RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • A policía francesa anuncia que instalará Ubuntu en 70.000 computadores

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 31 de Xaneiro de 2008
    • Valoración 2.33
    • Lecturas 24

    A migración realizárase nun prazo de cinco anos. A Xendarmería segue cos seus plans de introducir o Software Libre nos seus sistemas como medida de choque para reducir os seus custos nesta área. Fará uns tres anos, decidiu substituír a suite ofimática de Microsoft (Office) por [[OpenOffice]]. En xaneiro do 2006, deu un paso máis apostando por [[Firefox]] e [[Thunderbird]].

    Agora anunciou que migrarán os seus equipos de escritorio a [[Ubuntu]] nun prazo duns cinco anos.

    [Ler máis]
  • O CESGA traballa nun contorno virtual para familias con persoas con diversidade funcional

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 30 de Xaneiro de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 7

    A área de e-learning do CESGA está traballando na preparación dun contorno virtual baseado en Software Libre, que permitirá, entre outras cousas, mellorar tanto a comunicación intrafamiliar como a comunicación entre as familias e o equipo de psicólogos da Universidade de A Coruña. Tamén posibilitará o acceso a información e servizos personalizados de asistencia, consultoría, etc. para as familias con persoas con diversidade funcional...

    [Ler máis]
  • A Deputación da Coruña edita un CD con ferramentas lingüísticas

    Publicado por Mancomún
    Luns, 28 de Xaneiro de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 15

    A Deputación da Coruña editou un CD e unha web con ferramentas lingüísticas, dentro das cales hai unhas cantas que son baseadas en proxectos de Software Libre:

    [Ler máis]
  • Joomla 1.5 traducido ao galego pola Ciberirmandade

    Publicado por Mancomún
    Luns, 28 de Xaneiro de 2008
    • Valoración 2
    • Lecturas 69

    http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngVemos na web da Ciberirmandade da fala que xa teñen dispoñible para a súa descarga o frontal do joomla 1.5 traducido ao galego.

    A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na súa web, e completada, revisada e coordinada por Daniel Muñiz, membro do grupo Trasno.

    Comentan tamén que aínda queda algo de traballo de revisión, polo que calquera suxestión, consulta ou dúbida será benvida a través dos seus foros.

     

    [Ler máis]
  • Alemaña migra 13.000 PC a GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Venres, 25 de Xaneiro de 2008
    • Valoración 1
    • Lecturas 18

    Segundo a publicación Heise.de, a entidade xermana da dirección xeral do traballo converteu 13.000 computadores Windowsen computadores con GNU/Linux. A razón indicada é que o uso de Linux será máis seguro e máis barato.

    Klauss vitt, director do proxecto, comentou á publicación que Windows NT e Internet Explorer non foran "tecnoloxicamente actualizados" e que "o cambio de plataforma flexibilizara o noso traballo, facilitando ademais a incorporación de novas tecnoloxías na medida que estas estén dispoñibles".

    A distribución elixida foi unha versión modificada de OpenSUSE e como navegador web usarán Firefox.

    [Ler máis]
  • Instaladores de Gimp 2.4.3 en galego para Windows xa dispoñibles

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 24 de Xaneiro de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 59

    http://www.mancomun.org/images/stories/gimp.jpgHai xa unhas semanas anunciábamos a dispoñibilidade da nova versión de Gimp 2.4.3 en galego. Se ben nun primeiro momento non había dispoñibles os paquetes autoinstalables para Windows (isto implicaba que había que compilar o código fonte do programa para poder instalalo), o 21 de xaneiro saíron estes paquetes:

    Podedes atopar máis información sobre a tradución ao galego do Gimp na nova orixinal sobre a tradución...

    [Ler máis]
  • A Asociación Galega de Centros de Negocio aposta polo Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 23 de Xaneiro de 2008
    • Valoración 4
    • Lecturas 17

    A Asociación Galega de Centros de Negocio envíanos a seguinte nota de prensa: 

    A Asociación Galega de Centros de Negocio fai unha decidida aposta polo Software Libre na súa saída a Internet, construíndo integramente a súa plataforma de servizos Web (portal corporativo, xestor de publicidade, reserva de salas, xestor documental...) en base tecnoloxías libres, máis concretamente utilizando a plataforma LAMP (Linux, Apache, Mysql, PHP).

    Ferramentas coma Joomla, Openads, phpscheduleit ou Docman, son algunhas das aplicacións utilizadas pola asociación baseadas todas elas en licencias GNU/GPL.

    [Ler máis]
  • Tradución ao galego do Zine 1 de BrOffice

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 23 de Xaneiro de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 26

    http://www.mancomun.org/images/stories/brofficezinegal01.jpgVemos en Agnix que acaban de presentar a tradución ao galego do primeiro número do Zine, a revista electrónica que publica mensualmente a comunidade brasileira do BrOffice.org. Esta revista, a través das súas seccións tenta achegar o OpenOffice.org (BrOffice.org no Brasil) a usuarios particulares e ao mundo empresarial.

    Esta tradución xurde da canle de colaboración permanente que, dende hai tempo, estableceu AGNIX coa comunidade brasileira do BrOffice.org. Froito desta colaboración é tamén a participación de Roberto Brenlla escribindo un artigo para a edición do número 6 do ZIne , que tamén viu a luz onte.

     

    O obxectivo final é acadar unha edición galega do Zine na que colaboren as xentes do BrOffice ao tempo que se manteña esta colaboración coa súa edición. Dende AGNIX animan a todas as persoas a colaborar con esta ambiciosa iniciativa. 

     

    [Ler máis]
  • Datas da próxima versión do OpenOffice.org 3.0

    Publicado por Mancomún
    Martes, 22 de Xaneiro de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 8

    http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifXa temos datas para a futura versión 3.0 do OpenOffice.org. Estas datas soen ter un carácter provisional e sempre poden variar segundo o número de versións que fagan falta até sacar unha versión final.

    Dentro destas datas, resaltamos o comezo da actualización da tradución do OpenOffice.org 3.0, proceso que comezará o 13 de marzo e rematará o 3 de abril aproximadamente. Unha vez feito isto, faranse as probas correspondentes antes de liberar a primeira versión beta a finais de abril.

    As primeiras versión "release candidate" comezarán a saír a finais de xullo e a versión final espérase para o 2 de setembro ou coincidindo coa OpenOffice.org Conference 2008...

    [Ler máis]
  • Un mancomunado de concellos da costa andaluza pásase ao Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 18 de Xaneiro de 2008
    • Valoración -
    • Lecturas 7

    A “Mancomunidad de Municipios de la Costa del Sol Axarquía” adxudicou á empresa Dulman Rede, S. L. a instalación de Software Libre nuns 700 computadores de 17 municipios da comarca.

    O proxecto, que foi adxudicado por 248.472 euros, foi presentado á Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa de la Junta de Andalucía. Segundo explicou o presidente do ente mancomunado, José Domínguez Palma, o obxectivo da iniciativa é substituír o sistema operativo Windows por Linux.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas