-
16
Recentemente, Mancomún adheriuse como proxecto ao Centro Europeo de Interoperabilidade Semántica (SEMIC).
O SEMIC é un proxecto europeo que pretende intercambiar datos para servizos de administración electrónica pan-europeos. No proxecto crearase un repositorio de recursos de interoperabilidade que poidan ser usados por calquera proxecto de administración electrónica e grupos de interese.
O punto de partida do SEMIC será o 17 de xuño coa conferencia de lanzamento do proxecto en Bruxelas...
[Ler máis]
1
20 Esta decisión responde a varios motivos, entre eles o desexo de prover aos combatentes das capacidades máis recentes e controlar os custos operativos das súas tecnoloxías da información, segundo o vicealmirante Mark J. Edwards, Subxefe de Operacións Navais para Redes de Comunicacións da Mariña de EE.UU.
Con estas palabras anunciaba o alto responsable militar a decisión da Mariña de adquirir unicamente sistemas baseados en tecnoloxías e estándares abertos. Segundo as súas propias palabras “Os días da tecnoloxía propietaria deben chegar ao seu fin. Nunca máis aceptaremos sistemas que axusten hardware, software e datos”, por outro lado tamén afirmaba que...
-
29
eGroupWare é un conxunto de aplicacións deseñadas para facilitar o traballo en grupo nunha rede corporativa. Permite a xestión de contactos, citas, tarefas e outras funcionalidades útiles para o seu negocio como a reserva de sala de reunións ou do vehículo comercial da empresa. Está desenvolvida na linguaxe de programación [[PHP]].
Está ultima versión publicada o 19 de marzo conta coa tradución ao galego incorporada por mancomun.org e feita por Ilumax Software. Podémola descargar dende:
5
20 Jesús Amieiro acaba de facer pública a tradución ao galego do xestor de contrasinais Keepass Password Safe , na súa versión 1.10.
KeePass é un xestor de contrasinais de código aberto (certificado pola OSI) e gratuíto multiplataforma, onde nunha única base de datos podemos gardar todos os contrasinais que empregamos habitualmente. Encárgase de 'memorizar' todos os teus contrasinais, clasificándoos en diversas categorías, con importantes medidas de seguridade . Recordando un único contrasinal ou ben utilizando un ficheiro chave (ou ámbolos dous), teremos acceso ao resto deles.
Podedes:
-
17 Avisamos a todos os nosos usuarios que está previsto para hoxe unha parada temporal de todos os servizos de mancomún debido a un corte programado do suministro eléctrico nas instalacións do CESGA por cuestións de mantemento.
O corte terá lugar ás 13:30 da tarde. Agardamos que os nosos servixos se restablecen á maior brevidade posible.
[Ler máis]
5
106 Como informamos onte brevemente, grazas aos voluntarios que adicaron parte das súas horas de lecer no XGN a traducir no Entrans, conseguiuse traducir as máis de 1500 cadeas da interface da futura versión 3.0 do OpenOffice.org, cuxo lanzamento está previsto para outubro de 2008. Mais iso non foi todo.
En previsión de que se conseguise o reto, e para que ninguén se quedara sen a posibilidade de traducir e participar no sorteo do concurso, o equipo de mancomún subimos ao Entrans moitos máis proxectos nos que tamén se avanzou bastante na súa tradución durante o XGN. Así, entre outras, traducíronse case 400 cadeas do Celestia , proxecto de código aberto de simulación do espazo que permite explorar o noso universo en tres dimensións; case 200 cadeas do futuro Firefox 3.0 e outras tantas do QDVDAuthor, aplicación para a creación de DVDs con menús doadamente.
Dende mancomún queremos agradecer unha vez máis a boa acollida que tivo o noso reto e a estupenda resposta ao mesmo como demostran os números anteriores. Informámosvos tamén que todos estes proxectos van seguir dispoñibles no Entrans para que todos os que queirades seguir colaborando o poidades facer e xuntos conseguir o maior número de aplicacións libres e en galego.
[Ler máis]
-
14
Conseguíuse o gran reto de traducir ao 100% a futura interface do OpenOffice.org 3.0 usando a aplicación web Entrans http://entrans.mancomun.org.
Grazas aos participantes no reto de tradución do Xuventude Galiza Net 08 http://xuventudegaliza.net estará dispoñible o OpenOffice.org 3.0 en galego.
Para ver máis detalles das características do futuro OpenOffice.org 3.0 premendo aquí.
1
21
Da rolda de correo de desenvolvedores de Mailman, chéganos o correo-e do anuncio da versión de Mailman 2.1.10 b4. Esta versión principalmente é unha bug fix release (versión de corrección de erros) e é recomendable que todos os sitios web que executen Mailman se actualicen á mesma. No entanto, esta versión ten unha importancia especial para Galiza xa que é a primeira que ten a tradución oficial ao galego integrada:
"Changes since 2.1.10b3 include the Galician translation and updates to the French translation (Vietnamese and Danish translations were updated in 2.1.10b3)."
Para máis información e ligazóns de descarga, podedes visitar as seguintes ligazóns:
http://www.list.org
http://mailman.sf.net
http://www.gnu.org/software/mailman
1.67
29
A Junta de Extremadura acaba de concluír o desenvolvemento de GUIA-LinEx, a versión da de gnuLinEx orientada aos concellos e deputacións provinciais, ofrecéndolles a posibilidade de unificar os seus sistemas de información baixo un sistema sinxelo e potente.
GUIA-LinEx, que así se chama a distribución (Gestión Unificada de la Información para Ayuntamientos y Diputaciones Provinciales) é a sexta das versións de gnuLinEx que desenvolve a Junta de Extremadura desde que o 17 de marzo de 2002 se presentase a primeira delas. Sucesivamente desde entón desenvolvéronse versións con utilidade específica para o sistema educativo estremeño (LinEx-Edu/LinEx-Cole), a pequena e mediana empresa (LinEx-PYME), a sanidade pública (SES-LinEx) e o sistema administrativo da Junta de Extremadura (LinEx SP), ademais da versión estándar gnuLinEx.
Segundo afirma un dos técnicos implicados no seu desenvolvemento, o proxecto GUIA-LinEx márcase como obxectivo lograr unha distribución caracterizada pola máxima seguridade, sinxeleza e facilidade de uso. Na práctica estes principios tradúcense nun produto de software que dispón dun escritorio moi sinxelo, con unha curva de aprendizaxe moi baixa, no que os usuarios poden prescindir de toda tarefa de mantemento, que lles proporciona ademais un sistema de copias de seguridade remota e que dispón dun conxunto de aplicacións que abre as postas á e-Administración...
1
19
Segundo informa a páxina da Consellería de Innovación e Industria, o consello da Xunta aprobará hoxe, a instancias da citada Consellaría, a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellaría e as tres universidades galegas mediante o cal se financiará a posta en marcha e mantemento de oficinas de software libre nos tres órganos educativos.
Ademais, establecerase o marco de coordinación con Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. A cantidade que a Consellaría dispón para tal fin é de 240.000 euros.
Con este convenio realizaranse actuacións destinadas á creación e consolidación das oficinas de Software Libre nas tres universidades que respondan ás seguinte características: que conten cun coordinador a tempo completo responsable da coordinación con outras oficinas de software libre universitarias e o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza da Consellaría; contar cun coordinador e un equipo de apoio; a creación dun espazo web específico da oficina de software libre universitaria onde se recolla os seus obxectivos, estrutura, contacto e principais actividades; o compromiso de presentar nos dous primeiros meses de vixencia deste convenio un plano anual de actuación da oficina correspondente ao 2008 e 2009; e a proposición de novas iniciativas para o desenvolvemento do software libre no ámbito das súas institucións.
Asemade, tamén se fixará o marco de coordinación e colaboración co Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia mediante a creación dunha comisión de coordinación técnica das actividades desenvolvidas polas tres oficinas universitarias de software libre e o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza da Consellaría. As oficinas tamén terán que incorporar contidos á web de mancomun.org e colaborar na difusión das actividades e información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información...