar a administración e coordinación cando os vehículos entran nos intercambiadores subterráneos puidéndose localizar os autobuses en tempo real con dous ou tres metros de erro.
[Ler máis]
-
11 O venres tivo lugar a «install-party» con que o departamento de electrónica do Instituto Bartolomé Cossío lles ofreceu aos seus usuarios do software libre Linux 2008, estiveran ou non matriculados, a posibilidade de traballar coa nova distribución do sistema operativo GNU/Linux Mandriva.
Mandriva, como empresa especializada na oferta de produtos vinculados co sistema GNU/Linux, realiza cada ano unha instalación dos seus produtos a nivel mundial. O Instituto Bartolomé Cossío convertéuse no único en que tivo lugar este acontecemento en todo o estado...
[Ler máis]
1
78 Hoxe, día 16 de novembro, remata o prazo para que os cidadáns e as asociacións de veciños soliciten a subvención para a adquisición de «Melinux-Hogar», un computador persoal adaptado para conectarse ao televisor e empregarse como dispositivo multimedia. A subvención á cidadanía cubre o 30 % da adquisición da torre ou TV-Box.
[Ler máis]
2.79
327 A empresa Cidadania, Sociedade Cooperativa Galega, vén de localizar ao galego e poñer a disposición da comunidade o sistema profesional de enquisas electrónicas libre LimeSurvey. A ferramenta será usada pola propia empresa para desenvolver a súa actividade. Cidadanía defínese na súa web como unha cooperativa constituída por un equipo interdisciplinario de profesionais do ámbito das ciencias sociais, pioneira en Galicia na integración de investigación, participación cidadá, planificación pública e xeración de capital social.
1
36
A «polémica» decisión da Open Document Foundation - que non era
responsable do formato ODF, aínda que o nome confunda - era que abandonaban o formato ODF a prol do CDF
(Compound Document Format) da W3C (World Wide Consortium).
Este organismo, que non tiña un estatus oficial, era tan só un grupo de persoas interesadas nestes temas. Porén e segundo semella, o único que querían era montar algo de desconcerto na comunidade coa crítica ao formato ODF con argumentos tan dispares como «pór demasiadas trabas coa compatibilidade proposta por Microsoft».
[Ler máis]
1
51 TYPO3, un dos xestores de contidos máis completos , contará cunha versión en galego integrada a partir da súa versión 4.2. A extensión static_info_tables_gl para a tradución das táboas estáticas ao galego xa foi publicada. Manuel Rego, desenvolvedor da empresa Igalia, faise eco da noticia e foi un dos principais artífices desta adaptación.
2
20 Por segundo ano consecutivo preséntase o Concurso Universitario de Software Libre, unha iniciativa máis á beira das correntes de Software Libre que se están creando e consolidando nas universidades.Un ano máis o obxectivo principal do concurso é seguir estimulando aos estudantes universitarios a que se involucren na participación e creación de proxectos de Software Libre.
Nesta edición a participación galega é extensa e conta con varios proxectos que se poden facer con algún galardón. A lista de participantes aparece publicada na web do concurso.
[Ler máis]